Novas

2 4 / 0 7 / 1 4 

CASTRELO DE MIÑO REUNIU A MÁIS DE 30 WINDSURFISTAS NA REGATA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE

- A regata que ademais foi clasificatoria para o ranking galego disputouse o pasado fin de semana participando máis de 30 windsurfistas de toda Galicia.
- O actual Campión de España sub-23 Tomás Vieito impúxose con claridade en Raceboard.
- En Fórmula Windsurf a vitoria foi para Aitor Branco do C.N. Punta Lagoa de Vigo.
- Simón Fernández foi o mellor do equipo do Náutico de Castrelo ao lograr o 4º posto na clase Fórmula, mentres que Nacho Iglesias, Daniel Conde, Alejandro Fernández e Alberto Fernández eran 6º, 7º, 8º e 9º respectivamente.
- Completaron a participación do club David Seoane e Serxio Fernández na clase Raceboard quedando en 16º e 17º lugar.

O C.N. Castrelo de Miño organizou os dias 19 e 20 a Regata Clasificatoria de Windsurf “Copa Deputación de Ourense” conseguindo reunir a case toda a flota galega. As condicións de vento foron boas os dous días disputandose o sábado probas de Raceboard e Fórmula e o Domingo de Raceboard e Escola.

En Raceboard Tomás Vieito, do Náutico Punta Lagoa, impúxose con claridade nas 4 mangas disputadas. Tomás viña de obter a clasificación para o Mundial de Santander do próximo mes de Setembro, tras proclamarse Campión de España sub-23 e ser 3º en categoría absoluta. Tras el situáronse Juan Portela do Club Ria de Ares e Jose Mª Otero do Club Ferrolvento. Do Náutico de Castrelo participaron nesta categoría David Seoane quedando en 16º lugar e Serxio Fernández que foi 17º.

En Fórmula Windsurf outro representante de Punta Lagoa, Aitor Branco, deu a sorpresa ao impoñerse ao veterano Fran Robleda tralas 3 mangas disputadas para esta modalidade na xornada do sábado. O terceiro posto foi de Nacho Fernández do C.N. Punta Lagoa e o cuarto para Simón Fernández de Castrelo. Tamén participaron en Fórmula polo Naútico de Castrelo Nacho Iglesias, Daniel Conde, Alejandro Fernández e Alberto Fernández que foron 6º, 7º, 8º e 9º respectivamente.

O domingo tamén se realizaron probas para nenos de Escola co obxectivo de introducilos na competición, nas que os 4 representantes do club Limens Wind and Sup realizaron 3 mangas que puxeron a proba as súas habilidades resultando vencedor Juan Alfaro.


0 7 / 0 7 / 1 4 

O 4X INFANTIL DO NÁUTICO DE CASTRELO CONSEGUE O 6º POSTO TRAS CHEGAR Á FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO

- O catro Skull formado por Julio Fernández, Camilo Martínez, Joel Fernández e Lucas Hermida alcanzou a final de entre 23 botes participantes no nacional disputado en Sevilla.
- A tripulación de Castrelo viña de colgarse o bronce no Campionato Galego disputado a semana anterior.
- En skiff cadete Pedro Martínez non puido pasar da repesca pero rebaixou o tempo que realizara no campionato galego en case 25 segundos, tras cubrir os 1.500 m en 6 minutos e 25 segundos.

Os infantís do equipo de remo do Náutico de Castrelo renderon a un gran nivel no Campionato de España disputado o pasado fin de semana en augas do Guadalquivir ao conseguir chegar á final no catro Skull, modalidade na que participaban 23 embarcacións.

O Náutico de Castrelo acudiu a esta cita con cinco remeiros, os 4 infantís e 1 cadete, acompañados polo seu adestrador e Director Técnico do club Gabriel Fernández que se mostraba moi satisfeito cos resultados obtidos e polo esforzo realizado polos rapaces que demostraron unha gran capacidade competitiva mellorando regata a regata e loitando contra tripulaciones moi fortes.

O venres deron comezo as series eliminatorias do 4x infantil nas que se poñía de relevo un gran nivel por parte dos clubs de Orio, Alacante, Banyoles e Mediterráneo de Málaga que pasaban directamente ás semifinais, pero por detrás situábanse moi preto clubs como O Ejido, Guadalquivir, Amposta e Santiagotarrak. Os de Castrelo parecían telo difícil pero o sábado pola mañá impuxéronse na súa repesca cun tempo de 3:37.22 conseguindo o pase para as semifinais da tarde e demostrando ser a tripulación galega máis en forma. Na semifinal Castrelo realizou unha gran regata na que conseguiron o 3º posto que lle daba o pase á gran final con 3:24.80, un segundo por diante do Mediterráneo de Málaga, sendo o único bote galego en chegar á final desta modalidade e quitándose a espiña do Campionato Galego no que foran terceiros por detrás do RCN de Vigo e San Felipe de Ferrol.

Os infantís do Náutico de Castrelo conseguiron así o seu obxectivo de chegar á final que disputarían o domingo pola mañá e na que malia intentar superar ao equipo do Ejido foron sextos tras non poder seguir o forte ritmo marcado desde o inicio polo RCR de Alacante que se puxo na cabeza cunha fulgurante saída e que non deixou opción aos demais proclamándose claramente Campión de España. O segundo posto foi para o CN Banyoles tras unha bonita loita co CR Guadalquivir e por detrás quedaban Amposta, O Ejido e Castrelo.

Hai que destacar a participación de Pedro Martínez no skiff cadete que no seu primeiro ano na categoría conseguiu mellorar a súa marca persoal en case 25 segundos, deixándoa en 6:25.34 malia o cal non puido pasar das repescas na modalidade máis dura cun total de 40 participantes.

Con este nacional no que participaron 60 clubs de toda España e case 1.000 xóvenes remeiros péchase a tempada para o equipo de remo do Náutico de Castrelo que cada vez conta con máis rapaces nas súas filas sendo o único club da provincia de Orense que compite neste deporte


2 3 / 0 6 / 1 4 

ANNA YUCHENKO CONSEGUE O SEU TERCEIRO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO CONSECUTIVO EN SKIFF ABSOLUTO

- Anna Yuchenko consegue por terceiro ano consecutivo a vitoria no skiff absoluto feminino.
- Cun destacado tempo de 7:51.45 impúxose na final a Aina Cid do CN Amposta e a Virginia Díaz do CR Raspas.
- Con esta vitoria termina unha dura tempada de competición co club e a partir de agora podería ser convocada coa selección nacional para citas internacionais.

Este fin de semana Anna Yuchenko conseguiu en Banyoles o seu terceiro título consecutivo de Campioa de España na modalidade de skiff absoluto feminino, representando ao Club Náutico Castrelo de Miño. A súa participación en Banyoles foi impecable conseguindo ademais a sua mellor marca en pista en condicións estables cun tempo de 7:51.45, demostrando o seu progresión na embarcación individual.

O venres 20 disputáronse as series eliminatorias baixo unhas condicións favorables e nas que soamente se clasificaba a 1ª de forma directa para a final do Domingo. Malia que o sorteo xuntou as tres mellores na segunda eliminatoria Anna impúxose con claridade cun tempo de 7:53.08, polo que Aina Cid e Virginia Díaz tiveron que ir á repesca do sábado para conseguir o pase á final. Na mañá do Domingo disputáronse todas as finais cunhas estupendas condicións metereolóxicas, sendo a final do skiff absoluto feminino a penúltima regata xusto antes da proba reina de 8 con timonel masculino. Anna colocouse na cabeza desde o inicio e ao paso dos 1.000 m. xa sacaba uns 4 segundos a Aina Cid, que trataría de remontar na segunda metade da regata animada pola afección local pero sen éxito xa que Anna aguantou, mantendo a vantaxe adquirida e entrando en meta cun tempo de 7:51.45 polos 7.56.34 da de Amposta. Virginia Díaz do Club de Remo Raspas Embarcadoiro entraba terceira a case 17 segundos de Yuchenko, repetindo así o podium de 2013.

Yuchenko demostrou a súa capacidade na embarcación individual polo que continuará a súa preparación en Castrelo á espera de saber si é convocada polo Equipo Nacional para a III proba de Copa do Mundo que se disputará en Lucerna no mes de Xullo ou para o Campionato do Mundo que será a finais de Agosto en Amsterdam.

As próximas citas para o equipo de remo do Náutico de Castrelo serán o Cto. Galego e de España de categorías de base nos que participarán un skiff alevín, un catro scull infantil e un skiff cadete, todos eles de categoría masculina. O Galego será o sábado 28 de Xuño en Castrelo de Miño e o Nacional do 4 ao 6 de Xullo en Sevilla.


0 9 / 0 6 / 1 4 

ANNA YUCHENKO GAÑA A REGATA INTERNACIONAL DE GONDOMAR

- Yuchenko suma unha vitoria máis na súa preparación para o Campionato de España, que se disputará dentro de 15 días no Lago de Banyoles (Girona).
- Impúxose con claridade cun tempo de 7:23.9 en 2.000 m. o que supón un novo record da pista de Melres (Gondomar).

Este domingo o C.N. Castrelo de Miño conseguiu un novo éxito da man de Anna Yuchenko que se impuxo no skiff absoluto na XXXIV Regata Internacional de Gondomar disputada na pista de Melres, preto de Oporto. Alí déronse cita máis de 500 remeiros de categoría cadete, xuvenil e senior de clubs portugueses e españois que apuran a súa preparación para os campionatos nacionais.

No skiff absoluto feminino participaban 12 atletas polo que se disputaron eliminatorias pola mañá para elixir ás 6 mellores que disputarían a final pola tarde. Anna clasificouse comodamente para a final, na que tampouco tería rival. Yuchenko realizou unha gran regata, na cabeza desde o principio, cunha boga constante que a levou a bater o record da pista cun tempo de 7:23.9, avantaxando en case medio minuto á segunda clasificada. As sensacións foron moi boas polo que Anna afronta o final de tempada nun bo estado de forma.

O vindeiro sábado disputarase o Campionato Galego en Castrelo de Miño e unha semana máis tarde o Campionato de España en Banyoles. Anna tratará de revalidar o seu título de Campioa de España que lle permita optar a acudir a citas internacionais coa selección española.


0 5 / 0 6 / 1 4 

BO PAPEL DO NÁUTICO DE CASTRELO NO CAMPIONATO GALEGO DE WINDSURF

- O equipo de windsurf do Náutico de Castrelo participou no Campionato Galego disputado o pasado fin de semana no lago artificial das Pontes, no que se reuieron 40 windsurfistas de toda Galicia.
- Simón Fernández foi o mellor do equipo ao lograr o 5º posto na clase Fórmula, mentres que Nacho Iglesias era 9º, Daniel Conde 10º e Alejandro Fernández 16º.
- Completou a participación do club David Seoane na clase Raceboard quedando en 14º lugar.
- O vento estivo inestable pero a organización foi perfecta na primeira regata oficial de windsurf disputada neste escenario.

O equipo de windsurf do C.N. Castrelo de Miño regresou satisfeito do Campionato Galego disputado o pasado fin de semana no lago artificial das Pontes xa que malia non poder subir ao podium Simón Fernández estivo preto finalizando en 5º lugar e os máis novos do equipo Nacho Iglesias e Alejandro Fernández demostraron a súa progresión ao quedar Nacho en 9º lugar e debutar Alejandro na esixente clase Fórmula.

A competición diputouse en dúas clases, Raceboard e Fórmula, con 20 participantes en cada unha delas entre os que se atopaban os mellores de Galicia con veteranos de recoñecido nivel como Fran Robleda e Jorge Maciel. As probas deron comezo na xornada do sábado na que só puideron completarse mangas válidas na clase Raceboard cun total de 3. Nesta clase participou David Seoane que puido completar unha manga nunhas complicadas condicións con vento racheado e importantes cambios de dirección. Os “Formúla” malia dar varias saídas non tiveron condicións para poder completar ningunha manga nesta xornada polo que terían que espera ao domingo para poder decidir quen serían os mellores.

O domingo o vento seguía frouxo e inestable polo que se decidiu acurtar o percorrido a tan só 1 volta para poder realizar as mangas esixidas para a validez da proba. Deste xeito puideron disputarse 3 mangas máis de Raceboard, tralas cales David Seoane finalizaba en 14ª lugar, e 4 de Fórmula que permitirían a Simón alcanzar o 5º posto, por detrás do campión Juan Vieito, Nacho Fernández, Fran Robleda e Aitor Branco todos eles do CN Punta Lagoa excepto o veterano Fran Robleda que defendía a grímpola do RCN Rodeira de Cangas.

En Raceboard levouse a vitoria Tomás Vieito por diante do seu compañeiro do CN Punta Lagoa Marcos Fernández e de Alberto Malingre do CV Praia de Oza.

A contorna do Lago das Pontes coa súa praia fluvial e amplas zonas axardinadas xunto á perfecta organización da regata fixo que os nosos regatistas se sentísen como na casa malia que o vento non foi bo. A próxima cita para o xoven equipo de Castrelo será tamén en auga doce xa que o 19 e 20 de Xullo o Club Náutico Castrelo de Miño acollerá a Copa Deputación de Ourense, regata clasificatoria para o ranking galego.

CLASIFICACIÓN COMPLETA FÓRMULA [125 KB] - CLASIFICACIÓN COMPLETA RACEBOARD [124 KB]


F O T O S   C T O .   G A L E G O   W I N D S U R F   2 0 1 4 


2 7 / 0 5 / 1 4 

ANNA YUCHENKO CLLEITOU UNHA NOVA MEDALLA DE OURO NA REGATA INTERNACIONAL “LITOCAR” DISPUTADA NA LOCALIDADE PORTUGUESA DE MONTEMOR O VELHO

- O equipo de remo do Náutico de Castrelo participou na 9ª Regata Internacional Litocar organizada polo Ginasio Club Figueirense na pista do CAR de Montemor ou Velho.
- Ademais de Anna participaron 6 novos remeiros do club, obtendo como mellor resultado un 6º posto en 4x infantil.
- O vento lateral marcou o desenvolvemento das probas sobre todo as dos máis pequenos.

O pasado fin de semana o equipo de remo do C.N. Castrelo de Miño participou na 9ª Regata Internacional Litocar que se celebrou na pista da localidade lusa de Montemor ou Velho. Anna Yuchenko non fallou no skiff e venceu claramente a pesar do incómodo vento lateral, avantaxando en case 9 segundos á segunda clasificada. As probas disputáronse sobre unha distancia de 500 m., o que supuxo un test de velocidade para Anna que se prepara para o Campionato de España no que se reman 2.000 m. As sensacións foron boas xa que conseguiu marcar un tempo de 1:58.15 nunhas difíciles condicións debido ao vento lateral que aínda incidía máis na rúa pola que lle tocou remar. As próximas citas para Anna serán xa sobre 2.000 m. na Regata Internacional de Gondomar o día 8 de Xuño, o Campionato Galego o 14 de Xuño e finalmente o Campionato de España que se disputará en Banyoles o do 20 ao 22 de Xuño.

Os máis novos de club tamén conseguiron un bo resultado na xornada do domingo co catro scull infantil no que remaron Julio César Fernández, Camilo Martínez, Joel Fernández e Lucas Hermida terminando en 6º lugar cun tempo de 1:55.92. Tamén remaron o sábado na modalidade de dobre Skull na que Camilo Martínez e Joel Fernández foron novenos e Julio Cesar Fernández e Lucas Hermida que foron vixésimos.

A actuación do club completárona o alevín Hugo Gil que remou en skiff na xornada do sábado sendo trixésimo con 3:26.13 malia ser a súa segunda regata e Pedro Martínez que foi o único que puido remar sen a presenza do vento xa que lle tocou a primeira hora da mañá do domingo nunha das categorías con maior nivel, o skiff cadete. Pedro obtivo o 34º posto cun tempo de 2:02.35 sendo este o seu regreso á competición tras unha lesión sde xeonllo que o mantivo case toda a tempada parado.


1 9 / 0 5 / 1 4 

LUCÍA VÁZQUEZ 51ª DO GRUPO OURO E NURIA VÁZQUEZ 6ª DO GRUPO PRATA NA ÚLTIMA REGATA DA TEMPADA DE OPTIMIST DISPUTADA EN VIGO

-Lucía Vázquez Morales remata na posición 51 do Grupo Ouro da 1ª Regata Aceites Abril celebrada baixo a bandeira do Real Club Náutico de Vigo esta fin de semana.
-Nuria Vázquez Morales remata na 6ª posición do Grupo Prata.
-Finaliza a tempada de optimist e a falta da publicación oficial do ranking galego o C.N. Castrelo de Miño espera que 4 dos seus regatistas clasifíquense para o Grupo Ouro da próxima tempada.

Esta fin de semana (17 e 18 de Maio) celebrouse nas augas da Ría de Vigo e baixo a organización do Real Club Náutico de Vigo, a 1ª Regata Aceites Abril, última clasificatoria da tempada de optimist. O Club Náutico Castrelo de Miño desprazouse a esta regata cun total de 6 optimist que navegaron con gañas e demostraron que van mellorando regata tras regata.

A regata comezou o sábado un pouco mais tarde do previsto, pois o vento fíxose de rogar, pero mereceu a pena a espera, pois finalmente puidéronse disputar as 3 mangas previstas para esta xornada cun bo vento. Pola contra o domingo non se puido navegar, pois a escaseza e a inestabilidade do vento fixo imposible disputar ningunha manga.

O remate da primeira e única xornada de navegación, Lucía Vázquez, que navegaba por primeira vez no Grupo Ouro, conseguía a 51ª posición, navegando con gran confianza neste grupo no que non e nada doado, pois nel navegan os mellores da flota galega, e acadando como mellor parcial un 39 na primeira manga.

No grupo prata destacaba a súa irma Nuria Vázquez posicionándose na 6ª praza, con dous 5º postos nas dúas primeiras mangas, seguida de Adrián González na 19ª, Candela Novoa na 40ª e Thais Martínez na 43ª.

A falta da publicación oficial do ranking galego desta tempada, o C. N. Castrelo de Miño espera que 4 dos seus regatistas (Nuria Vázquez, Adrian González, Águeda Reyes e Lucía Vázquez) clasifíquense para navegar no Grupo Ouro a próxima tempada que comezará os días 13 e 14 de Setembro en Sanxenxo, por iso queremos darlles os parabéns a estes regatistas e estendela aos seus compañeiros de equipo pola boa tempada realiza mellorando regata tras regata e manga tras manga.


2 9 / 0 4 / 1 4 

Nuria Vázquez remata na 69ª posición no VII Granitos Ibéricos de Optimist

- Nuria Vázquez Morales remata na posición 69 do Granitos Ibéricos celebrado baixo o pavillón do Club Marítimo de Canido esta fin de semana.
- Carlos Pérez Peña en láser estándar remata na 11ª posición.
- Éxito de organización do C.M. Canido que contou cun total de 230 embarcación nas súas instalacións.


Esta fin de semana (26 e 27 de Abril) Celebrouse nas instalacións do Club Marítimo Canido, a VII Regata Granitos Ibéricos de optimist e láser, que este ano foi considerada tamén como Campionato Ibérico pola asistencia de gran numero de regatistas de fora de Galicia. Nesta edición o C.M. Canido contou cunha inscrición total de 230 embarcación entre todas as clases de láser (estándar, radial e 4.7) e optimist, o que supuxo todo un reto loxístico para o club organizador, a clase con mais participantes foi a de optimist con un total de 169 participantes o que obrigou a dividir a flota en 4 grupos. O Club Náutico Castrelo de Miño participou nesta regata cun total de 6 optimist e un láser na categoría stándar. As condición para a navegación foron ideais durante todo o fin de semana na Ría de Vigo, o que permitiu celebrar un total de 5 mangas na clase optimist e 6 en todas as categorías de láser.

O sábado as regatas comezaban puntuais as 14:00 horas e coas boas condicións de vento existentes continuaron o largo da tarde ata completar un total de 3 mangas en cada clase participante. O remate desta xornada a mellor colocada do club na clase optimist era Nuria Vázquez na 86ª, debido a unha primeira manga mala. Os seus compañeiros de equipo non se encontraron cómodos navegando nunha flota tan numerosa e o remate desta xornada clasificaban da seguinte maneira, Adrián González 102, Thais Martínez 132, Águeda Reyes 150 e Candela Novoa 156. Esta foi unha xornada complicada para os navegantes do club pois as olas existentes no campo de regatas xogaron unha mala pasada a Águeda que se viu obrigada a retirarse, por problemas físicos, antes de poder disputar a ultima manga do día, e Lucía Vázquez non puido asistir nesta xornada de regata polo que se atopaba nas ultimas posicións da clasificación. Na categoría láser stándar o representante do club Carlos Pérez, remataba na 11ª posición, tras un día de navegación que lle resultou duro pola oleaxe a que non estaba acostumado, o que lle custou mais dun traspés e non poder rematar algunha das mangas disputadas.

Na xornada do domingo os láser saíron a auga puntuais e puideron disputar as 3 mangas programadas. Nesta ocasión Carlos xa se encontrou máis cómodo navegando e o termino da xornada mantiña a 11ª posición da clasificación xeral de láser stándar, categoría na que venceu Álvaro Franco do C.M. Canido. Os optimist pola súa parte tardaron un pouco mais do previsto en saír o mar polo que so se puideron disputar 2 das 3 manga programadas, o remate da xornada, Nuria seguía sendo a mellor clasificada do club pero grazas os bos resultados do día (destacando a 17 posición da primeira manga) conseguiu ascender un total de 17 posición rematando así nunha meritoria 69ª posición da xeral sendo a 31ª galega da casificación, que finalmente gañou o regatista do R.C.N de Vigo Jaime Lusquiños. O resto de regatistas do club melloraron algo as súas posicións na xeral a excepción de Adrián que nesta xornada non puido asistir a regata o que fixo que caese ata a 131ª posición, Águeda ascendeu ata a 144ª posición, Thais 149 e Candela, a regatista mais pequena do club, rematou 151 navegando cada día mellor, finalmente Lucía rematou na posición 156, pois as tres manga que non disputou o dia anterior lastraron moito a súa clasificación.

Dende o Club Náutico Castrelo de Miño queremos felicitar a todos os regatistas do Club polo esforzo realizado e polos resultados. Do mesmo xeito dar os parabéns os gañadores, e o Club Marítimo Canido pola organización tan boa da que fixeron gala nesta regata que crece ana tras ano.

!!!NORABOA A TODOS!!!


0 8 / 0 4 / 1 4 

LUCÍA VÁZQUEZ MORALES LOGRA NA COPA GALICIA A CLASIFICACIÓN PARA O GRUPO OURO DE OPTIMIST

- Lucía Vázquez remata en 15ª posición do grupo prata en Vilagarcía o que a clasifica para navegar no grupo ouro na próxima regata clasificatoria.
- Nuria Vázquez remata na 50ª praza do grupo ouro.
- Dous días de navegación en Vilagarcía cunhas condicións perfectas para a practica da vela.


Durante o pasado fin de semana 5 e 6 de abril celebrouse nas instalacións do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa a Copa Galica de Optimist, que este ano tamén era puntuable para o ranking galego. A esta cita o C.N. Castrelo de Miño desprazouse con 5 regatistas que deron o mellor de si nas seis mangas que se disputaron.

A regata comezou o sábado con un retraso en terra dada a pouca visibilidade producida pola choiva que estaba caendo, pero unha vez que as condición melloraron o comité decidiu sacar a toda a flota a navegar e comezar coa regata, o vento era tan propicio (alcanzabanse os 12-13 nos) que se realizaron un total de catro mangas nesta xornada, tendo así os regatistas a posibilidade de facer un descarte. O remate desta xornada a mellor clasificada do C.N. Castrelo de Miño no grupo prata era Lucía Vázquez Morales na 17ª posición, a 11 puntos da 15ª praza que era a ultima que permitía a clasificación para o grupo ouro, seguíaa na clasificación xeral a súa compañeira de equipo Águeda Reyes Rodríguez na 28ª praza e un pouco mais retrasada atopábase Thais Martínez Travieso na 51ª posición.

No grupo ouro desta regata participaron os regatistas Nuria Vázquez Morales e Adrián González Mosquera que conseguiran clasificarse na anterior. Tras realizar unhas malas saídas ambos navegantes tiveron que conformarse cunhas posicións discretas na clasificación xeral rematando Nuria en 51ª e Adrián en 59º.

O domingo, xa dende primeira hora apuntaba a que se ia contar cunhas condicións mellores incluso que as do día anterior, pois o vento era un pouco mais forte, 15-16 nos, e a choiva non ia facer acto de presenza. As 10:30 horas da maña, con dúas mangas por disputar e moitas gañas de navegar, os regatistas puxeron a flote os seus optimist rumbo ó campo de regatas e comezaron as mangas. Nas dúas mangas disputadas este día no grupo ouro os regatistas do Club xa se encontraron mais cómodos navegando pero a melloría experimentada non foi suficiente posto que neste grupo encóntranse os mellores regatistas da flota galega polo que é un grupo moi disputado. O final do día Nuria logrou ascender a 50ª praza e Adrián perdeu unha respecto o sábado rematando finalmente na 60ª posición.

No grupo prata Lucía logrou, non sen esforzo, ascender ao 15º lugar da xeral e conseguir así a súa clasificación para o grupo ouro de cara a seguinte regata clasificatoria que se disputará o próximo mes nas instalacións do R.C.N. de Vigo. A súa compañeira de equipo Águeda realizou nesta xornada dúas mangas moi boas que lle serviron para ascender 8 postos na xeral e rematar na 20ª posición. En canto a Thais, tivo un dia mais discreto, pese a o que conseguiu ascender 3 postos na clasificación para rematar finalmente na 48ª posición da xeral.

Dende o club, felicitamos a todos os/as regatistas polo rendemento e resultados destas últimas regatas e animalos para as que quedan.


0 1 / 0 4 / 1 4 

ADRIÁN GONZÁLEZ E NURIA VÁZQUEZ ASCENDEN AO GRUPO OURO DO CIRCUITO GALEGO DE OPTIMIST TRAS QUEDAR 5º E 8ª RESPECTIVAMENTE DO GRUPO PLATA NA REGATA DO CLUB DE MAR DE AGUETE

Durante os días 29 e 30 de Marzo de 2014 os regatistas do Club participaron na regata clasificatoria de Aguete

Destacar o esforzo e a boa navegación de todos os menbros do clube, e felicitar en especial a Adrián González e Nuria Vázquez, que cos resultados acadados, 5º e 8ª do grupo plata respectivamente, conseguiron o ascenso ó grupo ouro e regatearan na próxima regata entre os 65 mellores de Galicia.

Recoñecer tamen o esforzo da máis pequena do grupo Candela Nóvoa, que realizou a sua primeira regata oficial e logrou rematar 3 das 4 mangas que se disputaron.

¡¡¡Noraboa a todos os regatistas!!!


R E G A T A   C L A S I F I C A T O R I A   D E   O P T I M I S T   A G U E T E 


0 3 / 0 2 / 1 4 

ANNA YUCHENKO REVALIDA O TÍTULO DE CAMPIOA DE ESPAÑA DE REMOERGÓMETRO E CONSEGUE O SUBCAMPEONATO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FONDO

- En remoergómetro Anna Yuchenko impúxose a Nuria Domínguez que foi a única capaz de seguila aínda que sen chegar a inquietala.
- Na regata de 6.000 m. cotrarreloxo do domingo Anna viuse superada por Nuria tras unha mala manobra de virada tendo que conformarse así coa medalla de prata.
- O veterano Julio Fernández foi sexto en remoergómetro a tan só 2 segundos do podium.
- Tamén participou o xuvenil Adrián Hermida que con problemas musculares foi 52º en remoergómetro e o domingo tivo que retirarse pola lesión.
- O Náutico de Castrelo viña de conseguir unha medalla de ouro e dúas de prata no Campionato Galego disputado o fin de semana anterior.


Este fin de semana disputáronse en Sevilla as primeiras competicións nacionais da tempada de remo, foron o Campionato de España de Remoergómetro e o Campionato de España de Fondo por clubs e “Trial Aberto de Inverno”. Na xornada do sábado tiña lugar a proba de remoergómetro no Pabellón Municipal “Mascareta” do Concello de Tomares e o domingo disputábase en augas do Guadalquivir a proba de fondo sobre unha distancia de 6 km. con virada.

Anna Yuchenko conseguiu a medalla de ouro na proba de 2.000 m. en remoergómetro cun tempo de 6:55.3 revalidando así o titulo de Campioa de España da modalidade. Anna mantívose na cabeza de principio a fin e tan só Nuria Domínguez do C.R. Tui foi capaz de seguir o seu ritmo manténdose a uns 10 m. de distancia que ao final se traducirían en 1,5 segundos xa que realizaba un tempo de 6:56.8. Anteriormente á participación de Anna, o veterano Julio Fernández competía en 1.000 m. contando con opcións de medalla tamén pero non foi capaz de manter os seus rexistros e quedábase a 2 segundos das medallas con 3:57.2 ocupando o sexto lugar. A participación do Náutico de Castrelo na xornada do sábado pechouse co xuvenil Adrián Hermida que arrastraba unha lesión muscular que lle impediu render ao cento por cento polo que realizaba un tempo de 6:58.2 que o situaba de 52º na clasificación.

Xa en augas do Guadalquivir, o domingo pola mañá tiña lugar a regata de 6.000 m. con saídas cada 30 segundos contrareloj pero en lugar de realizarse en linea como é habitual, tivo un percorrido cunha virada aos 4.000 m. aproximadamente. Esta circunstancia foi crucial para Anna Yuchenko xa que malia levar vantaxe sobre Nuria Domínguez que saíra inmediatamente detrás, na manobra de virada Anna íase cara fóra tendo que corrixir o rumbo mentres que Nuria entraba moito mais axustada ás balizas o cal lle permitiu recortar moito tempo realizando na linea de meta 20 segundos menos que Anna co que se intercambiarían a cor das medallas do día anterior.

Ademais da dificultade de ter que realizar unha virada nunha regata de remo olímpico o Comité de Xuíces tampouco estivo acertado á hora de controlar os tempos tendo que realizar varias modificacións nas clasificacións que ían publicando. De feito a entrega de medallas do skiff absoluto feminino atrasouse case unha hora xa que houbo un problema con tómaa do tempo de Virginia Díaz do club cántabro Raspas Embarcadoiro á que finalmente deron como terceira clasificada tras Nuria Domínguez e Anna.

O Náutico de Castrelo xa viña de alcanzar 3 medallas no Campionato Galego de Remoergómetro disputado en Ferrol o 26 de Xaneiro no que participaron máis de 400 remeiros de toda Galicia desde a categoría alevín ata veteranos. O noso club conseguiu dúas medallas de prata, unha a cargo de Joel Fernández cun magnífico tempo de 3:26.5. en categoría infantil e outra a cargo de Julio Fernández en veteranos con 3:44.7. A outra medalla, como non, foi o ouro de Anna Yuchenko cun tempo de 6:58.7. Ademais o equipo Infantil logrou o 5ª posto na proba de equipos por relevos.


2 8 / 1 1 / 1 3 

DOUS REMEIROS OLÍMPICOS DE ESTONIA ESTÁN DESDE ONTE CONCENTRADOS NO CLUB NÁUTICO CASTRELO DE MIÑO

- Trátase de Andrei Jamsa e Tonu Endrekson, que están acompañados pola súa adestradora Tatyana Yaanson.
- Ambos remaron no Catro Skull de Estonia que quedou en 4º lugar nos Xogos de Londres.
- Tonu Endrekson foi ademáis subcampeón olímpico en Dobre Skull nos Xogos de Pekin 2008.
- Estarán en Castrelo de Miño durante 20 días e posteriormente teñen previsto volver 2 veces máis a finais de Xaneiro e finais de Marzo.

Dous dos mellores remeiros de Estonia atópanse desde onte en Castrelo de Miño realizando a súa primeira concentración de adestramento da tempada. O Club Náutico Castrelo de Miño conseguiu traer a estes dous formidables remeiros grazas a Anna Yuchenko, que os coñecía desde o seu paso pola selección rusa e envióuselle a oferta de Castrelo de Miño como lugar para as súas concentracións invernais, xa que a metereoloxia invernal en Estonia impide remar no auga.

Tonu Endrekson e Andrei Jamsa xa empezaron as sesións de adestramento no encoro de Castrelo de Miño que realizan en sesión de mañá e tarde. As condicións destes días, lucindo o sol e sen vento son idóneas para o remo polo que de momento atópanse moi satisfeitos coas condicións da pista de Castrelo así como cos servizos prestados polo club, no que gardan as súas embarcacións, utilizan seu ximnasio e vestiarios ademáis de dispoñer dunha lancha para a súa adestradora.

As boas condicións para o adestramento así como o reducido custo económico dos servizos que necesitan son os factores que lles levaron a decidirse por vir a Castrelo de Miño en lugar doutros centros de adestramento. O Club Náutico espera que detrás deles veñan o resto de membros do Equipo Nacional de Estonia. Polo momento eles xa confirmaron a súa volta en xaneiro e Marzo para realizar dúas concentracións máis coa mesma duración.


2 1 / 1 1 / 1 3 

O REMEIRO VETERANO DO CLUB JULIO FERNÁNDEZ GAÑA NA REGATA POPULAR DE SAN SEBASTIÁN DE REMO INDOOR E BATE O RECORD DA SÚA CATEGORIA

- Julio Fernández gañou a proba de 2.000 m. na categoría de entre 70 e 79 anos cun extraordinario tempo de 7:48.5 o que supón un novo record nesta distancia.
- A XV Regata Popular de Remo Indoor de San Sebastián disputouse o pasado sábado 16 de Novembro coa participación de máis de 300 deportistas.

O pasado sábado 16 de novembro tivo lugar no Polideportivo Municipal de Benta Berri a XV Regata Popular de Remo Indoor de Donostia. O número total de participantes que acudiron a esta festa do remo indoor ascendeu ata os 319, quedando patente como as competicións de remo indoor atraen cada día a máis e máis deportistas, tanto chegados de ximnasios, polideportivos ou clubs de remo como a particulares que reman na casa. As inclemencias do tempo e as enfermidades propias da época fixeron que outros 57 inscrit@s se désen de baixa ou non aparecesen a última hora.

Ata Donostia chegaron participantes vidos dende Iparralde, Ourense, Alacante, Cantabria, Navarra e Bizkaia, entremezclando as cores d@s remeir@s de diferentes clubs de remo cos particulares que reman na casa ou en ximnasios e polideportivos.

Foron catro @s participantes que lograron romper os Récords de España de 2.000 metros en distintas categorías de peso e idade. Esta é a relación d@s protagonistas e os récords conseguidos:

FEMININO
40-49: Eloisa Ibarra Gimnasio Chedu - Castro Urdiales 7:58,9

MASCULINO
50-59PL: Juan Antonio Ilarza Arkote A.T. - Plentzia 6:53,3
70-79: Julio Fernández C.N. Castrelo de Miño - Ourense 7:48,5
80-89PL: John Rushton Moraira Teulada - Alacante 8:59,1

Ademais dos récords víronse regatas realmente competidas xa que o nivel dos participantes foi de gran altura. Os mellores tempos de 2.000 metros foron para dous remeir@s do Raspas do Embarcadoiro A.E.: Virginia Díaz na categoría 19-29 logrou un tempo de 7:25,2 e Jon Carazo, tamén en categoría 19-29 parou o crono en 6:04,8.

Merecen mención especial os remeiros veteranos: o británico Jon Rushton residente en Moraira-Teulada, que este ano cumpriu 80 anos e veu acompañado pola súa gran familia, e Dori Plasencia do Gimnasio Nagusia de Basauri, que se estreou na nosa regata, tamén co apoio dos seus fillos. Entre unha gran ovación ambos recibiron os trofeos aos Remeiros Veterano e Veterana.

A gran participación, o impresionante ambiente que se viviu nas gradas e os récords logrados foron os grandes protagonistas desta edición. Desde aquí non nos queda senón felicitar a todos os que fixeron desta XV Regata Popular de Remo Indoor de Donostia un evento deportivo de altísimo nivel e unha auténtica festa do remo popular e competitivo.

Julio continúa agora a súa preparación para participar no Campionato Galego e no de España que serán a finais de Xaneiro e principios de Febreiro respectivamente, para tratar de mellorar a súa marca de 3:48.0 en 1.000 m. realizada no Cto. de España do ano pasado en Amposta. ¡ NORABOA E ÁNIMO JULIO !

Fonte: Julio Fernández e www.vermontc2.com


0 8 / 1 1 / 1 3 

O EQUIPO DE WINDSURF DO CLUB PECHA A TEMPADA 2013 TRAS PARTICIPAR EN DÚAS REGATAS CLASIFICATORIAS, CAMPIONATO GALEGO, COPA DE ESPAÑA E CAMPIONATO DE ESPAÑA

- O equipo de windsurf do club pechou a tempada coa participación de Simón Fernández e Nacho Iglesias no Campionato de España que se diputou na Manga (Murcia) do 4 ao 6 de Outubro.
- Os dous regatistas realizaron un digno papel ao conseguir quedar en 21ª e 33ª posición nun campionato cun altísimo nivel.

Os windsurfistas do club comezaron esta tempada os días 13 e 14 de Xullo competindo na casa, na Regata Clasificatoria “Copa Deputación de Ourense” organizada polo noso club e na que os irmáns Simón e Serxio Fernández conseguiron a medalla de prata nas categorías “Raceboard” e “Open” respectivamente. Tamén participaron Daniel Conde, David Seoane e Nacho Iglesias.

Á semana seguinte desprazáronse ata a localidade lusa de Viana do Castelo para participar na Copa de España na que o mellor dos nosos foi de novo Simón Fernández cun 11º posto mentres que Nacho Iglesias era 17º e Daniel Conde 18º.

No mes de Agosto tivo lugar o Campionato Galego na localidade coruñesa de Ares. Simón rozou o podium en “Formula” quedando en 4º lugar mentres que Nacho Iglesias era 7º na mesma clase. Daniel Conde participou na clase “Open” na que quedou en 5º lugar.

En setembro volveu disputarse unha regata clasificatoria Raxó, na que os nosos regatistas conseguiron 3 medallas, David Seoane foi 2º en “Raceboard open”, mentres que Simón Fernández e Alejandro Fernández eran terceiros en “Formula” e en “Bic xuvenil” respectivamente.

Finalmente o pasado mes de Outubro chegaba a regata máis importante e de maior nivel da tempada, o Campionato de España de Formula Windsurf que se disputaba en augas do Mar Menor de Murcia onde desprazáronse Simón Fernández e Nacho Iglesias conxuntamente co resto da delegación galega. Só con ver o podium final xa queda patente o nivel da proba co sevillano Fernándo Martínez do Cerro en primeiro lugar co que conseguúa o seu sétimo título nacional, en segunda posición o alacantino Iván Pastor, do Club Náutico Santa Pola, actual número 1 do Ranking ISAF e Olímpico en Londres 2012 e o terceiro chanzo foi para Pablo Ania, recentemente proclamado Campión de España de Slalom 2013. Con este panorama o mellor galego era Juan Vieito do CN Punta Lagoa nun destacado 6º lugar, mentres que Simón Fernández quedaba finalmente nun meritorio 21º lugar e Nacho Iglesias de 33º pero sendo o terceiro xuvenil.

Dámoslle os parabéns a todos eles polo traballo realizado e os resultados conseguidos, así que ánimo para seguir traballando e poder progresar a nivel competitivo nesta modalidade.

No seguinte enlace podense ver as fotos dalgunha destas regatas: REGATAS WINDSURF 2013

O EQUIPO DE OPTIMIST COMEZOU A TEMPADA 2013-2014 PARTICIPANDO NAS DÚAS PRIMEIRAS REGATAS CLASIFICATORIAS DISPUTADAS EN CORCUBIÓN E A CORUÑA

- Nada máis finalizar a tempada 2012/13 coa Concentración de Escolas de Vela e Copa Deputación de Ourense, 4 membros do equipo de Optimist desprazáronse a Corcubión os días 7 e 8 de Setembro para empezar unha nova temporada do circuíto galego.
- A segunda regata clasificatoria foi o Meeting de Optimist Cidade da Coruña os días 5 e 6 de Outubro ao que acudiron 6 regatistas.

Tras a disputa das dúas primeiras regatas clasificatorias, a mellor situada no ranking 2013/14 é Agueda Reyes que está no posto 61 tras quedar de 56º do grupo ouro na regata de Corcubión e de 23º do prata na Coruña. Séguea no ranking Adrián González que esta de 79º tras quedar de 63º do grupo ouro en Corcubión e 27º do prata na Coruña. No Meeting Cidade da Coruña a mellor do noso equipo foi Nuria Vázquez co 16º posto do grupo prata pero ao non participar na regata de Corcubión ocupa postos máis atrasados no Ranking polo momento.

Os máis novos regatistas do club terán que espabilarse nas próximas regatas se queren entrar no grupo ouro e navegar cos mellores. Polo que queda de 2013 non hai máis regatas clasificatorias pero no Nadal está previsto que acudan ao “Clinic de Nadal” organizado polo CM Canido para mellorar a súa preparación e afrontar máis en forma a Copa Galicia e Campionato Galego que serán xa en xaneiro e Febreiro de 2014 respectivamente.


2 6 / 0 8 / 1 3 

A ESCOLA DO CLUB MARITIMO DE CANIDO IMPÚXOSE NA XVI CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA

- Uxia Nieves do Club Náutico Castrelo de Miño conseguiu a vitoria a nivel individual por diante dos irmáns da escola de Canido Carmen e Ricardo Fernández Miranda que a acompañaron no pódium.
- A Regata Copa Deputación de Ourense levouna o ourensán Alejandro Pérez Canal que competía polo CM de Canido, o segundo posto foi para Alba Trigo do RCN de Sanxenxo e e o terceiro para Pedro Fernández, tamén do CM Canido.
- Por escolas Canido non tivo rival, polo que a loita estivo entre Sanxenxo que foron os segundos e Sada, finalmente terceiros, entre os que só houbo dous puntos de diferenza trala suma dos postos alcanzados polos seus 4 mellores regatistas.

Éxito da decimosexta edición da Concentración de Escolas de Galicia á que, malia as dificultades económicas, acudiron media ducia das mellores escolas galegas. O embalse de Castrelo ofreceu a mellor das súas caras para a navegación a vela con con ventos do norte e do nordés de entre 8 e 18 nós que permitiron a disputa dun total de 5 espectaculares mangas.

Os regatistas do Club Marítimo de Canido demostraron un gran nivel baixo esas esixentes condicións de vento levándose o trofeo por escolas. Pero a nivel individual víronse superados pola representante local do Náutico de Castrelo, Uxia Nieves, que conseguiu a vitoria en 2 das 5 mangas disputadas. O 2º e 3º posto foi para os irmáns de Canido Carmen e Ricardo Fernández Miranda o que sumado a un 6º e 15º conseguidos por dous dos seus compañeiros déronlle unha clara vitoria na clasificación por escolas. A escola do Náutico de Castrelo tívose que conformar co 4º posto xa que malia conseguir a vitoria con Uxia e un 5º posto de Pablo Martínez, os 2 seguintes en puntuar eran 19º e 21º, polo que se viron superados polas escolas do RCN de Sanxenxo que ocupou o 2º lugar e a do CNR de Sada que foi terceira.

A Regata Copa Diputación na que competían os máis experimentos foi dominada polo ourensán Alejandro Pérez Canal que competiu polo CM de Canido e conseguía dúas vitorias e dous segundos postos, o que lle deu o primeiro posto por diante de Alba Trigo do RCN de Sanxenxo e do seu compañeiro Pedro Fernández. Alba e Pedro empataron a puntos pero Alba fixo dous primeiros postos mentres que Pedro só 1, o que situou a Alba en 2º lugar. A mellor de Castrelo foi Nuria Vázquez en 5º lugar confirmando ser a mellor dos integrantes do equipo Optimist do Náutico de Castrelo.

A entrega de premios realizouse durante o desenvolvemento da Feira Mensual de Castrelo de Miño nas inmediaciones do Parque Náutico e contou coa presenza do responsable da Federación Galega de Vela da Clase Optimist, Jaime García, da Presidenta do Náutico de Castrelo, Beatriz Alberte e dos Tenente Alcalde e Alcalde de Castrelo de Miño Alfredo Fernández e Xurxo Rodríguez.

Ademais o equipo de optimist de Castrelo adestrado por Héctor Regueiro está doblemente satisfeito xa que á vitoria de Uxia hai que unir que dous dos seus integrantes máis novos acaban de ser convocados pola federación para participar nunha concentración no Centro Gelego de Vela de Vilagarcia de Arousa para preparalos de cara ao futuro. Trátase de Lucia Vázquez e Adrián González, pero só puido asistir Adrián González que desde hoxe se atopa xa en Vilagarcia adestrando ás ordes do responsable da clase Jaime García.

CLASIFICACIÓN FINAL INDIVIDUAL XIV CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS [121 KB]

CLASIFICACIÓN FINAL POR ESCOLAS

CLASIFICACIÓN FINAL REGATA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE [120 KB]


2 3 / 0 8 / 1 3 

HOXE ARRINCA EN CASTRELO A XVI CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA- COPA DIPUTACIÓN DE OURENSE CON 50 NENOS DE TODA GALICIA

- Un ano máis o Club Náutico Castrelo de Miño acollerá ás escolas de vela de Galicia para poñer o broche final aos cursos de verán para nenos.
- Serán en torno ao medio centenar os participantes nas dúas actividades programadas, por unha banda os que se estrean en competición que realizarán probas de iniciación ás regatas e por outro os máis experimentados que loitarán polo trofeo Copa Deputación de Ourense.

Esta tarde darán comezo no embalse de Castrelo de Miño as probas desta Concentración de Escolas de Vela que alcanza xa a súa 16ª edición e que volverá encher de pequenas embarcacións a “Ria de O Ribeiro”. Serán en torno a 50 os representantes de media ducia das máis destacadas escolas de vela de Galicia os que se reunirán nas augas de Castrelo para determinar cales foron as mellores escolas da tempada 2012-2013. Estarán presentes as escolas do CM Canido, RCN Sanxenxo, LC Villagarcia, CNR Sada, Grupo Bazán de Ferrol e os anfitriones do CN Castrelo que tratarán de revalidar o título conseguido en 2012.

Paralelamente disputarase a Copa Deputación de Vela nesta modalidade infantil de Optimist na que competirán os regatistas que xa participan habitualmente nas regatas do circuíto galego.

Para a tarde de hoxe hai programadas 2 probas a partir das 18:00 h. para continuar na xornada de mañá con 3 máis a partir das 17:00 h. Para a xornada do domingo quedaría unha última proba que se realizará a partir das 11:00 si o vento permíteo. As previsións metereológicas son boas xa que se esperan ventos moderados de dirección norte que resultarán ideais para a navegación dos inexpertos infantís.

Ademais os mozos regatistas poderán gozar de 3 días de convivencia na contorna do Parque Náutico xa que se aloxarán no albergue municipal e poderán gozar das piscinas e pistas polideportivas grazas á colaboración do Concello de Castrelo de Miño. A clausúra está prevista para o mediodía do domingo coincidindo coa Feira Mensual que ten lugar habitualmente no Parque Náutico polo que os asistentes poderán presenciar a entrega de premios que se realizará sobre as 13:30 h.


0 1 / 0 7 / 1 3 

ANNA YUCHENKO REVALIDA O TÍTULO DE CAMPIOA DE ESPAÑA ABSOLUTA DE REMO EN SEVILLA

- Anna Yuchenko consegue por segundo ano consecutivo a vitoria no skiff absoluto feminino.
- Cun tempo de 8:48.48 impúxose na final a Aina Cid do CN Amposta e a Virginia Díaz do CR Raspas.

O pasado domingo Anna Yuchenko revalidou en Sevilla o título de Campioa de España en skiff absoluto feminino, conseguindo así a súa 3ª medalla de ouro en Campionatos de España representando ao Club Náutico Castrelo de Miño desde que conseguiu a nacionalidade española.

O venres 28 deu comezo o Campionato de España coa disputa das series eliminatorias baixo unhas condicións de vento favorable e nas que soamente se clasificaba a 1ª de forma directa para a final do Domingo. Anna impúxose na primeira serie cun tempo de 7:45 e Aina Cid facía o mesmo na segunda cun tempo de 7:53. Virginia Díaz que remaba na serie de Anna tivo que ir á repesca do sábado para conseguir o pase á final. O Domingo ás 12:55 deuse a saída da final pero nesta ocasión con vento en contra, o cal endureceu a proba e aí Anna aínda sacou unha distancia maior as suas rivais, 12 segundos a Aina Cid e 28 a Virginia Díaz tras cruzar Anna a linea de meta cun crono de 8:48.48.

Este título supón un novo impulso para o traballo realizado por Anna que agora continuará a súa preparación en Castrelo co seu adestrador Jose Luís Méndez á espera de saber si é convocada polo Equipo Nacional para novas citas internacionais.

A próxima cita para o equipo de remo do Náutico de Castrelo será o Cto. de España de categorías de base ao que acudirán os cadetes Adrián Hermida e Lucas Tabares-Costa en dobre Skull tras proclamarse o pasado día 22 de xuño subcampeóns galegos da modalidade. Tamén hai que destacar que nese campionato galego o club conseguía outra medalla de prata no catro scull infantil masculino formado por Lucas Hermida, Joel Fernández, Pedro Martínez e Braian Deaño e un cuarto posto de Camilo Martínez en skiff alevín.



1 0 / 0 6 / 1 3 

O CR DO MIÑO GAÑA A I COPA IBERICA CABREIROA E GALICIA O TROFEO LUSO-GALAICO DE FEDERACIÓNS

- O Club Remo do Miño, de Tui, foi o gañador con 9 medallas de ouro, por diante de Castrelo de Miño, Fluvial de Porto, Náutico de Vigo e do Camiñense lusitano.
- Corvera de Asturias e Santoña de Cantabria lograron entrar nun medalleiro no que dominaron os representantes galaicoportugueses.
- Éxito total da Copa Ibérica Cabreiroá, que era un vello anhelo das federacións de Portugal e Galicia.


Galicia impúxose na primeira edición da Copa Lusa Galaica Cabreiroá para Federacións, mentras que o Club Remo do Miño fíxose coa Copa Ibérica Cabreiroá de Clubes, que finalizaron o domingo no Parque Náutico de Castrelo de Miño, en plena provincia de Ourense. O que era un vello anhelo das Federacións de Remo de Portugal e de Galicia fíxose realidade, co apoio de Asturias e Cantabria. O éxito total do evento, pasou a ocupar no Calendario Peninsular un lugar notorio, pois xa foron varias as federacións que anunciaron a súa presenza para o próximo ano, caso de Cataluña, Euskadi e Andalucía entre outros. A satisfacción por elo era moi grande por parte de José Prada, presidente da Galega, e Joao Fernández, vicepresidente da de Portugal, pois trala non celebración da Copa do Rei deste ano, este evento está chamado a ser o que a reemprace no calendario hispano-portugués.

Gran ambiente en Castrelo de Miño o longo de toda a xornada de peche, con moito público que animou ós seus en todo momento. O primeiro ouro da xornada na que se competía en 500 metros era para Miño, seguido de Marín e Portuense. Era a manga de 2x masculina. Tras eles en dous sin, impoñíase o Portuense, por diante de Miño e Corvera de Asturias. O skiff masculino seguiulle en turno, que era para Camiñhense que aventaxaba a Miño e a San Felipe de Ferrol. Nesta categoría rozou a proeza San Pantaleón de Cantabria, que o final tívose que conformar co quinto lugar. No feminino victoria clara de Castrelo de Miño da mao de Anna Yuchenko, que superou a Figuieirense e Infante Don Henrique, ambas de Portugal. Completan o quinteto de primeiras finais as rapazas de dobre scull, onde Samertolameu de Meira vencía contra pronóstico, deixando a prata para Porto e o bronce para Coimbra. Medalla histórica das moañesas. Como peche, os 4 nos que gañaban Miño (homes 4x), Infante Don Henrique (homes 4 sin), Castrelo/Miño (mulleres 4x) e a raíña o 8 mais timonel cun podio formado por Miño, Porto e Camiña. Ao final clausura coa entrega de medallas, presidida polo Alcalde de Castrelo, e que contou coa presenza das Federacións, Club de Castrelo, Marítimo de Vigo, así como Bernardino González da Deputación de Ourense e Cecilia Babarro de Hijos de Rivera.

RESULTADOS DAS FINAIS: 1.000 M. SÁBADO - 500 M. DOMINGO


0 7 / 0 6 / 1 3 

ACTIVIDADE FRENETICA EN CASTRELO COS PREPARATIVOS DA I COPA IBERICA CABREIROA DE REMO OLIMPICO

-Hoxe celébranse os adestramentos libres.
-Corvera convertese nunha Selección de Asturias, mentres que San Pantaleón e Santoña defenderán o pavillón de Cantabria.
-Portugal con 15 clubs e Galicia con 7, as expedicións mais numerosas.
-O blog da Copa ofrecerá a regata online.


Os equipos participantes na Copa Ibérica Cabreiroá realizarán ao longo do día de hoxe venres os adestramentos libres previos ao inicio da competición oficial, maña sábado ás catro da tarde. A maior parte dos participantes aproveitarán o día de hoxe para comezar a instalarse nos seus cuarteis xerais, e ter a primeira toma de contacto coas instalacións do Club Náutico de Castrelo de Miño, que organiza o evento mais importante da primavera ibérica a nivel peninsular, xunto coas Federacións de Galicia e Portugal.

A organización aínda está atendendo aos clubs que a última hora queren participar nesta Copa Ibérica Cabreiroá, que reúne a boa parte dos remeiros olímpicos da península, con especial incidencia nas comunidades do Cantábrico, Galicia e Portugal. Así, un dos últimos en confirmar a súa presenza foi o Club de Remo Santoña. Non será o único club de Cantabria, pois acompañaranlle San Pantaleón, que foi un dos primeiros en inscribirse na competición. Tamén hai que resaltar que Asturias presentará o redor do Grupo Corvera, unha auténtica selección do Principado, que parte entre os favoritos. No que se refire a Galicia, presenza ao completo das catro provincias, coa gran novidade de Moaña que se mete no remo de banco móbil. Os mais fortes a priori son Vigo, Marín, Tui e A Coruña, a través do ferrolán Club de Remo de San Felipe, un dos pesos pesados desta Copa Ibérica Cabreiroá.

Os atletas encontraranse cunhas condicións excelentes para competir, pois as temperaturas descenderon con respecto a estes últimos días, onde fixo un calor abafante. Así Meteogalicia pronostica temperaturas que oscilarán entre os dezanove e os vinte e un grados, con bastante probabilidade de choiva para a tarde do sábado.

A competición comezará de forma oficial o sábado ás catro da tarde, coas primeiras eliminatorias, sempre en mil metros. As eliminatorias darán paso ás finais, que comezarán ao fío das sete. O domingo disputarase a competición para cincocentos metros, comezando ás nove da maña, finalizando a derradeira proba pouco despois da unha. Os seareiros que non poidan presenciar en directo as regatas, poderán seguilas a través do blog da copa, http://copaibericacabreiroa.blogspot.com que ofrecerá o sábado pola tarde e o domingo pola maña as finais.


0 3 / 0 6 / 1 3 

Finalizan en Sevilla os Campionatos de Europa de Remo cunha medalla de bronce para o equipo español

- A Federación Internacional de Remo FISA felicitou ás institucións locais polo gran traballo realizado a nivel organizativo.
- Os cataláns Xavi Vea e Dani Sigurbjörnsson, única medalla española no dous sen lixeiro.

Os Campionatos de Europa de Remo Sevilla 2013 finalizaron onte na capital andaluza, logo de tres días intensos, e que concluíron cunha medalla de bronce para a delegación española, a conseguida na primeira final A da mañá por Xavi Vela e Dani Sigurbjörnsson, no dous sen lixeiro, o que alimentaba a esperanza de que os dous barcos restantes puidesen conseguir algunha medalla máis.

A última xornada para os españois comezou con Omar Aymerich na final B do skiff lixeiro, que finalizou cuarto ou o que é o mesmo, o décimo posto europeo final. Álex Sigurbjörnsson e Pau Vea tamén disputaron a súa final B para concluír terceiros -noveno posto final- tras alemáns e ucranianos. Tamén o dobre scull lixeiro feminino de Verónica García e Esmeralda Santos tívose que conformar coa sexta praza na final B. O dobre scull absoluto da sevillana Nuria Domínguez e a galega Anna Yuchenko tampouco tivo un bo día e concluíron últimas na súa final B, moi lonxe da súa mellor boga e estado psicolóxico trala súa mala actuación de onte e quedar fóra da final. O decimoprimer posto sabe a pouco á dupla que fora cuarta no último campionato continental de Varese, Italia.

Unha das mellores actuacións españolas da mañá foi a do xovencísimo oito con español, que gañaron a súa final B por diante de italianos, rusos e ucranianos. Si na xornada do sábado o fixéron ben e rozaron o entrar en final A, hoxe fixeron a machada de gañar na despedida ante o seu público. Oito sevillanos e un asturiano cunha media de idade de 23 anos deixaron un excelente sabor de boca na súa participación continental.

Xusto a continuación chegou a única medalla española cos cataláns de Tortosa Xavi Vela e Dani Sigurbjörnsson que finalizaron terceiros no dous sen lixeiro só superados por Suiza e Italia. O resto da participación española en finais A limitábase ao catro sen absoluto dos sevillanos Noé Guzmán, Marce García, Javier García e o galego Ismael Montes que finalizaron quintos por diante de Italia, nunha proba na que Holanda, Rumania e Alemania repartíronse os postos de honor por esta orde.

Para rematar, o barco que máis ilusión espertara no equipo español e partía con serias opcións de medalla era o catro sen lixeiro de Sergio Pérez, Suso González, Patricio Rojas e Marc Franquet, que non tivo nunca opción de medalla nunha manga na que os holandeses certificaron a súa condición de favoritos por diante de checos e franceses, e tiveron que conformarse coa sexta praza na gran cita europea no Guadalquivir.

Disputáronse un total de 120 regatas ao longo desta competición na que Alemania ocupou a primeira posición do medallero por equipos con 9 preseas (3 ouros, 4 pratas e 2 bronces), seguido de Italia (2 ouros, 1 prata e 2 bronces) e a República Checa (2 ouros e 1 prata). Rumanía, Dinamarca, Holanda, Lituania, Francia, Suiza e Grecia por esta orde completaron as dez primeiras prazas por conxuntos. España cun metal de bronce ocupou o posto 16 compartido con Bielorrusia, Rusia e Ucrania, entre 35 países participantes. Un total de 29 medallistas dos Xogos Olímpicos de Londres, participaron na competición, cun total de 985 deportistas procedentes de 35 países do vello continente, o que supuxo o maior número de deportistas na historia recente dos campionatos.

A última xornada estivo marcada pola forte calor existente. As altas temperaturas que se viviron onte na capital hispalense fixeron que o esforzo dos remeiros fose maior si cabo, tendo ata que ser atendidos algúns deles polos servizos médicos con síntomas de deshidratación.

Todos os resultados completos da competición están dispoñibles na páxina web http://www.worldrowing.com/

Fonte: masmar.net


3 1 / 0 5 / 1 3 

I COPA IBERICA CABREIROA DE REMO OLIMPICO

- As expedicións máis numerosas Portugal, Galicia, Asturias e Cantabria.
- Gran parte dos mellores especialistas hispano-portugueses en competición.
- As probas do 7 ao 9 de xuño no Encoro de Castrelo de Miño.
- Medio milleiro de remeiros olímpicos na Copa Ibérica Cabreiroá.

Presentouse no Centro Cultural Marcos Varcálcel da Deputación Provincial de Ourense, a primeira edición da Copa Ibérica Cabreiroá de Remo Olímpico, que se celebrará no Encoro de Castrelo e Miño e que organiza a Federación Galega de Remo, co apoio do Club Náutico Castrelo de Miño, o Club Marítimo e a Federación Portuguesa, así como o patrocinio de Augas de Cabreiroá, Estrela Galicia, Coca Cola, Powerade, o Concello de Castrelo e a propia Deputación de Ourense.

O acto contou coa presenza de José Manuel Baltar Branco máximo mandatario da Deputación de Ourense, así como de Xurxo Rodríguez Mendez Alcalde de Castrelo de Miño. Así como con José Prada, Presidente do Comité Organizador e da Federación Galega de Remo e de Antonio Vello Director da Corporación Fillos de Rivera, que leva desde o seu fundación apostou pola potenciación de eventos de alta calidade en Ourense, no que a remo olímpico refírese, e a Joao Fernández, vicepresidente da Federación Portuguesa de Remo. Con esta será a terceira competición de altos voos na provincia ourensana da man de Cabreiroá: Copa do Rei, Campionato de España e agora a Copa Ibérica. A competición está reservada a atletas seniors, tanto femininos como masculinos, que competirán nos días 8 e 9 de xuño, o día 7 se reserva para os adestramentos oficiais. Os varóns terán probas desde o skiff ata o lendario outrigger a oito máis timonel. As mozas pola súa banda farano en barcos dun, dous e catro tripulantes.

A xornada do sábado 8 comezará coa reunión de patróns e delegados, que terá lugar ás doce da mañá. Posteriormente ás catro iniciarase a competición coas mangas de 1000 metros. O domingo terán lugar as probas de velocidade, en 500 metros, a partir das nove da mañá. A Cerimonia de Clausura celebrarase no Parque Náutico de Castrelo de Miño ao filo da unha da tarde do domingo 9 de xuño. Pese a non haberse pechado totalmente o período e inscripción, xa hai numerosos clubs tanto de España como de Portugal inscritos e con equipos realmente fortes.

Por Asturias hai que resalar a Corbera-Avilés, así como a Vegadeo, Castropol e a Remeiros de Eo. Ao completo estarán, do mesmo xeito que a flota lusitana, con clubs de prácticamente todo Portugal, do Miño ao Guadiana, con equipos tan emblemáticos como a Academica de Coimbra, o Infante Don Henrique de Oporto, o Caminhense ou Viana, por citar uns exemplos. Por Galicia, resalta que a representación abarcará á práctica totalidade: Náutico de Vigo, Samertolameu de Meira-Moaña, Marín, os clubs de Tuy, O Perillo herculino, San Felipe de Ferrol,? San Pantaleón representará nesta ocasión a Cantabria. Cóntase cunha participación próxima aos 500 atletas de 40 clubs de toda a Península, e é moi probable que nas próximas horas clubs doutras zonas de España, caso de Andalucía ou o País Vasco confirmen a súa presenza. Unha vez máis Castrelo de Miño será a capital do remo olímpico.


3 0 / 0 5 / 1 3 

HOXE PRESENTOUSE A COPA IBÉRICA DE REMO OLÍMPICO NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

Medio millar de remeiros daranse cita os vindeiros días 7, 8 e 9 de xuño no encoro de Castrelo de Miño para disputar a primeira edición da Copa Ibérica Cabreiroá de Remo Olímpico, que hoxe foi presentada no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense. Ao acto asistiron o presidente provincial, Manuel Baltar; o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Remo, José Prada, e o director da Corporación Hijos de Rivera, Antonio Viejo.

Manuel Baltar destacou na presentación "o inmellorable escenario que supón o encoro de Castrelo de Miño e as magníficas instalacións do seu club náutico, considerado entre os tres espazos mellor dotados de Galicia para a práctica deste deporte náutico, ao que contribuíu este ano a Deputación de Ourense cun orzamento para a remodelación da pista de remo". Baltar subliñou, asemade, a importancia desta proba "polo que supón de promoción económica, turística e deportiva" porque, dixo, "Castrelo de Miño converterase neses días na capital europea do remo".

A proba, que conta co apoio do Club Náutico de Castrelo de Miño e a Federación Portuguesa de Remo, está reservada a atletas seniors, tanto femininos como masculinos. Haberá probas de skiff e outtrigger e oito máis timonel, ademais da modalidade de dobres de un, dous e catro tripulantes. Na xornada do sábado 8 de xuño iniciarase a competición con mangas de 1.000 metros, e o domingo terán lugar as probas de velocidade en 500 metros.

Confirmaron a súa presenza numerosos clubes de España e Portugal, destacando a representación dos clubes galegos. En total, participarán atletas de 40 clubes de toda a península.

Fonte: Deputación de Ourense


0 9 / 0 5 / 1 3 

CONVOCATORIA DO CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO "Club Náutico Castrelo de Miño" SOBRE TEMA NAVEGACIÓN A VELA OU REMO CURSO 2012-2013

BASES
O Club Náutico Castrelo de Miño convoca a segunda edición do CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO "Club Náutico Castrelo de Miño" con temática relacionada cos deportes de vela e remo olímpico. Con este concurso preténdese destacar os valores educativos do deporte, dando a coñecer aos escolares dúas modalidades deportivas pouco coñecidas na provincia de Ourense.

Condicións de participación
Ser natural da Provincia de Ourense ou residente nela e alumno/a de unha institución de ensino da Provincia de Ourense pública ou privada.
Todos os participantes deberán saber nadar e non padecer ningún impedimento psico- físico para a realización de actividades naúticas.
Ceder as obras presentadas ao Club Náutico Castrelo de Miño así como os dereitos para a súa utilización e difusión a través de calquera medio coa finalidade da promoción da actividade desenvolvida polo club.
Aceptar a totalidade das bases.

Categorías de concurso
Establécense dúas categorías:
- Pícaros/as de entre 7* e 10 anos.
- Pícaros/as de entre 11 e 14 anos
* Establécese a idade minima de 7 anos xa que é a estipulada para poder realizar os cursos de iniciación de vela e/ou remo cos que se premiará aos ganadores.

Premios
Número premios a conceder: Tres por categoría
Os premios serán cursos de iniciación á navegación a vela e remo que serán impartidos nos meses de xullo e/ou agosto de 2013.

Obxecto do Concurso
Os concursantes deberán presentar un debuxo de tamaño máximo DIN A4 cuxo tema estea relacionado coa navegación a vela ou remo.
Cada concursante poderá presentar ata un máximo de tres debuxos, aínda que só poderá optar a un premio.

Documentación
Impreso de solicitude xunto con fotocopia do DNI ou documento acreditativo da data de nacemento do participante, acompañando os debuxos.
O impreso de solicitude estará a disposición dos solicitantes na páxina web do club e na sé do mesmo, Avda. Alejandro Ferrer s/n, Castrelo de Miño (Ourense).
Os traballos presentaranse antes das 14:00 horas do 31/05/13 na sé do club, personalmente ou por correo certificado.
Presentaranse en sobre tamaño DIN A4, pechado, en cuxo exterior farase constar o nome do concursante e a idade do mesmo en cuxo interior achegarase o traballo realizado ademais da documentación requirida.

Proceso de selección
Os ganadores serán seleccionados por un xurado integrado por profesores de escolas e colexios da Provincia e membros da Xunta Directiva do Club Náutico e estará presidida polo presidente deste último.
O fallo será inapelable.

Concesión de premio
Considerarase definitivamente concedido o premio cando o adxudicatario ou o seu representante legal exprese por escrito a súa aceptación.

Entrega de premios
A entrega dos premios farase en acto público o 17 de Xuño de 2013 ás 19:00 h. nas instalacións do Club Náutico Castrelo de Miño.

Convocatoria, prazo de presentación de solicitudes e resolución
A convocatoria do concurso realizarase no mes de maio de 2013.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10/05/13 ata o 31/05/13 ás 14:00 horas.
Os resultados da selección faranse públicos o 10/06/13.

Castrelo de Miño a 9 de Maio de 2013

DOCUMENTO COAS BASES E IMPRESO DE SOLICITUDE [485 KB]


2 5 / 0 3 / 1 3 

ANNA YUCHENKO IMPÚXOSE NA REGATA TRIAL DE PRIMAVERA PARA A SELECCIÓN ESPAÑOLA DE REMO

- Anna consegue así unha nova medalla de ouro ao impoñerse con autoridade nas eliminatorias, semifinais e final disputadas durante o fin de semana en Banyoles.
- Cun tempo de 8:03.24 impúxose na final a Nuria Domínguez e a Virginia Díaz.
- Trala regata o equipo técnico da Federación Española quedouse cos mellor clasificados de cada categoría e continuaron facendo regatas entre si nas que a Anna volvía vencer en todas.


A Federación Española de Remo organizou durante o fin de semana unha competición denominada “Trial de Primavera” na que participaron 140 deportistas de 32 clubs coa finalidade de valorar aos mellores remeiros nacionais de cara á súa inclusión na selección. Durante o venres pola tarde e o sábado pola mañá disputouse a competición por clubs en embarcacións de 1x e 2 sen timonel. Yuchenko pasou as eliminatorias e semifinal vencendo sen problemas e na final fixo o mesmo impoñéndose a Nuria Domínguez do C.R. Tui e a Virginia Díaz do C.R. Raspas que había ido 2º durante toda a regata e se vió superada por Nuria nos últimos metros. Así Anna deixou o crono en 8:03.24, Nuria en 8:04.55 e Virginia en 8:05.47 co que as tres foron elixidas para someterse ás probas da Dirección Técnica da FER durante o sábado pola tarde e o domingo pola mañá.

Ditas probas realizáronse en 2x con diferentes combinacións nas que a embarcación de Anna impúxose sempre independientemente da compañeira asignada. Pero malia que Anna demostrou ser a mellor fémina absoluta polo momento non se preveé que poida acudir á concentración que realizará o equipo absoluto en Sevilla de 1 ao 14 de Abril xa que Anna continúa sen ningún tipo de beca ou axuda e a Federación Española de Remo tampouco lle ofrece ningunha solución.

O seleccionador nacional Julen Erauzkin dispón agora de 2 meses para conformar as tripulaciones que participarán no Campionato de Europa de remo que se disputará en Sevilla e no que a participación de Anna está no aire debido á falta de axudas tanto da federación como doutras administracións.


1 5 / 0 3 / 1 3 

O EQUIPO INFANTIL DE VELA DO CLUB NÁUTICO CASTRELO PARTICIPARÁ NA COPA GALICIA DE OPTIMIST

- A Copa Galicia de Optimist disputarase en Portosín durante o sábado e o domingo.
- Unhas 140 embarcacións de todo Galicia acudirán a esta cita, unha das máis importantes do calendario.
- Nuría Vázquez tratará de manterse no grupo ouro ao que ascendeu no pasado Campionato Galego mentres os seus compañeiros competirán no grupo prata polo ascenso.

O equipo infantil de vela do Club Náutico Castrelo de Miño continúa a súa tempada de competición e este fin de semana acudirá a Portosín para participar na Copa Galicia, regata puntuable para o ranking galego. Esta é a segunda regata da tempada para o equipo do Náutico de Castrelo e do mesmo xeito que no Cto. Galego enviará a 6 regatistas entre os que se atopa Nuria Vázquez que é a única que sairá no grupo ouro tras alcanzar o ascenso no Galego. Nuria terá que manter a categoría evitando quedar entre os 5 últimos clasificados do grupo ouro e os seus compañeiros Lucas Hermida, Adrián González, Lucia Vázquez, Agueda Reyes e Thais Martínez sairán no grupo prata a por unha das 5 primeiras prazas para poder ascender e acompañar a Nuria na próxima regata.

A división da flota en dous grupos levouse a cabo por primeira vez nesta tempada 2012/13 e está resultando todo un acerto xa que o elevado número de regatistas da clase que hai en Galicia facía que as competicións fosen demasiado complexas e farragosas ademais de desmoralizadoras para a maioría dos regatistas.

Os mozos regatistas de Castrelo participarán entre unhas cento corenta embarcacións dos clubs C.M Canido, C.N. de O. F. "El Montón", L.C.Vilagarcia, M.R.C.Y. Baiona, R.C.M. Aguete, R.C.N. Coruña, R.C.N. Sanxenxo, R.C.N. Vigo, C.M. Carrumeiro, C.N. Combarro, G.B. Ferrol, C.M. Oza e o anfitrión C.N. Portosin.

A primeira xornada comezará o sábado 16 ás 10.00 horas coa apertura da oficina de regatas, ás 13.00 horas celebrarase unha reunión de patróns e a primeira proba empezase a partir das 14:00. Na xornada de domingo, a primeira proba será ás 11.00 horas, para a continuación dar a saídas correspondentes. En ambos días esta programado disputar un máximo de 3 probas.

A entrada dunha borrasca garante a presenza de ventos moderados de dirección sur que virán acompañados de choiva na xornada do sábado. Para o domingo espérase que cesen as precipitacións pero o vento cambiará a compoñente Norte polo que a navegación esta asegurada os dous días.


1 8 / 0 2 / 1 3 

NURIA VÁZQUEZ CONSEGUIU O ASCENSO O “GRUPO OURO” NO CTO. GALEGO DE OPTIMIST

- Os pasados días 9, 10 e 11, en pleno entroido, o equipo de Optimist do C.N. Castrelo de Miño participou no Cto. Galego que se disputou na localidade de Villagarcía.
- A regatista do C.N. Castrelo de Miño Nuría Vázquez foi terceira do grupo prata o cal deulle o ascenso ao grupo ouro tras dúas mangas disputadas.
- Bo papel do resto de membros do equipo de Castrelo con Adrián González 11º, Águeda Reis 16ª, Lucia Vázquez 17ª, Alejandro Fernández 19º e Thais Martínez 52ª.


O equipo de Optimist do Club Náutico Castrelo de Miño volveu do Campionato Galego Individual da clase cun terceiro posto no “Grupo Prata” de Nuria Vázquez o que lle valeu o ascenso ao “Grupo Ouro” para a próxima regata do Circuíto Galego na que poderá navegar entre os 60 mellores de Galicia.

Trala recente división da flota os 6 regatistas do Náutico de Castrelo que acudiron a Villagarcía tiveron que saír no grupo prata ao ser a súa primeira regata da tempada polo que o seu obxectivo era lograr unha das 5 prazas que daban o ascenso de categoría. Ao final só Nuria conseguiu o ascenso pero o seu compañeiro Adrián González quedouse preto xa que foi 11º. Outros 3 tampouco se quedaron lonxe xa que Águeda Reis foi 16ª, Lucia Vázquez 17ª e Alejandro Fernández 19º polo que para a próxima regata teñen opcións de ascender. A sexta integrante do equipo Thais Martínez quedou nun meritorio 52º lugar xa que debutaba en competición oficial nesta regata e ademais non puido disputar a 2ª manga debido a unha rotura de material.

O campionato estivo organizado polo Liceo Casino de Vilagarcia coa presenza de 128 embarcacións representando as grímpola de RCN Vigo, RCN Coruña, MRCY Bayona, CN Portosin, LC Vilagarcia, CM Canido, RCM Aguete, CN Castrelo de Miño, CM Oza e do CND Riveira. Si na primeira xornada púidose completar unha proba de 3 programadas debido á ausencia do vento, na xornada dominical non se puido disputar ningunha das 3 previstas, xa que as rachas de vento superiores a 40 nós provoco que o Comité de Regatas tivese que suspender todas as probas. Na xornada do luns "Eolo" non deixo en bo lugar a ríaa de Arousa xa que volveu deixar sen vento ríaa permitindo realizar tan só unha proba, polo que a clasificación final quedou conformada con tan só dúas probas, a do sábado e a do luns. As clasificacións finais quedaron como segue:

XERAL
“Grupo Ouro”:
1º Jacobo Garcia Garcia - LCVilagarcia
2º Pablo Oliver - CN Portosin
3º Gonzalo Criado - RCN Coruña
“Grupo Prata”:
1º Jose Pereira - RCM Aguete
2º Telmo Maurin - LC Vilagarcia
3º Nuria Vazquez - CN Castrelo de Miño


0 8 / 0 2 / 1 3 

O EQUIPO DE OPTIMIST DO CLUB NÁUTICO CASTRELO ACODE ESTE FIN DE SEMANA AO CTO. GALEGO CON 6 REGATISTAS

- O Cto. Galego de Optimist terá lugar en Vilagarcia de Arousa durante o sábado, domingo e luns.
- Case 140 embarcacións de todo Galicia acudirán a esta cita, unha das máis importantes do calendario.

Chega unha das citas máis importantes para o equipo de vela do Club Náutico Castrelo de Miño, trátase do Campionato Galego Individual da clase infantil Optimist ao que acudirán 6 regatistas do club ribeirao coa intención de mellorar os resultados da tempada pasada, trátase das irmás Lucia e Nuria Vázquez, Agueda Reyes, Thais Martínez, Alejandro Fernández e Adrián González. Aínda que as opcións de estar entre os mellores son poucas xa que trala recente división da flota en grupo ouro e prata terán que empezar no grupo prata ao non participar nas últimas regatas puntuables para o ranking galego. Por iso o seu obxectivo será situarse entre os mellores do grupo prata e conseguir así algunha medalla dentro desta categoría ou pelexar por conseguir unha praza de ascenso ao grupo ouro de cara ás próximas regatas. Participarán máis de cen regatistas dos clubs RCN Vigo, CM Canido, CN Portosín, RCN A Coruña, CND de Riveira, CM Aguete, MCY Bayona, CN Combarro, CM Carrumeiro, Liceo de Bouzas e os anfitriones do LC de Villagarcía.

A primeira xornada comezará o sábado ás 10.00 horas coa apertura da oficina de regatas, e ás 12.00 horas celebrarase unha reunión de patróns e a primeira proba empezase ás 14:00. A xornada finalizará ás 20.30 horas. Na xornada de domingo, a primeira proba será ás 11.00 horas, para a continuación dar a saídas correspondentes. A última xornada será o luns, na que a primeira proba será ás 11.00 horas e a entrega de premios está prevista para as 16.30 horas nas instalacións do porto do Liceo Casino de Vilagarcia. Este ano o gran atractivo é que os trofeos para o primeiro do grupo ouro e primeiro do grupo prata sera unha vela nova grazas á colaboración de Pires de Lima.

Espéranse ventos floxos para a xornada do sábado, condicións nas que os regatistas de Castrelo deféndense ben, pero na xornada do domingo que se iniciará ás 11:00 h. as previsións son de ventos moi fortes de compoñente oeste e noroeste durante todo o día polo que ata poderían anularse as probas desta xornada. Para o luns, último día de competición, parace que a intensidade de vento baixaría un pouco permitindo navegar aos regatistas pero en condicións esixentes así que a última xornada será decisiva.


2 7 / 0 1 / 2 0 1 3 

ANNA YUCHENKO CONSEGUE DE FORMA BRILLANTE A VITORIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO INDOOR

- Anna continúa imparable e consegue así un novo título nacional cun excelente rexistro de 6:53.9 nunha regata brillante na que foi seguida en todo momento por Nuria Dominguez pero á que non deu oportunidade.
- O guardés Oscar Alonso que milita no C.R. Miño de Tui venceu tamén con autoridade colgándose o ouro en absoluto masculino cun magnífico tempo de 5:52.7.
- Gran papel dos remeiros galegos que conseguiron tres ouros e un record de España a cargo de Jorge André Carvalho (C.R. Miño) en peso lixeiro masculino con 6:12.7
- En cadetes Adrián Hermida foi 9º cun tempo de 5:08.8 e Lucas Tabares-Costa 14º con 5:15.4 mentres que o Xuvenil Borja Desaá era 18º, todos eles do C.N. Castrelo.
- O veterano Julio Fernández conseguiu un destacado 5º posto cun tempo de 3:48.0

O Club Náutico Castrelo de Miño regresa da localidade tarraconense de Amposta cun novo título nacional a cargo de Anna Yuchenko que se levou o ouro tras unha regata excepcional que fixo vibrar ao público no Pabellón Municipal de Amposta. Anna tiña como rival á súa compañeira na selección española Nuria Domínguez que participaba co C.R. Tui, pero desde o primeiro momento Anna marcou un forte ritmo levando a cabeza durante toda a regata e aínda que non conseguía despegar moito a Nuria tampouco lle deu opción e nos últimos 500 m. cando as dúas subiron a intensidade en busca da vitoria, Anna mantívose firme na cabeza ata o final deixando o crono en 6:53.9 un gran rexistro que supón unha nova marca persoal. En dúas tempadas adestrando no Club Náutico Castrelo de Miño baixo as ordes de Jose Luís Méndez rebaixou o seu tempo en remoergómetro en 20 segundos e suma xa tres títulos nacionais e un 4º posto no Europeo demostrando así unha gran progresión.

En absoluto masculino o remeiro do Miño de Tui Oscar Alonso seguía os pasos de Anna e uns minutos máis tarde realizaba tamén unha regata impresionante na que venceu sen rival cun gran rexistro de 5:52.7 a tan só 4 segundos do record de España que ameazou durante algúns instantes da proba. Pero antes de Oscar o seu compañeiro de club Jorge André Carvalho na categoría de peso lixeiro conseguía tamén a vitoria batendo o Record de España que ostentaba o veterano Juan Zunzunegui, deixándoo en 6:12.7. A Carvalho acompañárono no podio outros dous galegos, o veterano do C.R. Tui Jesús González e o xoven do RCN de Vigo Jaime de Haz.

Galicia foi así a protagonista neste Campionato de España disputado na xornada do sábado para remeiros desde categoría cadete ata veteranos conseguindo un total de 9 medallas, cun total de 4 ouros xa que tamén foi campioa de españa en peso lixeiro feminino Esmeralda Santos do C.R. Tui.

Nas categorías inferiores o máis destacado fué a medalla de prata do moañes da S.D. Tirán Rodrigo Conde na categoría cadete. Nesta categoría na que remaron 1.500 m. polo Club Náutico Castrelo de Miño competiron Adrián Hermida e Lucas Tabares-Costa que realizaron un gran papel rebaixando os seus registros persoais. Hermida finalizaba 9º con 5:08.8 e Tabares-Costa 14º con 5:15.4. En xuvenís o seu compañeiro Borja Desaá era 18º con 7:11.1 en 2.000 m.

A representación de Castrelo pechábase co veterano Julio Fernández que era o maior de todos os veteranos participantes e demostrou a súa boa forma quedando en 5º lugar sobre 1.000 m cun tempo de 3:48.


C T O .   E S P A Ñ A   R E M O   I N D O O R   2 0 1 3 .   A M P O S T A 


2 2 / 0 1 / 1 3 

ANNA YUCHENKO GAÑA O OURO EN SENIOR E JULIO FERNÁNDEZ O BRONCE EN VETERANOS NO GALEGO DE REMO INDOOR DE FERROL

- Impresionante actuación de Anna Yuchenko que rebaixou unha vez máis o seu rexistro persoal ao realizar os 2.000 m. en 6:59.1 baixando por primeira vez da barreira de 7 minutos e sacándolle 30 segundos á 2ª.
- Julio Fernández aos seus 70 anos conseguía a medalla de bronce en veteranos cun tempo de 3:49.4 en 1.000 m.
- De entre os máis novos do club os mellores foron Joel Fernández cun gran 6º posto en infantís e Adrián Hermida que foi 7º en cadetes.

Gran actuación dos remeiros do Club Naútico Castrelo de Miño, con dous podiums no Campionato Galego de remo indoor que se disputou o domingo en Ferrol. Anna Yuchenko volveu demostrar a súa categoría ao baixar de 7 minutos nos 2.000 m. conseguindo deixar a súa marca persoal en 6:59.1, tempo que lle dá moita confianza de cara á disputa do título no próximo Campionato de España que se disputará o sábado 26 na localidade tarraconense de Amposta. Anna mantivo un gran ritmo durante toda próba pero aínda tivo forzas para dar un apretón final que lle permitiu baixar dos 7 minutos e deixar a 30 segundos a Uxia Saborido do C.R. Miño de Tui e á súa compañeira Marta Cochón que ocuparon o 2º e 3º lugar.

En senior masculino Oscar Alonso do C.R. Miño de Tui seguía a linea de Anna e conseguía neste caso baixar de 6 min. parando o crono en 5.58.4 o cal dá idea do gran nivel dos remeiros galegos que acudiron a esta cita. Secundaron no podio a Oscar os seus compañeiros de club Bruno Martins e David Prada.

Nas categorías inferiores o nivel tamén foi altísimo e os remeiros de Castrelo malia realizar bos tempos non puideron levarse ningunha medalla. Os mellores foron o infantil Joel Fernández que foi 6º cun tempo de 3:37.8 en 1.000 m. e Adrián Hermida 7º con 5:11.0 en 1.500 m. Ademais en infantís Pedro Martínez quedou en 31ª posición e Lucas Hermida na 52ª nunha categoría con 70 participantes. En cadetes Lucas Tabares-Costa era 22º con 5:19.4 e o xuvenil Borja Desaá non puido participar debido a un proceso febril.

Os dous cadetes Adrián Hermida e Lucas Tabares-Costa xunto ao xuvenil Borja Desaá acompañarán a Anna o próximo fin de semana no Cto. de España de Amposta no que tratarán de seguir mellorando os seus rexistros.

O Camponato Galego pechábase pola tarde coa disputa das probas de remo adaptado para discapacidados, veteranos e relevos por equipos nas que participaba o veterano ourensano Julio Fernández que acababa de facer a licenza co club de Castrelo e conseguía unha brillante medalla de bronce realizando un tempo de 3:49.4. en 1.000 m. Julio Fernández con 70 anos foi o único veterano da súa idade polo que houbo que aplicar os hándicaps correspondentes para elaborar a clasificación final en conxunto cos veteranos máis novos ca el. Julio tamén está inscrito no Cto. de España de Amposta no que buscará repetir o podium.


0 4 / 0 1 / 1 3 

O Marítimo de Canido celebrou con éxito o Clinic de Nadal con 9 clubs galegos

- A convivencia entre nenas e nenos de diferentes provincias foi un dos obxectivos do club vigués.
- Navegación, campo de regatas, toma de baliza ou velocidade algúns dos exercicios desenvolvidos estes días.


O Club Marítimo de Canido celebrou, durante estes días, o seu tradicional Clinic de Nadal, coa participación de 9 entidades náuticas galegas e unha portuguesa, entre as que se atopaban os Reais Clubs de Bayona, Sanxenxo, Aguete e Vigo; o ourensano de Castrelo de Miño; o Club Náutico de Combarro; a Comisión Naval de Ferrol, da Armada Española; e o portugués do Club Naval de Povoa.

A convivencia entre nenas e nenos de diferentes provincias galegas e con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos era un dos principais obxectivos destas xornadas, desenvolvendo non só unha aprendizaxe puramente técnico senón tamén humano de traballo en equipo.

Coa colaboración de todos os monitores das diferentes escolas de vela, que se intercambiaron ao longo do clinic, os preto de 70 nenos e nenas que participaron na actividade, puideron adquirir diferentes puntos de vista con outros instrutores que non son os habituais nos seus adestramentos, aprendendo novas experiencias.

Tomas de baliza, visión do campo da regata, técnicas de navegación, axustes e trimado dos aparellos e veas, etc., todo iso visionado con posterioridad no salón principal do Marítimo, analizando cada detalle e tomando parte nas charlas cos seus compañeiros e compañeiras de clinic.

A clase Optimist, como base da súa iniciación a este deporte, segue sendo na comunidade galega un dos potenciais que os clubs atesouran, como baluarte para un correcto desenvolvemento e potenciar, deste xeito, a súa continuidade noutras modalidades, trala súa periodo na vela infantil, garantindo a súa continuidade e sostenibilidad.


F O T O S   C L I N I C   O P T I M I S T   C M   C A N I D O   2 0 1 2 


3 0 / 1 1 / 1 2 

O CONCELLO E O CLUB NÁUTICO CASTRELO DE MIÑO ASINAN O CONVENIO PARA A SUBVENCIÓN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CLUB

- O Concello de Castrelo de Miño achega 8.000 € para financiar a actividade desenvolvida polas Escolas Deportivas do club en 2012.
- O Alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez, e a Presidenta do club, Beatriz Alberte, asinaron onte o convenio que regula a subvención.
- Esta subvención supón unha importante axuda para poder desenvolver as Escolas e Equipos deportivos que crecen cada ano á vez que se conseguen maiores éxitos a nivel competitivo.
- A imaxe do Concello está presente na roupa deportiva e nas embarcacións utilizadas polos deportistas.
- Nos próximos días o Club Náutico presentará a conta xustificativa dos gastos soportados nesta tempada para poder percibir a subvención.


1 3 / 1 1 / 1 2 

O PASADO VENRES O CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO REALIZOU UN ACTO DE RECOÑECEMENTO AO TRABALLO DOS CLUBS E DEPORTISTAS DO CONCELLO

- Xurxo Rodríguez fixo entrega dunhas placas de recoñecemento á Campioa de España de remo Anna Yuchenko e aos subcampións alevíns Lucas Hermida e Joel Fernández
- Houbo un agasallo para todos os deportistas integrantes dos diferentes clubs do Concello, Futbol, Futbol Sala Feminino e Club Náutico, asi como unha placa para cada un destes clubs
- Tamén recibiron o seu premio o noso vogal de remo e adestrador de Anna, Jose Luís Méndez e o Presidente da Federación Galega de Remo, Jose Prada

O Parque Náutico foi o escenario ideal deste acto de recoñecemento por parte do Concello de Castrelo de Miño para cos deportistas e clubs que desenvolven a súa actividade en Castrelo. Os éxitos conseguidos polo equipo de remo do Club Náutico Castrelo de Miño merecíanse un recoñecemento así xa que Anna Yuchenko logo dun duro camiño conseguía proclamarse Campioa de España Absoluta de remo na modalidade indivudual de skiff na propia pista de Castrelo que este ano acolleu o Cto. de España. Pero a cousa non terminou aí xa que os máis pequenos do equipo conseguían apenas 15 días mais tarde a medalla de prata no nacional alevín de Sevilla.

Ademais dos éxitos do equipo de remo, tamén se conseguiron diferentes premios a nivel autonómico en windsurf e en vela xa que Adrián González foi o campión da Concentración de Escolas de vela no mes de Setembro e Simón Fernández terceiro na Copa Galicia de Raceboard e Copa Deputación de Ourense de windsurf, entre outros de nivel autonómico. Por iso e dado que tamén os equipos de Futbol 11 masculino e Futbol Sala Feminino e as escolas deportivas de Castrelo de Miño están realizando un gran traballo o Concello decidiu reunirnos e agasallar asi a todos.

O acto comezou coa entrega dun detalle para todos os deportistas que foi entregado polo Alcalde, Xurxo Rodríguez e pola Concelleira de Deportes Maribel Rodríguez, posteriormente recibían unha placa cada un dos clubs do Concello, así como Jose Prada, Presidente da Federación Galega de Remo e Jose Luís Méndez, vogal de remo do club náutico e adestrador de Anna. Finalmente tiveron mención especial os medallistas nacionais do noso club Anna Yuchenko e Lucas Hermida con Joel Fernández coas súas respectivas placas de recoñecemento.

ÉXITOS DEPORTIVOS MÁIS DESTACADOS DA TEMPADA 2012

REMO
- Anna Yuchenko (Categoría Senior):
4ª en 2X ABF no Campeonato de Europa de Remo. Varese (Italia).
3ª en 2X ABF na Regata Final de Clasificación Olímpica. Lucerna (Suiza).
1ª en 1x ABF no Campeonato de España Juv-S23-Abs. y Vet. Castrelo de Miño.
2ª en 2X ABF no Memorial Paolo D´Aloja. Piediluco (Italia).
2ª en 1X ABF na Regata Open de Acceso o equipo nacional. Banyoles.
2ª en 4X ABF no Cto. España Seleccións Autonómicas.
- Lucas Hermida Peña y Joel Fernández Vázquez (Categoría Alevín):
2º en 2x ALM no Campeonato de España de remo Alv-Inf-Cad. Sevilla.
1º en 2x ALM na Regata Nacional XX Copa Primavera de Remo. Trasona.
1º en 2x ALM na Regata Internacional “Ponte da Amizade”. Vila Nova de Cerveira
1º en 2x ALM no Cto. Galego A-I-CAD. de Remo Olímpico. Castrelo de Miño.
- Joel Fernández Vázquez (Categoría Alevín):
3º en ALM no Cto. Galego Remo Indoor. Ferrol.
- Adrián Hermida, Borja Desaá, Lucas Tabares-Costa e Jorge Daniel Quarteu (Categoría Cadete):
2º en 4- CM no Cto. Galego A-I-CAD. de Remo Olímpico. Castrelo de Miño.
8º en 4- CM no Campeonato de España de remo Alv-Inf-Cad. Sevilla.

WINDSURF
- Simón Fernández Fidalgo (Categoría Senior):
24º na Copa Ibérica de Fórmula Windsurf. Monsaraz (Portugal).
3º na Copa Galicia de Raceboard e Copa Diputación Ourense de Windsurf. Castrelo de Miño.
2º na II Regata Clasificatoria para o Cto. de España de Windsurf. Ares.
- Santiago Medina Carrasco (Categoría Senior):
1º en Raceboard na III Regata Clasificatoria para o Cto. de España de Windsurf. Raxó.
- Carlos Jimenez Iglesias (Categoría Senior):
2º en Raceboard na III Regata Clasificatoria para o Cto. de España de Windsurf. Raxó.
- Ignacio Iglesias Araújo (Categoría Xuvenil):
1º en Bic Techno Xuvenil na III Regata Clasificatoria para o Cto. de España de Windsurf. Raxó.

VELA LIXEIRA
- Adrián González Mosquera (Categoría Infantil):
1º individual na XV Concentración de Escolas de Vela. Castrelo de Miño.
- Nuria Vázquez Morales (Categoría Infantil):
2ª na Regata Copa Diputación de Optimist. Castrelo de Miño.
- Adrián González, Elena Iglesias, Uxia Nieves, Thais Martínez, María Pichel y Uxía Parente (Categoría Infantil):
1º por Escolas na XV Concentración de Escolas de Vela. Castrelo de Miño.

¡ NORABOA A TODOS E GRACIAS AO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO !

O acto pechouse con diferentes fotos de grupo que se poden ver a continuación:



2 5 / 0 9 / 1 2 

O EQUIPO DE WINDSURF CONSEGUE TRES MEDALLAS NA REGATA CLASIFICATORIA DE RAXÓ

- Santi Medina e Carlos Jimenez foron 1º e 2º na categoría Raceboard mentres que Nacho Igrexas era 1º en Bic Techno Xuvenil.
- Só púidose realizar 1 manga de Raceboard e outra de Techno na xornada do sábado, debido ás malas condicións metereológicas.
- Os outros dous representantes do noso club Daniel Conde e Simón Fernández que participaban en Formula Windsurf quedaron sen poder competir ao non realizarse ningunha manga nesta categoría.


O fin de semana presentábase complicado, pero finalmente a xornada do sábado fué bastante tranquila o que permitiu realizar unha manga para Raceboard e outra para Bic Techno nas que os nosos foron os que mellor se adaptaron demostrando o seu acerto ao montar velas de 6 m. que lles permitirían ser os máis rápidos obtendo os primeiros postos. Santi Medina e Carlos Jimenez dominaron a categoría Raceboard e Nacho Iglesias facía o mesmo entre os xuvenís de Bic Techno.

O adestrador Simón Fernández xunto con Dani Conde, tamén monitor do club, non puideron demostrar o seu nivel xa que en Fórmula windsurf non se podía realizar ningunha manga o sábado e o domingo xa non habería probas para ningunha categoría pola entrada do primeiro temporal do outono que trouxo fortes ventos e choivas.


1 8 / 0 9 / 1 2 

O EQUIPO DE WINDSURF PARTICIPARÁ O PRÓXIMO FIN DE SEMANA NA REGATA CLASIFICATORIA DE RAXÓ

- Os días 22 e 23 de Setembro o C.N. de Raxó organiza esta regata clasificatoria que será tamén o I Trofeo Deputación de Pontevedra.
- Co adestrador e regatista Simón Fernández á cabeza un grupo de 5 windsurfistas do club tratarán de seguir puntuando para situarse o mellor posible no ranking galego de cada categoría.
- As categorías serán Formula W, Formula Experience, Techno sub-15 e sub-17 e Open 5 m. Tamén haberá probas para a clase catamarán.
- Simón Fernández quedou segundo na última clasificatoria disputada en Ares o 1 e 2 de Setembro.


Tras o éxito conseguido por Simón Fernández na última regata clasificatoria, disputada a principios de mes en Ares, e na que foi segundo os windsurfistas do club volven á carga. O próximo fin de semana desprázanse a Raxó para disputar o I Trofeo Deputación de Pontevedra que tamén é clasificatorio para o ranking galego. Participarán o propio Simón, Santi Medina, Nacho Iglesias, Dani Conde e posiblemente Carlos Jimenez.

ANUNCIO DE REGATA [184 KB] - FOLLA DE INSCRICIÓN [405 KB]


F O T O S   E   C L A S I F I C A C I Ó N S   A R E S 


1 6 / 0 9 / 1 2 

CUARTO POSTO PARA YUCHENKO E DOMÍNGUEZ NO EUROPEO DE REMO

- As españolas quedáronse de novo ás portas do seu obxectivo, nesta ocasión foron cuartas a escasas centésimas do bronce.
- As bielorusas dominaron a regata de principio a fin e as epañolas intentaron pelexar polo 2º ou 3º posto que ao final levaron italianas e romanesas respectivamente nunha chegada apertada.
- A alegría para o combinado español chegou de mans de Pau Vela e Alex Sigurbjonsson que conseguiron a medalla de prata no 2- que sería a única xa que o 4 sen temoneiro tamén fué cuarto.

De novo a parella formada por Nuria Domínguez e Anna Yuchenko quedouse ás portas de alcanzar o seu obxectivo. Se no mes de Maio eran terceiras cando só se clasificaban dúas para os Xogos Olímpicos, na regata de Clasificación Final de Lucerna, agora quedaron en cuarto posto no Europeo no que buscaban a medalla. Realizaron un boa regata manténdose sempre en 4º lugar pero sempre moi preto das italianas e romanesas e ata chegaron a inquietalas nos últimos metros pero finalmente aguantaron. A vitoria foi para as bielorusas que desde o inicio marcaron un alto ritmo conseguindo unha vantaxe sobre o resto que manterían ata o final sendo o único bote que baixou dos 7 minutos. Italia fixo 7:02.20, Romanía 7:03.67 e España 7:04.38.

Inmediatamente despois do dobre Skull de Nuria e Anna competiu o 4 sen temoneiro masculino, co galego Jesús González a bordo, e que obtivo o mesmo resultado. Habería que esperar unha regata máis para ver ao último bote español en acción que ademais era o que parecía contar con máis opcións. Pau Vela e Alex Sigurbjonsson non fallaron conseguindo a medalla de prata con seguridade e ata pondo en apertos ao final aos holandeses que levaron o ouro tras levar a dianteira toda a regata.

Deste xeito termínase a tempada de remo olímpico na que Anna demostrou o gran acerto da súa nacionalización, que de producirse antes permitiría preparar a tempo as citas internacionais xunto a Nuria Domínguez. Con tan só uns meses de adestramento xuntas alcanzaron este destacado 4º posto no europeo e quedáronse ás portas de Londres. Ademais Anna proclamouse Campioa de España na modalidade individual do skiff dous meses logo da súa nacionalización. A deportista do Club Náutico Castrelo de Miño, tras os resultados conseguidos, espera agora recibir as axudas necesarias para poder afrontar a próxima tempada ás que ata o momento non puido optar.


1 4 / 0 9 / 1 2 

ANNA YUCHENKO E NURIA DOMÍNGUEZ CONSEGUEN O PASE DIRECTO Á FINAL DO CAMPIONATO DE EUROPA DE REMO

- O dobre scull de Anna e Nuria foi 2º da súa serie a tan só 59 centésimas das italianas.
- O domingo ás 11 da mañá buscarán a medalla na final.
- Ademais das italianas, as bielorusas e romanesas mostráronse moi fortes na outra eliminatoria polo que serán rivais a ter moi en conta na final.
- O 2 sen temoneiro masculino venceu na súa serie pasando tamén á final e o 4 sen temoneiro terá que ir á repesca.

Anna Yuchenko e Nuria Domínguez xa están na final do Campionato de Europa de Varese. Clasificáronse ao quedar segundas cun tempo de 7:10.21 a tan só 59 centésimas das italianas que fixeron 7:09.62, por detrás deixaron ás danesas que terán que ir á repesca pero que tamén mostraron un bo nivel con 7:11.10. Na outra eliminatoria pasaron Bielorusia e Romanía que adiantaron ao final ás Ucraínas que foran na cabeza a primeira metade da regata cun alto ritmo pero que pagaron nos segundos 1.000 m.

Agora esperaas unha dura final contra Italia, Bielorusia, Romanía (clasificadas directamente) e previsiblemente Dinamarca e Ucraína que non debesen ter problemas na repesca. O horario definitivo da final do dobre Skull feminino é ás 11:02 da mañá do domingo.

Na final tamén estarán os mozos do dous sen temoneiro que demostraron estar a un bo nivel gañando a súa serie e realizando o mellor tempo da súa modalidade, polo que apuntan a medalla. Eles tíñano máis difícil xa que necesitaban gañar para evitar a repesca, pero non fallaron e con 6:33.54 venceron aos ingleses por 15 centésimas polo que debesen disputarse as medallas con eles e cos holandeses que foron vencedores na outra serie.

O 4 sen temoneiro con todo deberá ir á repesca do sábado xa que foron terceiros na súa serie na que só pasaba directamente o 1º. De todos os xeitos demostraron estar cos mellores polo que poderían ter certas opcións se logran o pase á final.

As regatas pódense seguir a tempo real a través do Simulador Virtual Race Tracker da Fisa en www.worldrowing.com/live-results


1 3 / 0 9 / 1 2 

ANNA YUCHENKO E NURIA DOMÍNGUEZ COMPETIRÁN ESTE FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE REMO

- O dobre scull de Anna Yuchenko e Nuria Domínguez tratará de conseguir unha medalla na cita continetal tras quedar fóra dos Xogos de Londres.
- O Campionato de Europa comeza este venres no lago italiano de Varese.
- A selección española acode a Varese cun dous e un catro sen temoneiro masculino, ademais do dobre Skull de Nuria e Anna.


A última gran cita da tempada para o remo olímpico dispútase este fin de semana en Varese (Italia) e a ela non faltarán Anna Yuchenko e Nuria Domínguez. Trátase do Cto. de Europa Absoluto no que tratarán de resarcirse do tropezón sufrido o mes de Maio en Lucerna onde quedaron fóra dos Xogos Olímpicos por unha escasa marxe de 2 segundos. Xunto a elas acudirán a esta cita o dous sen temoneiro formado por Alexander Sigurbjonsson e Pau Vela e o catro sen de Antonio Guzmán, Marcelino García, Noe Guzmán e o galego Jesús González. Todos eles xa se atopan en Varese tras viaxar onte desde Sevilla onde estiveron concentrados preparando a cita desde o 5 de Agosto.

Anna e Nuria enfrontaranse a outras once tripulacións polo que mañá disputaranse dúas series clasificatorias pola mañá nas que só pasarán directamente á Final A os botes vencedores en cada unha delas, tendo o resto que buscar o seu pase nas repescas do sábado. No mesmo caso atópanse o 2 e o 4 sen temoneiro que competirán contra outras 10 embarcacións polo que o sistema de progresión é idéntico.

Antes de viaxar Anna mostrábase confiada en poder remar ao nivel que o fixeron en Lucerna pero as rivais non serán as mesmas nesta ocasión polo que ata comezar non se saberá realmente o nivel necesario para meterse na final. A desexada Final A do dobre Skull feminino está prevista para o domingo ás 11:30 h.

Este campionato ademais supón a última oportunidade da tempada para conseguir algunha medalla internacional para a selección española xa que os resultados ata agora non foron nada bos. Tras esta regata Anna dará por finalizada a tempada tendo unha semana de vacacións antes de volver aos adestramentos en Castrelo de Miño co seu club e á espera do que suceda co equipo nacional tras as eleccións na Federación Española de Remo que acaban de ser convocadas.


0 3 / 0 9 / 1 2 

O CLUB NÁUTICO CASTRELO DE MIÑO LEVASE A XV CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA CON VITORIA TAMÉN PARA O SEU REGATISTA ADRIÁN GONZÁLEZ EN INDIVIDUAL

- As regatas decidíronse coas tres mangas disputadas na tarde do venres xa que nin o sábado nin o domingo o vento apareceu por Castrelo.
- A Copa Deputación foi para Alba Trigo do R.C.N. de Sanxenxo que se impuxo a Nuria Vázquez do C.N. Castrelo e a Pablo Rodríguez do C.M. Canido.
- En Escola Adrián González non deu opcións ao conseguir dous primeiros e un terceiro posto nas tres mangas disputadas levándose así a vitoria na categoría individual.


Gran resultado para a escola do C.N. Castrelo de Miño que levou a vitoria por clubs e ademais en individual por primeira vez nos últimos anos o que vén demostrar o gran traballo da escola do club ribeirao que conta con máis de vinte nenos na modalidade de Optimist. O Club Náutico Castrelo conseguiu o 1º, 6º, 8º e 9º posto cos que sumou 24 puntos, 8 menos que o C.N.R. de Sada que terminou en 2º lugar e 32 menos que o C.M. Canido que foi 3º. Deste xeito os de Castrelo conseguiron o obxectivo de superar á escola de Sada que nas últimas edicións situouse sempre por diante. O equipo elixido polo adestrador Héctor Regueiro mostrou o seu dominio do campo de regatas e os 6 compoñentes de Castrelo situáronse entre os 17 mellores aínda que para a clasificación por escolas só computaban os 4 primeiros de cada equipo.

A xornada do venres foi finalmente decisiva con tres probas disputadas con vento de nordés duns 8 nós que os regatistas de Castrelo souberon aproveitar. En escola Adrián González demostrou ser o mellor con dous primeiros postos e un terceiro que non deixaron opcións a Pedro Fernández de Canido que fixo un terceiro e dous segundos e a Marco Cumani de Sada que foi finalmente terceiro.

Os máis experimentados que se disputaban o Trofeo Copa Deputación de Ourense realizaban un percorrido un pouco máis complexo que os de escola, producíndose un triplo empate na cabeza con 10 puntos para Alba Trigo, Nuria Vázquez e Pablo Rodríguez así que o pódium quedaría decidido polos mellores postos parciais dándolle a vitoria a Alba Trigo o 1º posto conseguido na terceira manga e deixando en segundo lugar á de Castrelo Nuria Vázquez que tiña un 2º, un 3º e un 5º e en terceiro lugar a Pablo Rodríguez de Canido con dous 4º e un 2º.

En total xuntáronse case 50 nenos de toda Galicia que puideron gozar das instalacións do Parque Náutico durante 3 días de lecer, aprendizaxe, convivencia e competición, polo que a falta de vento nas xornadas de sábado e domingo non foron un inconveniente grazas ás posibilidades do Parque Náutico que de man do Concello de Castrelo de Miño puideron gozar os nenos con piscina, parque infantil e pistas polideportivas ademais de aloxarse no albergue xuvenil.

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL XV CONCENTRACIÓN [100 KB] - CLASIFICACIÓN COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE [113 KB] - CLASIFICACIÓN POR ESCOLAS [51 KB]

VIDEO RESUMEN XV CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA E REGATA COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE


F O T O S   X V   C E V   E   C D O 


3 0 / 0 8 / 1 2 

50 NENOS COMPITEN NA REGATA COPA DEPUTACIÓN E PARTICIPAN NA XV CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA NO C.N. CASTRELO DE MIÑO

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da "Regata Copa Deputación Optimist de Vela" e da "XV Concentración de Escolas de Vela", eventos nos que participan as mellores escolas de vela de Galicia, e que reunirá dende mañá venres e ata o vindeiro domingo a máis de 50 nenos de entre 7 e 14 anos no embalse de Castrelo de Miño, acompañados de monitores, técnicos e familiares, na que será "unha gran festa da vela". Así o dixo a presidenta do Club Náutico de Castrelo, Beatriz Alberte, quen estivo acompañada na presentación polo director desta instalación deportiva, Gabriel Fernández; polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e pola concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Maribel Rodríguez.

Beatriz Alberte explicou que a a concentración de escolas de vela "chega á súa 15 edición, o que amosa a consolidación e o apoio desta proba" e agradeceu especialmente a colaboración da Deputación de Ourense e o seu compromiso co deporte. Pola súa banda, Bernardino González dixo que a institución provincial "ten no deporte un referente, e especialmente no que atinxe ao deporte dirixido aos nenos, un eido que seguiremos apoiando, tanto nos deportes náuticos como tamén nas demais disciplinas deportivas".

A presidenta do Náutico de Castrelo tamén agradeceu á Deputación de Ourense o seu compromiso coa Regata Copa Deputación e o Concello de Castrelo de Miño pola súa colaboración xa que ós participantes poderán utilizar ás instalacións municipais do Parque Náutico onde no tempo libre poderán disfrutar da piscina, pista polideportiva de herba sintética e parque de xogos infantís, ademáis de aloxarse no albergue municipal.

Esta concentración supón a culminación da formación realizada nas escolas de verán dos diferentes clubs sendo a súa primeira regata oficial e ademáis gracias a disputa da Copa Deputación na que participan regatistas xa con experiencia os recién iniciados seguen o seu exemplo tomando ás saídas 5 minutos depois polo que os levan diante como referencia ainda que o seu percorrido é un pouco máis sinxelo. En total disputaranse sete probas, dúas das cales comenzarán mañá venres, a partires das 18.00 horas, para seguir o sábado, a partires das 17.00 horas, con 3 probas, e o domingo rematará a regata coa disputa dunha proba, para rematar ás 14.00 horas coa entrega de trofeos. Haberá premios para os tres primeiros clasificados individuais de Escola e da Regata Copa Deputación asi como para ás tres mellores Escolas, clasificación esta última que se fará tendo en conta ás posicións acadadas polos 4 mellores regatistas de cada escola.

O equipo anfitrión do C.N. Castrelo presenta un equipo de 6 participantes da súa escola ademáis de 5 participantes na Copa Deputación que tratarán de subir ao podio en ambas regatas e mellorar o 3º posto por escolas dos dous últimos anos nos que o C.N.R. de Sada quedou en 1º e 2º lugar e que este ano volve a presentar un competitivo equipo que a priori será o referente a batir polo resto de participantes. Os clubs participantes son os seguintes: Grupo Bazán de Ferrol, C.N.R de Sada, R.C.N. Sanxenxo, C.M. Carrumeiro de Corcubión, C.M. Canido e C.N. Castrelo de Miño.


3 0 / 0 7 / 1 2 

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE RECIBIU EN VIGO OS REMEIROS GALEGOS MEDALLISTAS NACIONAIS EN 2012

- Tres deportistas do Náutico de Castrelo de Miño acudiron ao acto ao conseguir unha medalla de prata con Lucas Hermida e Joel Fernández e unha de ouro con Anna Yuchenko.
- O acto tivo lugar o pasado xoves 26 ás 5 da tarde na Casa do Deporte de Vigo ao que acudiron máis de 30 deportistas desta modalidade que conseguiron nesta tempada un total de 36 medallas en diferentes Campionatos de España.
- Jose Ramón Lete quixo con este acto recoñecer o éxito do remo olímpico galego e comprometeuse a impulsar este deporte que considera estrátegico para Galicia.
- O Presidente da Federación Galega de Remo nomeou un por un a todos os que conseguiron medalla nos diferentes Campionatos de España desde categoría alevín a senior.

O pasado xoves o Secretario Xeral para ou Deporte Jose Ramón Lete recibiu en Vigo a todos os deportistas de remo olímpico que conseguiron medalla nos diferentes Campionatos de España disputados ao longo da tempada que acaba de finalizar. A finalidade do acto non era outra que realizar un recoñecemento público do seu traballo e esforzo así como felicitalos polos éxitos alcanzados e animalos a continuar por esta senda.

Os clubs que consigueron medallas foron Robaleira da Guarda, C.R. Tui, C.R. Miño de Tui, R.C. Náutico de Vigo, C.R. Vilaxoán, San Felipe de Ferrol e C.N. Castrelo de Miño. Por parte do Club Náutico Castrelo de Miño acudiron Lucas Hermida e Joel Fernández que en categoría alevín hai pouco máis de 20 días conseguían a medalla de prata nacional en 2x xunto con Anna Yuchenko que conseguiu o ouro en skiff absoluto durante o Cto. de España disputado precisamente en Castrelo de Miño no mes de Xuño. Estes tres deportistas foron acompañados polos adestradores e directivos do club coa súa Presidenta Beatriz Alberte á cabeza.

Lete destacou os resultados conseguidos cun total de 9 medallas de ouro, 11 de prata e 16 de bronce que abren o camiño a unha nova etapa do remo galego que espera póidase culminar con representación olímpica en Rio 2016 xa que nos Xogos que acaban de empezar en Londres finalmente non haberá representación nacional. O Secretario Xeral comprometeuse a impulsar o remo olímpico xa que considera conta cun gran presente e futuro con moitos deportistas de categorías inferiores medallistas, que xunto coas instalacións específicas existentes en Pontevedra, Tui e Castrelo de Miño fan que desde a Secretaría Xeral considérese ao remo olímpico como un dos deportes estratéxicos para Galicia do mesmo xeito que a vela e o piragüismo.

Finalmente Lete recoñeceu tamén o gran traballo realizado desde os clubs polos seus adestradores e directivos así como o apoio imprescindible dos pais e nais que tamén asistiron ao acto.


2 3 / 0 7 / 1 2 

O VETERANO FRAN ROBLEDA LEVOUSE FINALMENTE COPA DEPUTACIÓN DE WINDSURF

- A competición tivo lugar os pasados días 14 e 15 de Xullo baixo a organización do Club Náutico Castrelo de Miño.
- Participaron un total de 30 regatistas desde categoría Escola a Máster.
- A clasificación provisional foi modificada polos xuíces polo que aínda que en principio se dió como vencedor a Juan Vieito a vitoria foi finalmente para Fran Robleda.
- Disputáronse un total de 5 probas, incluída unha Travesía con ventos suaves e o domingo pola mañá fíxose por primeira vez unha regata de Paddle Surf.

Gran participación no Open de Windsurf con máis de 30 regatistas que se deron cita en Castrelo de Miño os días 14 e 15 para disputar os trofeos Copa Galicia de Raceboard e Copa Deputación de Ourense. Tras modificar a clasificación provisional na que había erros os xuíces deron como vencedor a Fran Robleda do C.V. Ensenada de Limens que aínda que empatou a puntos con Juan Vieito do C.N. de Cangas conseguiu a última vitoria parcial desfacendo así o empate e levándose o título. O terceiro posto foi para o mellor regatista do C.N. Castrelo de Miño, Simón Fernández. Houbo premios para 6 categorías diferentes incluyendose por primeira vez o Paddle Surf, modalidade de moda e con grandes perspectivas de futuro.

Na xornada do Sábado disputouse unha primeira proba en formato de travesía e a continuación dúas máis baixo o percorrido clásico barlovento-sotavento. O Domingo pola mañá aproveitáronse as condicións do encoro para disputar por primeira vez unha proba de Paddle Surf á que se sumaron varios regatistas máis. Esta modalidade esta emerxendo con forza e parece que pouco tardará en ser habitual nos calendarios de regatas. Xa pola tarde en canto saltou o vento os windsurfistas botáronse ao auga para disputar dúas probas máis en barlo-sota o que determinaría a clasificación final. Todas as probas disputáronse con ventos suaves e medios que permitiron ofrecer ao público belas estampas durantes os dous días co encoro ocupado polo colorido das velas. A entrega de medallas realizouse nos xardíns do Parque Náutico ao redor das sete da tarde para as 6 modalidades previstas, Escola, Infantil, Paddle, Master, Open e Raceboard.

O Club Náutico Castrelo de Miño participou con 4 regatistas senior e 4 de escola, conseguindo un total de 5 medallas. Como xa apuntamos Simón Fernández era bronce en Raceboard, o seu irmán Serxio prata en Open e mentres que na categoría de Escola Nacho Igrexas era ouro por diante de Yaiza Portabales, prata e Marta Lema bronce.

PODIUM FINAL POR CATEGORÍAS

RACEBOARD
1º FRAN ROBLEDA – C.V. Ensenada Limens
2º JUAN VIEITO – C.N. Cangas
3º SIMÓN FERNÁNDEZ – C.N. Castrelo de Miño

OPEN
1º ALEJANDRO DONCEL– C.N. Cangas
2º SERXIO FERNÁNDEZ – C.N. Castrelo de Miño
3º AITOR BLANCO – C.N. Cangas

MASTER
1º FRAN ROBLEDA – C.V. Ensenada Limens
2º JOSE MANUEL PAN – C.V. Playa de Oza
3º LUIS DE MIRA – C.V. Ensenada Limens

INFANTIL
1º ANTÓN PORTELA – C.W. Zona Norte
2º JORGE ROBLEDA – C.V. Ensenada Limens
3º JORGE PAN – C.V. Playa de Oza

ESCUELA
1º NACHO IGLESIAS – C.N. Castrelo de Miño
2º YAIZA PORTABALES – C.N. Castrelo de Miño
3º MARTA LEMA – C.N. Castrelo de Miño


0 8 / 0 7 / 1 2 

OS ALEVÍNS DO NÁUTICO DE CASTRELO JOEL FERNÁNDEZ E LUCAS HERMIDA SUBCAMPIÓNS DE ESPAÑA DE REMO

- Lucas Hermida e Joel Fernández conseguiron a medalla de prata en 2x alevín por detrás dos anfitrións do Club Náutico de Sevilla no Campionato de España de remo para categoría inferiores disputado este fin de semana no CEAR da Cartuxa.

- Doutra banda o 4 sen temoneiro cadete formado por Adrián Hermida, Borja Desaá, Lucas Tabares-Costa e Jorge Daniel Quarteu eran segundos na final B co que finalizaron nun destacado 8º posto da xeneral.

O equipo de remo do Club Náutico Castrelo de Miño continúa cultivando medallas e se fai 2 semanas era a deportista de máis alto nivel do club Anna Yuchenko a que se proclamaba Campioa de España este fin de semana os máis pequenos de equipo, os alevíns Joel Fernández e Lucas Hermida alcanzaban o subcampeonato de España en dobre Skull. Unha medalla de prata que pon fin a unha gran tempada dos remeiros das categorías inferiores do club que sumaban con esta 2 medallas nacionais e 3 autonómicas.

O Club Náutico Castrelo de Miño acudiu a Sevilla co 2x alevín que rendeu a un gran nivel toda a tempada e cun 4 sen temoneiro de recente creación que progresou moito en poucos días mellorando en Sevilla case 1 minuto con respecto á marca realizada no Cto. Galego da semana anterior.

Lucas Hermida e Joel Fernández pasaron as eliminatorias do venres sen problemas vencendo na súa serie e conseguindo o pase directo ás semifinais do sábado. O sábado tiveron que esforzarse algo máis xa que tras unha mala saída víronse obrigados a remontar ata alcanzar a vitoria cun gran crono de 1´57”. A outra semifinal era para os que ían ser os seus principais rivais na final, o CN de Sevilla que facía un tempo moi similar aos de Castrelo polo que se prevía un final rifada pero o domingo pola mañá os sevillanos non deron opcións no seu campo e levaron a vitoria claramente cun tempo de 2´01” polo que Lucas e Joel marcando 2´06” conseguían unha medalla de prata que sabe a moito e que recompensa o gran traballo realizado durante a tempada. O terceiro posto foi para a Confraría de Pescadores de Torrevieja.

Os cadetes do 4 sen temoneiro tivérono máis difícil xa que apenas levaban adestrado 15 días tras a incorporación ás filas do club de Jorge Daniel Quarteu e só competiran no Cto. Galego a semana antes deste nacional de Sevilla. A súa eliminatoria foi a máis forte polo que a pesar de facer un bo tempo quedaron en 4 lugar o que os enviaba a unha repesca o sábado pola mañá para buscar a clasificación para as semifinais. Na repesca venceron sen problemas así que o sábado pola tarde remaron nas semifinais pero de novo volveulles a tocar na serie máis forte e a pesar de realizar unha gran marca de 5´02” quedaban fóra da final A e con mellor tempo que un dos tres da outra serie que pasaron á final. Finalmente eran segundos na final B con 5´11” tras o Club de remo Vale de Camargo o que lles daba un destacable 8º posto na xeneral dunha modalidade cun gran nivel na que gañou tamén o Club Náutico de Sevilla por diante do Club de Rem Tortosa e de Labradores de Sevilla.

Agora o equipo de remo do Club Náutico comeza as vacacións fóra de Anna Yuchenko que aínda prolongará a tempada ata o mes de Setembro no que está previsto que participe no Cto. de Europa que terá lugar na localidade italiana de Varese entre os días 12 e 16.


0 1 / 0 7 / 1 2 

O NÁUTICO DE CASTRELO CAMPIÓN GALEGO DE REMO EN DOBRE SCULL ALEVÍN E PRATA EN CATRO SEN TEMONEIRO CADETE

- Lucas Hermida e Joel Fernández proclamáronse campións galegos en 2x alevín vencendo con autoridade e marcando un gran tempo.
- Doutra banda o 4 sen temoneiro cadete formado por Adrián Hermida, Borja Desaá, Lucas Tabares-Costa e Jorge Daniel Quarteu conseguía a medalla de prata ao entrar tras o Club de Remo Tui.
- Ambas as tripulacións competirán o próximo fin de semana no Campionato de España que se disputará en Sevilla.

Este fin de semana disputouse na pista de Castrelo de Miño o Campionato Galego de Remo para alevíns, infantís e cadetes, cita á que acudiron 200 remeiros de case unha trintena de clubs de toda a xeografía galega.

As dúas tripulacións presentadas polo Club Náutico Castrelo de Miño renderon a un gran nivel, chegando a primeira alegría da man dos máis pequenos Lucas Hermida e Joel Fernández que se impuxeron no dobre Skull alevín con gran autoridade e conseguindo ademais unha gran marca de 1:57.82 sobre 500 m. que demostra que están no bo camiño de face ao gran obxectivo da tempada, o Campionato de España. Lucas e Joel están realizando unha gran tempada na que xa gañaron a regata nacional Copa Primavera disputada fai un mes e medio e agora prepáranse para render ao máximo no Campionato de España.

Na penúltima regata da xornada chegaba a quenda dos cadetes do club que se estreaban no catro sen temoneiro tras a incorporación ás filas do club de Jorge Daniel Quarteu e a súa estrea non podía ser mellor xa que conseguían a medalla de prata cun tempo de 5:57.76 en 1.500 m. 6 segundos por detrás do Club de Remo Tui que marcou 5:51.08. nunha regata marcada polo vento lateral que afectou ás últimas regatas da mañá dificultando aínda máis a estrea dos cadetes de Castrelo.

O RC Náutico de Vigo foi o dominador do campionato ao conseguir un total de 7 ouros, por diante do Club de Remo Tui que conseguiu 5 e da Cabana de Ferrol con 4.

O equipo de remo do Náutico de Castrelo acudirá o próximo fin de semana a Sevilla ao Campionato de España, regata coa que terminará a tempada e na que os máis novos do club tratarán de igualar a actuación da súa compañeira senior Anna Yuchenko que fai uns días proclamouse Campioa de España en skiff feminino.


2 5 / 0 6 / 1 2 

LABRADORES DE SEVILLA, ASTILLLERO DE CANTABRIA E TORTOSA DE CATALUÑA PODIO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CABREIROA QUE REMATOU EN CASTRELO DE MIÑO

- O remo galego da man dos clubs de Tui volveu á elite nacional do remo olímpico, ao obter o ouro (Remo de Miño) e a prata (Remo de Tui).

- En categoría feminina a hispanorusa Anna Yuchenko do Club Náutico Castrelo de Miño logrou o ouro en skiff absoluto feminino

- Andalucía dominadora con 11 ouros, seguida de Cataluña con 8 e de Euskadi, Valencia e Galicia con dúas.

- Moito nivel nos clubs vascos, que situaron a moitos dos seus remeiros no medalleiro.

Labradores de Sevilla logrou onte domingo en Castrelo de Miño (Ourense) o maior galardón en xogo dentro do Campionato de España Cabreiroá de Remo Olímpico. Tras o outtriger a 8 máis temoneiro da capital de Andalucía, situáronse Estaleiro de Cantabria que alcanzaba a prata e o Club de Rem de Tortosa de Cataluña o bronce. A tripulación blaugrana sevillana festexou ao grande o logro da Bandeira de España que distinguiu ao gañador, e que lle foi entregada por Fernando Climent Presidente da Federación Española e por Antonio Vello Relacións Institucionais da Corporación Fillos de Rivera-Cabreiroá.

Domingo espléndido, pero esgotador polas altas temperaturas o vivido onte no incomparable marco de Castrelo de Miño. Ás oito da mañá con puntualidade británica os xuíces comezaban as quendas, que ao final sería en número máis dun centenar, todo un record. As tripulacións de veteranos que restaban por competir facíano nas tres primeiras quendas, para posteriormente facerse ao auga as finais da categoría xuvenil feminino. As primeiras en facelo eras o 4 scull, que supuña para Labradores o seu primeiro ouro, seguido do Maritim da Cidade Condal e outra tripulación catalá: a do Rem de Amposta.

Tras elas ouros para Hondarribia (4 xuvenil masculino), Bañolas (dobre scull), Náutico de Sevilla (2- xuvenil masculino), Guadalquivir 86 de Sevilla (skiff xuvenil masculino), Real Club Náutico de Tarragona (catro sen xuvenil masculino), novamente Labradores (4 scull), Club de Rem de Amposta (Tarragona)(dobre scull xuvenil feminino), o terceiro para Labradores en 2- xuvenil feminino, Tortosa (skiff xuvenil feminino), e para rematar en outtriger 8 de xuvenís masculino impúñase Guadalquivir, seguido de Hondarribia e Club Náutico de Sevilla.

Tras este grupo de quendas que concluía ao fío das once e media a mañá, viña o máis interesante do Campionato, coas competicións senior. Primeiro vitoria de Bañolas en 4x feminino, despois Labradores sumaba o seu cuarto metal dourado en 4 masculino. A estas mangas lle sucedías vitoria de Santurce en en 2x masculino, Tortosa en 2- masculino, Labradores en skiff masculino e en 2 masculino, Tarragona en 4- masculino.

A continuación chegaba a final de 4 scull masculino, na que a proba tiña cor netamente galega, pois o ouro era para o Club de Remo do Miño, e a prata para Remo Tui. Este resultado vén supor unha volta á elite do remo galego, que sumaba estes metais aos da hispanorusa Anna Yuchenko do Club Náutico Castrelo de Miño que se impuña en skiff feminino con claridade. En total os clubs galegos lograban metais por estes tres clubs, así como o Real Club Náutico de Vigo e o Club de Remo San Felipe de Ferrol. Tras a entrada dos espectaculares outtriger a 8 con temoneiro celebrouse nas instalacións do Club Náutico Castrelo de Miño a Cerimonia de Clausura coa asistencia de máis de dúas mil persoas.

MEDALLEIRO

1-LABRADORES, SEVILLA (ANDALUCIA), 7 ouro-0 prata-1 bronce
2-CLUB DE REM TORTOSA, TARRAGONA (CATALUÑA), 2-2-3
3-GUADALQUIVIR 86, SEVILLA (ANDALUCIA), 2-2-1
4-CLUB NAUTIC AMPOSTA, TARRAGONA (CATALUÑA), 2-2-1
5-REAL CLUB DE REGATAS, ALACANTE (VALENCIA), 2-1-3
6-REAL CLUB NAUTIC, TARRAGONA (CATALUÑA), 2-1-0
7-CLUB NATACIO BANYOLES, XIRONA (CATALUÑA), 2-1-0
8-HONDARRIBIA, GUIPUZKOA (EUSKADI), 1-2-1
9-CLUB NAUTICO, SEVILLA (ANDALUCIA), 1-1-3
10-REAL CLUB MEDITERRANEO, MALAGA (ANDALUCIA), 1-1-1
11-CLUB DE REMO DE TUI, PONTEVEDRA (GALICIA), 1-0-1
12-ITSASOKO AMA ARRAUN ELKARTEA SANTURZI, BIZKAIA (EUSKADI), 1-0-1
13-CLUB NAUTICO DE CASTRELO DE MIÑO, OURENSE (GALICIA) 1-0-0
14-REMO TUI, PONTEVEDRA (GALICIA), 0-3-0
15-REIAL CLUB MARTITIM, BARCELONA (CATALUÑA), 0-2-0
16-SOCIEDADE DEPORTIVA ESTALEIRO (CANTABRIA), 0-2-0
17-REMEIROS DO EO, VEGADEO (ASTURIAS), 0-1-1
18-CLUB REMO OLIMPICO ORIO (GUIPUZKOA)(EUSKADI), 0-1-1
19-CLUB DE REMO SAN FELIPE, FERROL (GALICIA), 0-1-1
20-RETIRO 66, MADRID (MADRID), 0-1-0
21-SANTIAGOTARRAK, IRUN (GUIPUZKOA), 0-1-0
22-UR KIROLAK, SAN SEBASTIAN (GUIPUZKOA), 0-0-2
23-REAL CLUB NAUTICO, VIGO (GALICIA), 0-0-1
24-ARRILUCE, GETXO (BIZKAIA)(EUSKADI), 0-0-1
25-CAPRI, MEQUINENZA (ARAGON), 0-0-1
26-CLUB DE REMO SANTOÑA (CANTABRIA), 0-0-1


2 2 / 0 6 / 1 2 

OS FAVORITOS SITÚANSE TRAS A PRIMEIRA XORNADA

- Na primeira quenda clasificatoria celebrada en Castrelo de Miño que abriu o Campionato venceu Estaleiro (Cantabria), seguido de Bañolas (Xirona) e Santiagotarrak de Irún (Euskadi).

- Espectaculares as mangas dos "catro" femininos xuvenís, con vitorias parciais moi claras de Labradores (Sevilla) e Mediterráneo (Málaga). As mulleres catalás foron segundas tras as andaluzas: Amposta (Tarragona) e Maritim (Barcelona).

- En skiff masculino vitoria parcial do Náutico de Vigo, seguido de San Sebastián e Barcelona, mentres que na segunda quenda vencía Sevilla por diante de Tortosa (Tarragona) e San Felipe (Ferrol).

- Hoxe sábado arrinca a xornada coas repescas de skiff feminino ás 09.00, concluíndo o segundo día de competición coa final de outtriger 8 máis temoneiro feminino.


Arranque espectacular nas augas de Castrelo de Miño en plena provincia de Ourense do Campionato de España Cabreiroá de Remo Olímpico, no que están competendo máis de 900 deportistas de 65 clubs de 11 comunidades autónomas. A pesar dos temores do sábado polo forte vento e o ambiente un tanto frío, a primeira xornada gozou dunhas condicións insuperables: vento cero, auga como un prato e altas temperaturas. O lume rompía ás tres e media da tarde coa primeira quenda eliminatoria do skiff feminino, onde cruzaba a liña en primeiro lugar Estaleiro (Cantabria) con 08:45,05, seguido de Bañolas (Xirona) a algo máis de dous segundos e da representación vasca do Santiagotarrak de Irun. Completan a quenda as atletas do Real Club Náutico de Tarragona e do Club Náutico Castrelo de Miño, a hispano-rusa Anna Yuchenko. Hoxe sábado será a segunda xornada de competición con inicio ás nove da mañá e máis de dez horas de programación por diante. As primeiras en facerse ao auga de Castrelo, os skiff femininos que terán a súa quendas de repesca.

Na que era a primeira xornada deste Campionato de España Cabreiroá de Remo Olímpico, destacaron nas quendas que compuxeron inicialmente o planning, as reservadas ás mulleres xuvenís que competiron nos catro. As tripulacións vencedoras nas dúas mangas celebradas eran en ambos os casos andaluzas: Labradores de Sevilla e Mediterráneo de Málaga, iso si con mellor tempo para as sevillanas 07:32, 84 por 07:35,66 das malagueñas. Tras elas situáronse nas dúas segundas prazas Amposta de Tarragona e Maritim de Barcelona, mentres que os bronces teóricos eran para as vascas de Ur Kirolak e as galegas de San Felipe de Ferrol. Completaron as clasificacións parciais Real Club de Regatas de Alacante, Hondarribia e Capri de Mequinenza-Aragón.

Tamén os xuvenís masculinos iniciaban a súa competición tamén en ?catros?. Aquí as dúas quendas saldábanse con primeiros lugares de Tarragona (06:56,60) e Málaga (07:03,29), mentres que as pratas eran para Hondarribia e Guadalquivir 86 de Sevilla. Tamén en categoría xuvenil, pero en dobre scull, impúñanse os asturianos do Corvera, os vascos de Itsasokoama e o Real Club de Regatas de Alacante. As segundas prazas foron ocupadas por Bañolas, Retiro 66 de Madrid e Málaga. Como se pode ver moitísima diversidade nos resultados.

En skiff feminino os mellores tempos para Estaleiro, Tortosa, Bañolas e Labradores de Sevilla, mentres que o masculino o Náutico de Vigo lograba a súa primeira vitoria nunha quenda, por diante de San Sebastián e Barcelona. Completaron os mellores cronos: Náutico de Sevilla e San Felipe de Ferrol. Na terceira quenda desta especialidade gañaba Tortosa de Cataluña, seguido de Getxo-Biscaia, Alacante, Marín e Tuy. Inicio pois do Campionato de España Cabreiroá de Remo Olímpico en Castrelo de Miño, que soamente fixo comezar. O máis forte falta por chegar.


2 1 / 0 6 / 1 2 

MARITIM DE BARCELONA O PRIMEIRO CLUB EN CHEGAR A CASTRELO

- Os cataláns foron os primeiros en chegar ao Encoro de Castrelo na mañá de onte mércores e xa pola tarde adestraban en augas ourensás, tras pasar os seus cascos o control de desinfección que realiza a Confederación Hidrográfica para previr posibles pragas

- A hispanorusa Anna Yuchenko que acaba de obter a nacionalidade española e ten a súa residencia en Ribadavia, a máxima esperanza feminina do remo galego xunto con Nuria Domínguez. Anna competirá polo Club Náutico Castrelo de Miño e Nuria polo Club Remo de Tui.

- Hoxe xoves son esperadas a maioría de clubs que en número de 65 xa confirmaron a súa presenza en Castrelo e que representarán a Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Aragón, Cataluña, Valencia, Andalucía e Madrid. Os aragoneses tamén competirán co Club Helios de Zaragoza e o Capri de Mequinenza.

O Reial Club Maritim de Barcelona foi o máis madrugador en chegar a Castrelo de Miño, onde na tarde de onte mércores xa adestraba nas augas do seu espectacular encoro, unha vez os cascos dos seus botes eran desinfectados polo control da Confederación Hidrográfica do Miño para evitar a propagación de pragas neste Campionato de España Cabreiroá de Remo Olímpico, que comezará mañá venres ao fío das tres e media da tarde, coas quendas de skiff sub-23 feminino.

En Castrelo xa comeza a respirarse o ambiente propio dun evento destas características, no que xa están inscritos nada menos que 65 clubs de practicamente toda España. Os últimos os aragones que terán en competición a botes do Club Helios de Zaragoza e do Capri de Mequinenza. Aragón sumar pois a longo prazo lista de comunidades autónomas con representación nesta Cabreiroá de Remo Olímpico a Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Madrid, Cataluña, Valencia e Andalucía. As representacións máis fortes a priori son as de cataláns e andaluces, que parten de favoritos en gran parte das categorías.

A cita ourensá reunirá a uns oito centenares de atletas que estarán en competición ata o domingo á unha e media da tarde, hora en que está prevista a Cerimonia de Clausura. A expedición de Barcelona que como diciamos xa está en Castrelo conta cun total doce botes, sendo moi importante pero inferior en canto a número de deportistas á do Labradores de Sevilla que como sucede nos últimos anos é a máis potente.

Por Galicia a noticia estaba onte na remeira de elite Anna Yuchenko que obtiña recentemente a nacionalidade española e que fixou a súa residencia na localidade ourensena de Ribadavia. Por vez primeira a excelente deportista competirá oficialmente nun Campionato de España polo seu Club, que é nesta ocasión o anfitrión, o Club Náutico Castrelo de Miño. Anna xunto con Nuria Domínguez (que compite polo pontevedrés Club de Remo Tui) estivo a piques de obter o pasaporte para Londres na repesca na que quedaron terceiras. Agora en Castrelo Anna e Nuria serán rivais na categoría skiff senior feminino, o que será todo un espectáculo.


2 0 / 0 6 / 1 2 

HORARIO PROVISIONAL [117 KB]

CUADRO DE PARTICIAPACIÓN [107 KB]

NORMATIVA [131 KB]

PLANO ZONAS PARQUE NÁUTICO

PROTOCOLO DESINFECCIÓN DE BARCOS [22 KB]


1 8 / 0 6 / 1 2 

CASTRELO DE MIÑO ACOLLE O CAMPIONATO DE ESPAÑA CABREIROÁ DE REMO OLÍMPICO

- Participan preto dun milleiro de deportistas e técnicos das categorías senior masculino, feminino, máster, xuvenil e Sub-23.
- As mangas celebraranse desde o venres 22 ao domingo 24.
- O evento foi presentado oficialmente no Centro Cultural da Deputación de Ourense, nun acto presidido por Manuel Baltar.


Preto dun milleiro de deportistas e técnicos pertencentes a 70 clubs e procedentes de polo menos dez comunidades autónomas, participarán desde o venres 22 de xuño e ata o domingo 24 no Campionato de España Cabreiroá de Remo Olímpico que se celebrará no encoro de Castrelo de Miño (Ourense).

Este acontecemento deportivo presentouse hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense nun acto presidido polo titular deste organismo provincial, Manuel Baltar e contou coa presenza do Alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez, así como de representantes da Federación Española e Galega de Remo, do Real Club Náutico de Vigo e do Club Náutico Castrelo de Miño. Tamén asistiron ao acto os principais patrocinadores deste evento, Antonio Viejo Puga, responsable de Relacións Institucionais da Corporación Hijos de Rivera e María Troncoso e Fernando Freire, de Begano-Coca Cola.

Tanto o Presidente do Comité Organizador, José Prada, como o Secretario Xeral Manuel Pedro Seoane, agradeceron a Gas Natural Fenosa, o seu apoio a Castrelo de Miño ao ceder as instalacións para a celebración deste importante evento, manter o nivel da auga óptimo, así como contribuír a acondicionar a pista. En total estarán seis rúas en funcionamento, aínda cando o anhelo do remo galego é acometer a reforma que necesita Castrelo, para que poida competir en igualdade de condicións con cataláns (Bañolas) e andaluces (Sevilla).

Nas probas participarán preto dun milleiro de atletas e técnicos, en categorías que van desde os xuvenís e Sub-23, ata os veteranos, pasando polos seniors masculino e feminino. Os clubs cataláns e andaluces aparecen como grandes favoritos. O Natació de Bañolas de Xirona, xunto co Real Club Maritim de Barcelona, o Náutico de Tarragona e o Náutico de Amposta, son os máis fortes de Cataluña. Pola súa banda o Labradores de Sevilla, o Club de Remo Guadalquivir, o Náutico de Sevilla e o Mediterráneo de Málaga son os máximos candidatos de Andalucía.

Resalta tamén a fortaleza do remo valenciano, cántabro e asturiano, pero en menor medida que as dúas comunidades citadas. O Náutico de Torrevieja e o Club de Regatas de Alacante son os senlleiros na Comunidade Valencia, mentres que Astillero e Santoña o son por Cantabria. Asturias presenta a importantes clubs como os Remeiros do Eo e Corvera de Avilés.

No que respecta a Galicia, o Real Club Náutico de Vigo, o Club de Remo do Miño, o Club de Remo de Tui e o Club de Regatas de Perillo xa anunciaron a súa participación. Completan a lista de participantes os clubs do País Vasco, Navarra, Madrid e Murcia, entre outras comunidades.

A Reunión de Delegados terá lugar en Castrelo o venres ás doce da mañá, e aquí pódese dicir que se iniciará este Campionato de España Cabreiroá, aínda cando a competición propiamente dita será ás catro da tarde do venres, desenvolvéndose a mesma ata as nove da noite. Na segunda xornada, o sábado, as probas terán lugar entre as 09.00 e as 13.00, sendo pola tarde de 17.00 a 21.00. Xa o domingo, a xornada transcorrerá entre as 08.30 ás 13.00, horas previstas para celebrar a Cerimonia de Clausura.


2 1 / 0 5 / 1 2 

MEDALLA DE OURO PARA JOEL FERNÁNDEZ E LUCAS HERMIDA NA COPA PRIMAVERA DE REMO E ANNA YUCHENKO PASA Á FINAL DO PREOLIMPICO DE LUCERNA

- Lucas e Joel cumpriron as expectativas e sacaron máis de 2 segundos á tripulación do Náutico de Sevilla e 3 aos anfitrións do Club Grupo Corvera.
- É a primeira medalla nunha regata nacional para as categorías inferiores do equipo de remo do Náutico de Castrelo.
- O dobre scull de Anna Yuchenko e Nuria Domínguez foi o único bote español que conseguiu pasar directamente á final da clasificatoria olímpica de Lucerna.

A xornada deste domingo non puido ser mellor para o Club Náutico de Castrelo de Miño xa que por unha banda os máis pequenos do club conseguían por primeira vez unha medalla de ouro na regata nacional máis importante tras o Campionato de España, Copa Primavera, e doutra banda a deportista de máis alto nivel do club Anna Yuchenko conseguía o pase directo para a final da regata clasificatoria olímpica de Lucerna.

A Copa Primavera alcanzaba a 20ª edición disputándose como vén sendo tradición no encoro asturiano de Santa Cruz de Trasona e o Club Náutico de Castrelo acudiu á cita co seu dobre Skull alevín formado por Lucas Hermida e Joel Fernández. O sábado pola mañá non puideron clasificarse directamente para a final xa que durante a disputa da eliminatoria sufriron unha rotura da tablilla na que ían fixadas as zapatillas de Lucas impedíndolle impulsarse coas pernas nos metros finais polo que o Náutico de Sevilla superáballes por 4 milésimas obrigándoos a ir á repesca da tarde na que se imporían sen problemas a pesar da intensa choiva que caeu durante a súa disputa. O domingo as cousas cambiaron e xa co seu barco a punto e lucindo o sol realizaron unha gran final conseguindo a vitoria claramente cun tempo de 2:04.00, por detrás deixaban ao Náutico de Sevilla que entrou en 2º lugar con 2:06.18 e ao Club Grupo Corvera 3º con 2:07.43. Ademais do CN Castrelo o RCN de Vigo foi o único club galego que conseguiu tamén medallas xa que obtivo a prata en 1x infantil masculino con Junay Lois e o bronce en 1x alevín con Javier Rodríguez.

Esta medalla de ouro supón un gran paso na historia do Club Náutico de Castrelo xa que o mellor posto ata agora para as categorías inferiores do club era o 4º conseguido en varias ocasións por Lucas Tabares-Costa e Adrián Hermida. A senda marcada por Anna Yuchenko que conseguía a primeira medalla nacional para o equipo o pasado 25 de Marzo na Regata Open de Banyoles na que foi 2ª é seguida polos máis novos do club que continúan agora a súa preparación para os campionatos Galegos e de España que terán lugar en xuño e Xullo.

Mentres, Anna atópase por fin ante a súa gran cita tras un duro proceso para a súa nacionalización. Mañá disputará a final da Regata Clasficatoria Olímpica no dobre skull absoluto que forma coa veterana Nuria Domínguez, tras conseguir onte o pase directo á Final Á o quedar segundas na súa eliminatoria. As primeiras foron as representantes de Estados Unidos que son as favoritas para a vitoria polo que na final pelexarán por unha das dúas prazas dispoñibles para os Xogos de Londres contra Estados Unidos, as vencedoras da outra eliminatoria Holanda e Grecia e dúas tripulacións máis que sairán da repesca de hoxe, presumiblemente Italia e Dinamarca.

O bote de Anna e Nuria foi o único dos españois en conseguir a clasificación directa polo que o resto disputarán hoxe as repescas en busca de praza nas finais. Entre eles están os galegos Jesús González (marido de Nuria Domínguez) que rema no 4 sen temoneiro absoluto e Juan Zunzunegui que o fará no 4 sen lixeiro. Ambos contan xa cunha dilatada traxectoria habendo participado en anteriores citas olímpicas do mesmo xeito que Nuria, polo que tratarán de facer valer a súa experiencia.


F O T O S   X X   C O P A   P R I M A V E R A 


1 5 / 0 5 / 1 2 

O CN CASTRELO DE MIÑO ELIXE OS PREMIADOS DO SEU I CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO

- Dada a calidade e cantidade de traballos presentados o Xurado decidiu aumentar os premios e conceder 3 por categoría.
- Na categoría de 7 a 10 anos a gañadora foi Antía Estevez Janeiro do Colexio Virxe de Guadalupe de Avión co debuxo “Competición no Atlántico”.
- Na categoría de 11 a 14 anos levou o primeiro premio Lucas Hermida Pena do Colexio de Castrelo de Miño co debuxo “Remando a toda Vela”.
- Concedéronse un 2º e 3º premio para cada categoría ademais de 2 reservas por se algún dos premiados non puidese optar ao premio.

A semana pasada reuníase o xurado do “I CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO” convocado polo Club Náutico Castrelo de Miño tras ter que ampliar o prazo de presentación de solicitudes ante a petición dun dos centros educativos con maior participación. Ao final presentáronse máis de 80 debuxos ao concurso que fixeron moi difícil a elección do Xurado. Había previstos 2 premios para cada unha das categorías existentes pero ante a calidade dos traballos, o xurado decidiu finalmente dar tres premios en cada categoría, ademais de nomear 2 reservas por se algún dos premiados non puidese acceder ao premio. Os traballos premiados son os seguintes:

Categoría 7 a 10 anos:
1º. “Competición no Atlantico” de Antía Estevez Janeiro. CEIP Virxe de Guadalupe de Avión.
2º. “Descenso de remo” de Ignacio Medina de Francisco. CPI Tomás de Lemos de Ribadavia.
3º. “Os Barcos do río Miño” de Miriam Casas Barba. CEIP Pena Corneira de Carballeda de Avia.

4º. RESERVA: “A competición de vela nas augas de Canarias” de Yasmina Mehovic Cendón. CEIP Virxe de Guadalupe de Avión.
5º. RESERVA: “Castrelo deportes de auga” de Cristina Bahamonde Dabarca. CPI Tomás de Lemos de Ribadavia.

Categoría 11 a 14 anos:
1º. “Remando a toda Vela” de Lucas Hermida Pena. CEIP Castrelo de Miño.
2º. “Castrelo de Miño” de Laura González Carreiro. CPI Tomás de Lemos de Ribadavia.
3º. “E ti vas participar non concurso con ese barco” de Jacobo García Martínez. CPI Tomás de Lemos de Ribadavia.

4º. RESERVA: “A vela do pais” de Verónica Francisco Domínguez. CEIP Virxe de Guadalupe de Avión.
5º. RESERVA: “Regata en Castrelo” de Braian Deaño Vázquez. CPI Tomás de Lemos de Ribadavia.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro martes 22 de Maio ás 6 da tarde nas instalacións do Club Náutico Castrelo de Miño. Os premiados levarán bolsas para realizar cursos de vela e remo durante este verán ademais dun pequeno obsequio do club. Desde o Club Náutico Castrelo de Miño queremos agradecer a todos os centros educativos participantes o seu interese e colaboración con esta iniciativa.


D E B U X O S   P R E M I A D O S 


0 8 / 0 5 / 1 2 

SIMÓN FERNÁNDEZ 24º NA COPA IBÉRICA DE FÓRMULA WINDSURF E O CN CASTRELO DE MIÑO 11º NO RANKING DE CLUBS DA FEDERACIÓN GALEGA DE VELA 2011

- O windsurfista do CN Castrelo de Miño Simón Fernández participou durante a ponte do 1 de Maio na Copa Ibérica de Formula Windsurf disputada no encoro luso de Monsaraz.
- Conseguiu un destacado 24º posto entre os mellores do panorama internacional.
- Doutra banda a Federación Galega de Vela celebrou a súa Asemblea Xeral na que se deu a coñecer o ranking de clubs segundo a actividade desenvolvida en 2011, no que o CN Castrelo de Miño ocupou o 11º lugar.

O pasado 27 de Abril a Federación Galega de Vela celebrou en Santiago a súa Asemblea Xeral na que se deron a coñecer os datos da tempada 2011 e o ranking de clubs tras valorar a actividade desenvolvida polos mesmos. O Club Náutico Castrelo de Miño ocupou o 11º lugar de entre os 84 clubs federados de Galicia, a mellor posición na historia do club o que pon de manifesto o gran traballo realizado durante 2011 que permitiu que se sitúe por diante de clubs tan importantes como o C.N. de Cangas, o C.N. Punta Lagoa de Vigo ou o L.M. de Bouzas, ademais de ser o único club de augas interiores de Galicia. Para a elaboración deste ranking téñense en conta o nº de licenzas federativas, a organización de regatas oficiais, os desprazamentos realizados para participar en adestramentos ou regatas oficiais e a homologación da escola de vela.

Este posto vén demostrar o volume de actividade desenvolvida en vela polo club a nivel formativo e competitivo, ademais de contar con outra sección de remo que aínda que con menor volume de participantes está conseguindo grandes éxitos coa remeira internacional Anna Yuchenko á cabeza.

A sección de windsurf do club Ribeirao contribuíu en gran parte a alcanzar esta posición no ranking da FGV grazas ao traballo de Simón Fernández que ademais de competir exerce tamén como adestrador do club. Simón segue cultivando éxitos nesta tempada e a pasada ponte do 1 de Maio desprazouse xunto cos mellores windsurfistas galegos ao encoro luso de Monsaraz para participar na Copa Ibérica de Fórmula Windsurf na que obtivo tras 4 días de competición o 24º posto, sendo o 14º español.


2 8 / 0 4 / 1 2 

O CONSELLO DE MINISTROS APROBA POR REAL DECRETO A CONCESIÓN DA NACIONALIDADE ESPAÑOLA A ANNA YUCHENKO

- Na tarde de onte venres publicábase a referencia do último Consello de Ministros na que se aprobou a concesión da nacionalidade española a Anna Yuchenko e ao xogador de balonmán Laszló Zoltán Nagy.
- A concesión da nacionalidade fíxose polo procedemento de carta de natureza.
- O último paso para Anna será xurar ou prometer fidelidade ao Rei e obediencia á Constitución e ás Leis, renunciando á súa anterior nacionalidade.
- Yuchenko poderá participar así no preolímpico de Lucerna clasificatorio para os Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Na tarde de onte por fin chegaba a noticia tan esperada polo Club Náutico Castrelo de Miño e logo dunha longa loita, o goberno aprobara no Consello de Ministros a concesión da nacionalidade española a Anna Yuchenko. O expediente de nacionalización tramitouse pola vía de carta de natureza que segundo se explica na propia referencia do Consello de Ministros é outorgada discrecionalmente por Real Decreto, cando no interesado concorran circunstancias excepcionais e logo de tramitar un expediente para cada caso particular, como ocorreu nos que resolveu onte o Goberno.

Esta é a vía utilizada para os deportistas de elite e a única viable para chegar a tempo de que Anna participase na Regata Clasificatoria Final para os Xogos de Londres. Agora só queda que Anna xure ou prometa fidelidade ao Rei e obediencia á Constitución e ás Leis, renunciando á súa anterior nacionalidade, feito que se producirá nos próximos días. O preolímpico terá lugar no Lago Rotsee de Lucerna os próximos días 20, 21, 22 e 23 de Maio e alí o 2x formado por Nuria Domínguez e Anna Yuchenko deberá pelexar por unha das 2 prazas que quedan dispoñibles nesta modalidade. Xunto a elas acudirán o resto de tripulacións do equipo español que tamén deben de buscar a clasificación para Londres xa que aínda non hai ningún bote clasificado.

A concesión da nacionalidade a Anna supón un impulso para o remo español que contará así cunha tripulación máis con opcións de poder clasificarse para os Xogos Olímpicos de Londres ademais de gañar unha deportista de alto nivel para o futuro. O apoio recibido polo Director Técnico do a Federación Española de Remo Julen Erauzkin e polo seu presidente Fernando Climent, que apostaron pola formación do 2x xunto con Nuria Domínguez resultou fundamental para que o proceso de nacionalización finalice con éxito. Desde o Club Náutico Castrelo non podemos máis que agradecer a todos responsables deportivos e políticos que interviñeron no proceso o seu traballo e apoio para que Anna conseguise a nacionalidade. ¡ Grazas a todos e sorte a Anna !


2 4 / 0 4 / 1 2 

VITORIA PARA JOEL FERNÁNDEZ E LUCAS HERMIDA NA REGATA INTERNACIONAL DE REMO “PONTE DA AMIZADE”

- O dobre scull alevín do Náutico de Castrelo venceu con autoridade.
- Adrián Hermida foi cuarto en skiff cadete.
- O dobre scull cadete de Lucas Tabares e Borja Desaá non conseguiu pasar á final.

O pasado domingo tivo lugar en Vila Nova de Cerveira a 7ª Regata Internacional Ponte da Amizade na que participaron case 500 remeiros alevíns, infantís e cadetes de 12 clubs de Portugal e 8 españois. Pola mañá disputáronse as mangas eliminatorias e pola tarde as finais nun campo de regatas de 750 m. entre a “Ponte da Amizade” e o peirao do porto deportivo.

O Club Náutico Castrelo de Miño acudiu por cuarto ano consecutivo e esta cita e levou un ouro no dobre Skull alevín a cargo de Lucas Hermida e Joel Fernández. Dominaron a final desde o principio e non puideron facerlle sombra nin Viana nin Corvera que foron 2º e 3º a uns 10 segundos de distancia. Lucas e Joel céntranse agora na preparación de Copa Primavera que se disputará os días 19 e 20 de Maio no encoro de Trasona (Asturias), regata na que tratarán de subir ao podio e valorar as súas posibilidades de face ao Campionato de España na que é a súa última tempada na categoría alevín.

Adrián Hermida era o outro candidato a medalla en skiff cadete pero se tivo que conformar co 4º posto nunha final moi dura con corrente en contra ao coincidir coa subida da marea e con rivais moi fortes como o vencedor Sergio Martims de Sport Club do Porto. O 2º lugar foi para Alvaro Branco do RCN de Vigo e o 3º para Roberto Álvarez do Miño de Tui que superou a Adrián na 2º metade da regata.

Pola súa banda o dobre scull cadete de Lucas Tabares e Borja Desaá quedaba en 3º lugar na súa eliminatoria non podendo clasificarse para a final da tarde xa que soamente pasaban os 2 primeiros. Foron superados a AA de Coimbra e o Ximnasio Club Figueirense sendo os académicos os vencedores na final.


2 0 / 0 4 / 1 2 

ESTELAS IMPARTIRÁ EN CASTRELO DE MIÑO O CURSO DE PNB A PARTIR DO 23 DE MAIO

- A presentación será o 23 de maio ás 20:00 h. na aula do albergue municipal de Castrelo de Miño.
- As clases teóricas serán os mércores pola tarde durante aproximandamente un mes.
- O exame teórico realizarase en Vigo e os que aproben realizarán posteriormente as prácticas obligatorias.
- Os socios do Club Náutico teñen un desconto dun 10 %.

MAS INFORMACIÓN EN:

ESTELAS: 988 22 22 66 - 609834414, www.estelas.net e www.quieroserpatron.com

CLUB NÁUTICO CASTRELO DE MIÑO: 988 49 31 14 - 676 484 150


1 6 / 0 4 / 1 2 

MEDALLA DE PRATA PARA ANNA YUCHENKO E NURIA DOMÍNGUEZ NO MEMORIAL PAOLO D´ALOJA DE REMO

- Primeira medalla para Anna en 2x xunto a Nuria Domínguez competindo coa selección española.
- Anna puido participar nesta regata co equipo nacional ao tratarse dunha regata “open” a pesar de non ter aínda a nacionalidade.
- Queda 1 mes para a regata clasificatoria final para Londres 2012 que se disputará en Lucerna e Anna aínda non ten a nacionalidade.

Anna Yuchenko e Nuria Domínguez demostraron un bo nivel nesta cita internacional e confirman así o acerto na aposta realizada pola Dirección Técnica da Federación Española de Remo para que formen un 2x que acuda á clasificatoria olímpica con opcións. Na final do sábado conseguiron a medalla de prata cun tempo de 7:04.95 a pouco máis de 2 segundos da tripulación italiana formada por Laura Schiavone e Giada Colombo. O tempo realizado confirma ademais o seu bo nivel que fai pensar nalgunha opción na Regata de Lucerna do próximo mes, no caso de que poidan participar xa que a Anna aínda non se lle concedeu a nacionalidade.

O domingo participaron noutra regata que se disputou paralelamente co Memorial Paolo D´Aloja para completar o programa do fin de semana na que finalizaron en 5º posto nunhas condicións de vento en contra que xunto ao cansazo acumulado do sábado relegounas a ese posto. O equipo español conseguiu en total 9 medallas (2 ouros, 6 pratas e 1 bronce) o que lle permitiu alcanzar o 3º posto no medalleiro por países por detrás de Italia e Francia.

Anna e Nuria fixeron o que está nas súas mans que é remar e demostraron o seu potencial pero agora é a quenda dos responsables deportivos e políticos que terán que decidir se se tramita dunha vez a nacionalidade de Anna ou deciden desperdiciar esta oportunidade, tirando pola borda o traballo e sacrificio destas deportistas.

Polo momento ambas regresaron a casa onde terán unha semana de adestramento de axuste para logo volver afrontar unha nova concentración no CEAR da Cartuxa de Sevilla na que xa realizarían a posta a punto para Lucerna se todo vai segundo o esperado.


0 3 / 0 4 / 1 2 

XA ESTÁ Á VENDA O NOVO POLO DO CLUB COA GRÍMPOLA BORDADA

- Dispomos dun modelo para moza en cor laranxa e outro para mozo en branco.
- O de moza leva o bordado da grímpola no peito e o de mozo na manga.
- O seu prezo é de 22 euros para os socios e 27 euros para o resto.

O noso club decidiu realizar unhas pezas de calidade como son estes exclusivos polos náuticos co bordado da grímpola do club xa que era unha peza moi demandada polos socios e visitantes. Hai tallas desde M ata XXL no modelo de mozo e desde M ata XL no de moza.

Pódense ver e adquirir nas oficinas do club aínda que a continuación pomos unhas fotos. Tamén se poden reservar por e-mail en info@clubnauticocastrelo.es ou por teléfono en 988 493 114 - 676484150.



0 1 / 0 4 / 1 2 

MÁIS DE 80 REMEIROS DO CLUB INGLÉS THAMES ESTARÁN CONCENTRADOS EN CASTRELO DE MIÑO DURANTE SEMANA SANTA

- A expedición chegou a Castrelo o sábado pola noite e xa iniciaron os seus adestramentos que se prolongarán ata o 9 de abril.
- O Club Náutico Castrelo de Miño facilitoulle a contratación de todos os servizos necesarios para a súa estancia.
- O club inglés repite a súa concentración en Castrelo de Miño dadas as características da pista de remo e das instalacións.

O prestixioso club de remo londinense do Thames elixiu por segundo ano consecutivo as instalacións de Castrelo de Miño para realizar a súa tradicional concentración de Semana Santa. Nesta ocasión a expedición é aínda máis numerosa que a do ano anterior alcanzando a cifra de 90 persoas entre deportistas, adestradores e directivos. Hai que destacar que máis da metade da expedición correspóndese ao equipo de mozas xa que se trata dun dos mellores clubs de remo feminino de Londres.

As características do lugar son moi apreciadas polos membros do club inglés xa que poden gozar dun lugar tranquilo, lonxe das masificacións doutras pistas como a de Sevilla á que acudiran en anos anteriores, e cunhas condicións magnificas para o remo ao poder contar con pista olímpica de 2.000 m. ademais duns 10 km. de rio navegable para adestramentos de longa distancia o que resulta ideal para a súa preparación. Ademais o Club Náutico Castrelo de Miño facilitoulle a contratación de todos os servizos necesarios como o aloxamento, a manutención, os traslados, aluguer de lanchas... e acondicionou a pista de regatas e balizou o rio varios quilómetros para que poidan navegar por el sen perigo.

A maioría da expedición atópase aloxada no albergue municipal situado no propio Parque Náutico de Castrelo e os demais repártense en varias casas rurais da comarca, pero o programa de adestramentos non lles deixa moito tempo libre para o turismo xa que a partir das 7 da mañá realizan o almorzo para realizar unha primeira sesión de adestramento matinal. Algúns días realizan unha segunda sesión entre as 11 e as 12 do mediodía e pola tarde outra máis. Dada a cantidade de deportistas e de sesións de adestramento o Concello de Castrelo de Miño puxo á súa disposición os vestiarios das piscinas municipais do mesmo xeito que se fai na competicións para que poidan dispor dun mellor servizo.

O club londinense trouxo por estrada dous remolques cargados de embarcacións de adestramento e competición que xa ocupan parte do Parque Náutico, aínda que o Club Náutico de Castrelo dálle cabida no seu hangar aos mellores botes cos que se preparan para participar na Henley Royal Regatta, que é a regata de clubs máis prestixiosa do Reino Unido e que terá lugar no mes de Xullo.


2 6 / 0 3 / 1 2 

ANNA YUCHENKO CONSEGUE A MEDALLA DE PRATA NA REGATA OPEN DE ACCESO Ó EQUIPO NACIONAL

- Primeira medalla oficial para Anna en skiff competindo polo club Náutico Castrelo de Miño.
- A vitoria foi para Nuria Domínguez que marcou 7:56.24 polos 8:05.55 de Anna. O terceiro posto foi para Mª Teresa Mais con 8:07.96
- Tras a regata Anna trasladouse directamente para o CEAR da Cartuxa en Sevilla xunto con Nuria Domínguez para continuar a súa preparación en 2x.

Gran alegría para o Club Náutico Castrelo de Miño con esta primeira medalla oficial de Yuchenko tras ano e medio de adestramento no club. Yuchenko cumpriu as expectativas conseguindo o 2º posto tras Nuria Domínguez. Ambas demostraron que son as dúas mellores remeiras coas que conta España neste momento polo que o máis probable é que continúen a súa preparación xuntas formando un 2x que poida competir nas próximas citas internacionais. O venres Yuchenko superou as eliminatorias sen problemas gañando a súa serie cun tempo de 8:13 que lle permitiu pasar directamente a semifinais. O sábado pola tarde en semifinais xa tivo que medirse a Nuria Domínguez que lle sacou 6 segundos a pesar de que Anna realizou a súa mellor marca da tempada con 8:03. O domingo na final repetiuse o guión e cuns tempos moi similares quedaban 1ª e 2ª por diante de Mª Teresa Mais de Xaxars.

En Banyoles participaron máis de 230 deportistas de 46 clubs de toda España desde categoría cadete ata a absoluta coa intención de ser seleccionados polo Director Técnico da Federación Española Julen Erauzkin. O propio Erauzkin xa convocara a Anna con anterioridade a esta regata para valorar a formación dun 2x con Nuria Domínguez e os resultados confirmaron esta opción polo que as dúas desprazáronse desde Banyoles ao CEAR de Sevilla para continuar a súa preparación xunto co resto de membros do equipo nacional. Anna puido participar en skiff na Regata Open de acceso ao equipo Nacional grazas á autorización do Comité Técnico da Federación Española de Remo e non defraudou así que só falta que lle concedan a nacionalidade española.

A primeira regata internacional na que xa podería competir Anna xunto con Nuria é o Memorial Paolo D`aloja, que terá lugar na localidade italiana de Piediluco do 13 ao 15 de abril e na que poderían valorar as súas posibilidades a nivel internacional e de face á clasificatoria final olímpica que se disputará do 20 ao 24 de maio no lago Rotsee de Lucerna.


2 3 / 0 3 / 1 2 

ANNA YUCHENKO PARTICIPA ESTE FIN DE SEMANA NA REGATA OPEN PARA O EQUIPO NACIONAL

- A Open Nacional dispútase no Lago de Banyoles (Xirona) e servirá para seleccionar aos que acudirán ás próximas regatas internacionais coa selección española.
- O Comité Técnico da Federación Española autorizou a Anna Yuchenko para participar en 1x nesta regata xa que a súa nacionalización está moi próxima.
- Anna participou nas últimas concentracións do equipo nacional adestrando en 2x xunto a Nuria Domínguez co obxectivo de participar na Regata Final de Clasificación Olímpica de Lucerna que terá lugar en maio.

Anna Yuchenko poderá participar en skiff na Regata Open de acceso ao equipo Nacional grazas á autorización do Comité Técnico da Federación Española de Remo xa que as últimas xestións realizadas permitiron acelerar o proceso de nacionalización e todo parece indicar que pronto poderá competir con España. De feito e aínda que depende dos resultados deste fin de semana a intención da Federación Española é que xa participe no 2x con Nuria Domínguez no Memorial Paolo D`aloja, regata internacional que terá lugar en Italia a mediados do mes de abril.

Nesta regata open só se permite competir en 1x ás mozas e en 1x e 2 sen temoneiro aos mozos xa que o obxectivo é valorar a capacidade individual de cada remeiro. Na modalidade de remo en punta como non se pode remar só e cun só remo o bote mais curto é o 2 sen temoneiro, pero aínda non se inclúe no programa olímpico para as mozas asi que estas só teñen a opción de participar en skiff. As finais terán lugar o domingo pola mañá e se todo vai ben Anna debería estar entre as mellores.

Anna estivo desde o pasado día 14 de marzo e ata onte en Sevilla concentrada con equipo nacional e adestrado no 2x e agora terá que competir en 1x na regata de Banyoles. Se os resultados son os esperados Anna regresaría directamente a Sevilla para continuar a preparación con Nuria Domínguez ata a regata de Italia onde poderán valorar as súas posibilidades a nivel internacional e de face á clasificatoria final olímpica que será do 20 ao 24 de maio no lago Rotsee de Lucerna.

Deste xeito Anna comeza a ver a luz tras un longo proceso desde que casase fai máis de dous anos e tas 1 ano e medio adestrando a diario sen poder competir en skiff. Se todo vai ben poderemos vela competir en Castrelo de Miño defendendo as cores do club no Cto. de España Absoluto do mes de xuño.


0 8 / 0 3 / 1 2 

ANNA YUCHENKO E ADRIÁN HERMIDA ACODEN ESTE FIN DE SEMANA AO TROFEO XXIV COPA SM O REI COA SELECCIÓN GALEGA DE REMO

- A XXIV Copa SM O Rei terá lugar no Lago de Banyoles (Xirona) durante o sábado e domingo.
- O Director Técnico da Federación Galega seleccionou a Anna Yuchenko para remar en 4x absoluto e a Adrián Hermida en 2x cadete.
- A Selección Galega participará en 14 das 19 modalidades que hai sendo a 3ª autonomía en número de participantes tras Cataluña e Andalucía.

Dous deportistas do Club Náutico Castrelo de Miño terán a oportunidade de participar coa Selección Galega de Remo no Trofeo XXIV Copa SM O Rei, Anna Yuchenko que xa o fixo o ano pasado obtendo o 2º posto en 4x absoluto e Adrián Hermida que o fará por primeira vez ao entrar este ano na categoría cadete. Anna volverá remar en 4x xa que polo momento é a única modalidade na que pode facelo mentres non obtén a nacionalidade española e Adrián Hermida remará en 2x cadete, modalidade na que o ano pasado cando era infantil obtivo o 4º posto no Cto. de España.

O 4x de Anna tratará desquitarse da derrota sufrida o ano pasado en Castrelo de Miño ante as catalás que venceron con facilidade ao lesionarse unha das mozas galegas durante a final. Este ano as galegas tratarán devolverlles a moeda na súa casa, nesta ocasión acompañarán a Anna na tarefa as tudenses Esmeralda Santos e Marta Cochón e a esteirana Uxia Saborido. Nesta modalidade disputarán unha final directa que terá lugar o domingo ás 12 do mediodía.

Máis difícil terao Adrián no 2x cadete que forma xunto co vigués Xacobe Lorenzo, pero tratarán de subir ao podio igualmente. Serán os primeiros en competir comezando o sábado ás 10 da mañá cunha regata para coller rúa na final que terá lugar o domingo á mesma hora.

A expedición galega dirixida por Luciano Moldovan é a 3ª máis numerosa e tratará de facer fronte á anfitrioa e principal favorita Cataluña así como a Andalucía. O ano pasado a Selección Galega logrou o terceiro posto tras estas dúas autonomías pero este ano a escaseza de remeiros en categoría xuvenil pode facerlle perder puntos valiosos de face á clasificación final.


1 6 / 0 2 / 1 2 

O EQUIPO DE OPTIMIST DO CLUB NÁUTICO CASTRELO ACODE ESTE FIN DE SEMANA AO CTO. GALEGO CON 4 REGATISTAS

- O Cto. Galego de Optimist terá lugar en Ribeira durante o sábado, domingo e luns.
- Ademais Anna Yuchenko e Adrián Hermida foron convocados para a 1º concentración da selección galega de remo con vistas a preparar o Cto. de España de Seleccións Autonómicas.


Chega unha das citas máis importantes para o equipo de vela do Club Náutico Castrelo de Miño, trátase do Campionato Galego Individual da clase infantil Optimist ao que acudirán 4 regatistas do club ribeirao coa intención de mellorar os resultados da tempada pasada, trátase de Paz Mª Álvarez, Agueda Reyes, Alejandro Fernández e Lucas Hermida. Aínda que as opcións de estar entre os mellores son poucas tratarán de mellorar os postos alcanzados a tempada pasada e pelexar por facerse un oco entre os regatistas do RCN Vigo, CM Canido, CN Portosín, RCN A Coruña, LC de Villagarcía, CM Aguete, MCY Bayona e os anfitrións do CND de Riveira que ocupan os primeiros postos do ranking galego.

As probas comezarán mañá a partir das 14:00 h. habendo programadas un total de 9 mangas sobre un percorrido en trapecio fronte ás instalacións do CND de Riveira coa intención de facilitar ao público o seguimento das mangas. Espéranse ventos frouxos para a xornada do sábado, condicións nas que os regatistas de Castrelo deféndense ben, pero na xornada do domingo que se iniciará ás 11:00 h. as previsións son de ventos moderados de compoñente norte ou nordés durante todo o día que esixirá máis aos regatistas polo que está xornada presúmese decisiva xa que para o luns, último día de competición, volverían caer os ventos a un nivel insuficiente para navegar.

Doutra banda dous dos membros do equipo de remo desprazaranse a Tui para adestrar coa selección galega de remo que comeza a súa preparación para o Cto. de España de Seleccións Autonómicas e Copa S.M. o Rei que terá lugar en Banyoles os días 10 e 11 de Marzo. Trátase da senior Anna Yuchenko que formará parte do 4X absoluto feminino e do cadete Adrián Hermida que acode por primeira vez á selección galega ao ser este o seu primeiro ano na categoría e que aínda está por ver en que tripulación remará. Os dous foron seleccionados tras realizar as probas de selección organizadas pola Federación Galega en xaneiro e febreiro e agora terán que adestrar baixo as ordes do Director Técnico da federación Luciano Moldovan durante os próximos fins de semana.


3 0 / 0 1 / 1 2 

ANNA YUCHENKO SEGUNDA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE REMO INDOOR

- Anna conseguiu mellorar a súa marca deixándoa en 7:02.9 pero non foi suficiente para vencer a Nuria Domínguez que fixo 6:59.9 nun emocionante duelo.
- A Federación Española de Remo non entregou medalla a Anna aínda que si recolleu o seu segundo posto na folla de resultados.
- Adrián Hermida mellorou a súa marca en 2 segundos marcando un tempo de 5:15.6 que lle permitiu alcanzar o 19º posto en categoría cadete.

O Club Náutico Castrelo de Miño acudiu o sábado a Madrid coas esperanzas postas en Anna Yuchenko e está non defraudou disputando unha emocionante final na que Nuria Domínguez se impuxo finalmente por unha escasa marxe de 3 segundos. Anna dominou a proba durante os primeiros 1.000 m. pero logo acusou o arrefriado que arrastraba durante a última semana tendo dificultades respiratorias que lle fixeron baixar algo o ritmo, circunstancia que aproveitou Nuria Domínguez para superala entre os 1.000 e 1.500 m. e aínda que Anna aguantou o tipo nos últimos 500 m. xa non foi capaz de recuperar a 1ª posición. Con todo iso mellorou a súa marca persoal unha vez máis e demostrou estar xa a un gran nivel para poder competir coa selección española, que era o obxectivo que se marcou cando comezou adestrar en Castrelo de Miño fai algo máis dun ano.

O terceiro posto foi para unha galega, Marta Cochón do Club Miño de Tui que aínda que non puido loitar contra Nuria e Anna fixo un meritorio tempo de 7:15.4. Hai que destacar que as catro primeiras son mozas de clubs galegos, Nuria Domínguez está no Club de Remo Tui, Anna no C.N. Castrelo, Marta Cochón no C.R. Miño de Tui e Esmeralda Santos que foi 4ª a 4 décimas de Marta é compañeira de Nuria no Club de Remo Tui. A Federación Galega conta así cun excelente grupo de mozas de cara ao próximo Cto. de España por Autonomías que se disputará en Banyoles en marzo e nos próximos días fará a convocatoria para comezar a preparar esta cita.

Antes que Anna tamén competiu Adrián Hermida o mellor dos cadetes cos que conta o club e que sendo o seu primeiro ano na categoria alcanzou un destacado 19º posto dado o gran nivel que houbo nesa categoría na que se bateu o record de España deixándoo en 4:44.4 e os 10 primeiros baixaron da barreira dos 5 min. en 1.500 m. Adrián rebaixou a súa marca persoal en 2 seg. deixándoa en 5:15.6 e agora xa pensa na lista de convocados da selección galega que se dará a coñecer nos próximos días para preparar a cita de Banyoles.

Ademais o domingo Anna quedouse en Madrid para disputar a Regata Internacional Buitrago de Lozoya no encoro de Rio Sequillo nun 4x mixto xunto con Marta Cochón e as irmás Lucia e Uxia Saborido da A.D. Esteirana conseguindo unha contundente vitoria nunha regata de 4.500 m de distancia. Esta regata disputábase conxuntamente co Cto. de España de fondo por clubs podendo participar así tripulacións mixtas formadas por deportistas de diferentes clubs.

Neste mes de febreiro termina a tempada invernal e a partir do mes de Marzo comezan as competicións en pista tendo lugar unha importante regata para Anna Yuchenko, trátase da Open de formación do equipo nacional que será os días 24 e 25. Tras esta cita o seleccionador nacional decidirá as tripulacións que acudan á Regata Clasificatoria Olímpica de Lucerna no mes de Maio polo que Anna espera poder contar xa coa nacionalidade española e ter a oportunidade de entrar no equipo nacional.


1 6 / 0 1 / 1 2 

VITORIA PARA ANNA YUCHENKO E BRONCE PARA JOEL FERNÁNDEZ NO GALEGO DE REMO INDOOR DE FERROL

- Anna Yuchenko venceu con autoridade en senior feminino cun tempo de 7:04.9 rebaixando así a súa marca da tempada pasada en 8 segundos.
- Joel Fernández conseguía a medalla de bronce en alevín masculino cun tempo de 1:56.0 en 500 m.
- A Federación Galega de Remo recoñeceu a vitoria de Anna entregándolle unha medalla no podium a pesar de non poder darlle o título de campioa galega aínda.

Gran actuación do Club Naútico Castrelo de Miño, con dous podiums no Campionato Galego de remo indoor que se disputou o domingo en Ferrol. A primeira alegría chegaba de man de Joel Fernández en alevín masculino que cun tempo de 1:56.0 lograba o 3º posto a só medio segundo da prata. O seu compañeiro Lucas Hermida facía tamén un gran papel quedando 9º con 2´11. Os cadetes tamén renderon a un gran nivel, Adrián Hermida lograba o 7º posto a pesar de realizar unha mala saída que lle fixo perder varios segundos polo que ao final parou o crono en 5:17.2 sobre unha distancia de 1.500 m. nunha categoría na que o vencendor marcou un extraordinario tempo de 4´56 a pouco máis de 10 segundos do record de España. Borja Desaá era 8º con 5´22 e Lucas Tabares-Costa 16º con 5´33.

Pero o mellor foi a actuación de Anna Yuchenko, que está demostrando a súa progresión rebaixando en 8 segundos a súa marca da tempada pasada. Anna dominou a competición de principio a fin sen dar opción as súas rivais ás que avantaxou en máis de 13 segundos, dando a sensación de ter aínda marxe para facer menor tempo. A senda marcada por Anna foi seguida por Verónica Regueiro que tamén conseguía rebaixar a súa mellor marca persoal en 15 segundos parando o crono en 8:00 que lle daban o 8º posto.

Cabe destacar o comportamento da Federación Galega de Remo que permite que a participación neste campionato sexa aberta a todo deportista e que ademais recoñeceu a vitoria de Anna facéndoa subir ao podium para recibir unha medalla previamente á entrega das que si podían optar ao Campionato Galego. Anna segue á espera da nacionalidade española para poder formar parte do equipo español e poder competir así de novo a nivel internacional, pero mentres está demostrando uns grandes resultados grazas ao seu traballo diario no Club Náutico de Castrelo seguindo a planificación deseñada por José Luís Méndez, adestrador vigués de exitosa traxectoria que os seus 74 anos tense que desprazar habitualmente a Castrelo pero que conta coa colaboración e axuda do director deportivo do club Gabriel Fernández para o desenvolvemento do adestramento de Anna que tan bos resultados está dando.

A marca de 7:04 realizada por Yuchenko postúlaa como candidata á vitoria no próximo Cto. de España que se disputará o 28 de Xaneiro no Parque Deportivo Porta de Ferro de Madrid e no que a Federación Española de Remo debería tomar nota da Galega e recoñecer a todos os participantes na clasificación final á marxe de que Anna non poida optar ao Cto. de España oficialmente.


F O T O S   C T O .   G A L E G O   R E M O   I N D O O R   2 0 1 2 


1 0 / 0 1 / 1 2 

ANNA YUCHENKO CONSEGUE A VICTORIA EN 4X NA REGATA MIÑO INTERNACIONAL CELEBRADA O DOMINGO EN TUI

- A deportista do C.N. Castrelo de Miño só pode competir de momento na modalidade de 4x por imperativo legal da Federación Española de Remo.
- O vindeiro domingo o equipo de remo do C.N. Castrelo de Miño competirá no Campionato Galego de Remo Indoor en Ferrol.

Iniciouse a tempada de competición para o Club Naútico Castrelo de Miño coa participación de Anna Yuchenko na Regata Miño Internacional-VIII Copa Presidente Deputación de Pontevedra disputada na mañá do domingo en Tui. Anna conseguía a vitoria formando parte dun 4x xa que esta é a única modalidade na que pode remar mentres non obteña a nacionalidade española tal e como marca o regulamento da Federación Española de Remo. Ás 12 da mañá dábase a saída para a 1ª quenda de 4x ABF na que saía pola rúa 1 o bote de Anna que desde o primeiro momento tomaba a cabeza e aumentaba a distancia cos outros botes ao longo dos 6 km. de percorrido para terminar xunto ao Centro Interfederado de remo e piragüismo de Tui cunha vantaxe de 4 botes e que sería definitiva xa que o seu tempo tampouco sería mellorado polos botes que saíron na seguinte quenda obtendo así unha cómoda vitoria.

Deste xeito e a pesar de que se está adestrando na modalidade individual de 1x no club de Castrelo tivo que formar equipo con mozas doutro club para poder optar aos premios nas regatas oficiais da FER. De xeito a tempada pasada proclamouse Campioa de España en 4x co Club de Remo Miño de Tui tras unha cesión realizada polo club ribeirao dándolle opción así de obter o título de Campioa de España ao que se lle impide optar en 1x ou 2x.

Esta situación volverase a repetir nos próximos Campionatos Galegos e de España de Remoergómetro que terán lugar os próximos días 15 e 28 de Xaneiro respectivamente e nos que aínda que sexa a mellor non poderá ser coroada como campioa nin recibir premio algún, o cal non a desanima a participar sendo o referente para os mozos e mozas do equipo de Castrelo de Miño que tratarán de seguir o seu exemplo e alcanzar algunha medalla. En alevíns acudirán a Ferrol ao Cto. Galego Lucas Hermida e Joel Fernández, en cadetes Adrián Hermida, Lucas Tabares-Costa e Borja Desaá e en senior feminino Verónica Regueiro acompañará a Anna.

O club acode coa expectativa de conseguir unha medalla en cada categoría, ademais de probar o seu estado de forma de cara a participar no Campionato de España que será 15 días despois en Madrid. As probas darán comezo a partir das dez da mañá con regatas de 500 m. para os alevíns, 1.000 m. para infantís, 1.500 m. para cadetes e 2.000 m. para xuvenís e seniors nas que participarán os mellores deportistas dos clubs galegos.


1 9 / 1 2 / 1 1 

ÉXITO DA XUNTANZA FIN DE TEMPADA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CLUB NÁUTICO CASTRELO DE MIÑO

- As escolas deportivas e socios do club celebraron o sábado unha gran xornada festiva á que acudiron ao redor de 100 persoas.
- Entregouse un agasallo de Nadal a cada un dos membros das escolas.
- Compartiuse unha merenda á que estaban invitados os integrantes das escolas deportivas e todos os socios.

Esta reunión promovida e organizada pola Xunta Directiva do club para recoñecer o esforzo de todos os mozos deportistas e dos seus pais resultou todo un éxito polo que o próximo ano será repetida. O Club Náutico Castrelo de Miño quixo reunir á súa masa social nestas datas e a resposta foi excelente podendo gozar dunha xornada entrañable.

A reunión comezou ás 4 da tarde cunhas fotos de grupo no paseo e nos pantaláns do Parque Náutico cos deportistas e os pais, a continuación cada grupo realizou a súa sesión de adestramento e finalmente tras recoller o material e cambiarse todos pasaron á nave de remo onde o club dispuxera o necesario para repor forzas cunha boa merenda. Pero antes de dar conta da merenda había algunha sorpresa.

Tratábase dunha proxección con imaxes das actividades que desenvolve o club e as súas escolas deportivas nas que non faltaron os éxitos acadados nesta tempada que remata. Tras iso a presidenta do club Beatriz Alberte en nome da súa Xunta Directiva quixo agradecer a todos a súa asistencia así como recoñecer o labor realizado por todos para poder chegar á situación actual con máis de 40 nenos e mozos nas escolas deportivas conseguindo éxitos deportivos en varias modalidades e cuns recursos humanos e materiais impensables fai 10 anos cando iniciou a súa tarefa como presidenta, pero que grao a grao e con moito esforzo fóronse conseguindo. Para rematar e como premio ó traballo dos nenos e mozos así como dos seus monitores a Xunta Directiva fixo entrega dun bolso deportivo do club tipo bandoleira a cada un.

Así se dá por terminada a tempada máis exitosa do club no deportivo na que se conseguiron medallas e trofeos nas tres modalidades deportivas vela lixeira, windsurf e remo olímpico.

¡ Gracias a todos !


F O T O S 


P I N C H A   S O B R E   A   P O R T A D A   P A R A   V E L A 


0 2 / 1 1 / 1 1 

A REGATISTA DO CN CASTRELO LUCÍA VÁZQUEZ CONSEGUE O TOFEO FARO DE VIGO AO SER A 1º GALEGA EN CATEGORÍA ALEVÍN DO MEETING PESCANOVA DE OPTIMIST

- O equipo infantil de optimist abriu a tempada de competición para o CN Castrelo participando no Meeting Pescanova de Optimist da Semana do Atlántico organizada polo RCN de Vigo.
- As escolas deportivas do club levan en marcha desde o pasado 2 de Outubro.
- En vela e windsurf houbo un gran incremento de alumnos que obrigou a realizar varios grupos de adestramento, sumando entre ambas as modalidades 33 alumnos.

O equipo infantil de Optimist do C.N. Castrelo de Miño participou este fin de semana na mellor regata de Optimist das que se disputan na nosa comunidade, o Meeting Pescanova dentro da Semana do Atlántico no RCN de Vigo. Os 7 mellores regatistas do club competiron contra máis de 300 Optimist de 16 paises diferentes entre os que se atopan os mellores do panorama internacional. Foi a máis nova do equipo a que mellor resultado acadou ao conseguir o 4º posto en categoría C (Alevín) feminina sendo a primeira galega polo que se levou o Trofeo Faro de Vigo. Os seus compañeiros tivérono máis difícil nas categorías A (Cadete) e B (Infantil) sendo a mellor clasificada Agueda Reyes pero no posto 196 dun total de máis de 250 participantes. Os pupilos de Héctor Regueiro comezan así unha tempada na que tratarán de realizar máis adestramentos no mar para poder competir no circuíto galego e chegar ao campionato galego nas mellores condicións posibles.

Ao longo dos meses de setembro e outubro foron comezando os adestramentos das diferentes modalidades deportivas do club e actualmente están todas a pleno rendemento. En setembro comezaron a escola de windsurf con 6 novas incorporacións e o equipo infantil de Optimist. En outubro fixérono 2 grupos máis de vela lixeira e a escola de remo olímpico sumando un total de 43 deportistas nas diferentes modalidades coas que conta o club Ribeirao. Cabe destacar que máis da metade son mozas e sobre todo en Optimist, clase infantil na que se compite conxuntamente cos mozos sendo un exemplo para outros deportes.

Este é o resultado do traballo das últimas tempadas nas que a Escola de Deportes Náuticos do club conseguiu formar a máis de 1.000 alumnos anuais. Actualmente os diferentes grupos de adestramento distribúense do seguinte modo:


GRUPO 1: OPTIMIST COMPETICIÓN
- Sábados de 16 a 19 h.
GRUPO 2: OPTIMIST, 420 E LÉQUIPE ESCOLA
- Sábados de 16 a 19 h.
GRUPO 3: OPTIMIST ESCOLA
- Domingos de 16 a 19 h.

WINDSURF:
- Venres e sábados de 16 a 19 h.

REMO:
- De luns a venres ás 16:00 h.
- Sábados ás 11:00 h.


F O T O S   M E E T I N G   P E S C A N O V A   D E   O P T I M I S T 


0 5 / 0 9 / 1 1 

O CLUB NÁUTICO DE PORTOSÍN DOMINA A XIV CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE VELA E COPA DEPUTACIÓN EN CASTRELO DE MIÑO

- Os 4 mellores regatistas de Portosín quedaron 1º, 4º, 6º e 13º dándolle así a vitoria á súa escola.
- O C.N.R. Sada, campión en 2010, tivo que conformarse esta vez co 2º posto e os anfitrións do C.N. Castrelo de Miño repetían no 3 caixón do podium.
- A regata Copa Deputación foi para Pedro García Liñares do C.N. Portosín por diante do seu compañeiro Bernardo Campos que foi 2º. En 3º lugar quedou Alejandra Vicens Martínez do C.N.D. de Riveira.


A XIV Concentración contou con 8 escolas de todo Galicia que desprazaron ao encoro ouresano máis de 50 nenos de entre 7 e 14 anos que encheron de colorido cos seus Optimist as augas de Castrelo.

O C.N Portosín demostro un gran nivel xa que os seus regatistas venceron tanto na regata de escola como na de Copa Deputación. Por escolas desbancaron ao campión da edición anterior o C.N.R. de Sada ao conseguir mellores postos na clasificación individual, na que Pablo Oliver de Portosín era 1º por diante de Alfedro Fernández do Grupo Bazán de Ferrol e de Carlos Manso de Sada. A escola do C.N. Castrelo de Miño conseguía de novo o 3º lugar grazas á regularidade dos seus regatistas xa que aínda que o mellor posto foi o 8º de Paz Mª Álvarez Afonso as súas compañeiras Uxía Nieves, Thais Martínez e María Domínguez eran 11ª, 19ª e 22ª. Así Portosín sumaba 24 puntos, Sada 32 e Castrelo 60, tras a suma dos postos dos seus 4
regatistas mellor clasificados.

Na Copa Deputación houbo un gran nivel e a campioa de 2010 Alejandra Vicens de Riveira só puido ser 3ª xa que os mozos de Portosín, que o ano pasado non participaran, puxeron o listón moi alto ocupando o 1º e 2º lugar e ademais empatando a puntos. Tras o desempate regulamentario resultaba vencedor Pedro García por diante de Bernardo Campos. Os 8 primeiros postos foron ocupados polos nenos e nenas de Portosín e Riveira relegando ao resto a posicións máis atrasadas onde a mellor do C.N. Castrelo era Iria Reyes en 10º posto.

A competición pechouse con 6 mangas disputadas, 3 na xornada do venres e 3 na do sábado nas que o vento foi excelente cunha intensidade constante de entre 8 e 12 nós ideal para a navegación dos Optimist e sen complicar demasiado aos nóveles de escola. Na entrega de trofeos estiveron presentes o Tenente Alcalde de Castrelo de Miño Alfredo Fernández acompañado das concelleiras de Cultura e Deporte e de Benestar asi como os directivos do C.N. Castrelo de Miño Santiago Peña e Pablo Vázquez que fixeron entrega dos trofeos nas diferentes categorías.

O Club Náutico Castrelo de Miño como promotor e organizador do evento a través do seu director deportivo destacou a colaboración da Deputación de Ourense, do Concello de Castrelo de Miño asi como dos patrocinadores Novacaixagalicia, Copasa e Adega Alanis xa que grazas a todos esta gran reunión da base da vela galega chegou á súa XIV edición.

CLASIFICACIÓN XERAL FINAL [1.401 KB]


F O T O S 


0 1 / 0 9 / 1 1 

O C.N. CASTRELO DE MIÑO REUNE AS ESCOLAS DE VELA DE GALICIA E A COPA DEPUTACIÓN DE OPTIMIST

-
Esta mañá presentouse na Deputación de Ourense a XIV Concentración de Escolas de Vela de Galicia e Regata Copa Deputación a que acudirán case 60 Optimist de 8 escolas de vela de Galicia.
- O encoro de Castrelo de Miño acollerá esta cita dende mañá ata o domingo co obxectivo de promocionar as augas interiores como lugar idóneo para a ensinanza dos deportes náuticos, especialmente a vela por ter ventos suaves ideais para iniciados.

Oito das mellores escolas de vela de Galicia daránse cita no encoro de Castrelo de Miño esta fin de semán nunha Concentración que alcanza xa a súa 14ª edición e que segue contribuindo en gran medida a entrada de xóvenes regatistas na base dos clubs galegos. Na presentación realizada esta maña na Deputación de Ourense Beatriz Alberte destacou a continuidade deste evento gracias ás idoneas condicións de seguridade e para a aprendizaxe que reúne o encoro de Castrelo o que fai que as escolas de vela de Galicia sigan respaldando a celebración da concentración en Castrelo de Miño. A presidenta do Náutico de Castrelo tamén agradeceu á Deputación de Ourense o seu compromiso coa Regata Copa Deputación e o Concello de Castrelo de Miño pola súa colaboración xa que ós participantes poderán utilizar ás instalacións municipais do Parque Náutico onde no tempo libre poderán disfrutar da piscina, pista polideportiva de herba sintética e parque de xogos infantís, ademáis de aloxarse no albergue municipal.

Esta concentración supón a culminación da formación realizada nas escolas de verán dos diferentes clubs sendo a súa primeira regata oficial e ademáis gracias a disputa da Copa Deputación na que participan regatistas xa con experiencia os recién iniciados seguen o seu exemplo tomando ás saídas 5 minutos depois polo que os levan diante como referencia ainda que o seu percorrido é un pouco máis sinxelo.

Para a xornada inaugural do venres hai programadas 2 probas a partír das 18:00 h. cun percorrido cuadrangular de ao redor de 1 milla náutica. A xornada do sábado será a máis longa xa que hai programadas 3 probas a partir das 17:00 h., pero poderían ser máis xa que para o venres a predicción de vento é insuficiente e o sábado parece ser o día no que o vento sople con maior continuidade e intensidade. Para o domingo hai programada unha última proba en caso de que o vento acompañe pola maña xa que ás 13:30 h. terá lugar a clausura coa entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados individuais de Escola e da Regata Copa Deputación asi como para ás tres mellores Escolas, clasificación esta última que se fará tendo en conta ás posicións acadadas polos 4 mellores regatistas de cada escola.

O equipo anfitrión do C.N. Castrelo presenta un equipo de 5 participantes da súa escola ademáis de 7 participantes na Copa Deputación que tratarán de subir ao podio en ambas regatas e mellorar o 3º posto por escolas do ano pasado no que venceu o C.N.R. de Sada e que este ano volve a presentar un competitivo equipo que a priori será o referente a batir polo resto de participantes. Os clubs participantes son os seguintes: Grupo Bazán de Ferrol, C.N.R de Sada, C.N. Portosín, C.N.D. Riveira, R.C.N. Sanxenxo, C.N. Combarro, C.M. Canido e C.N. Castrelo de Miño.


1 4 / 0 8 / 1 1 

EXHIBICIÓN DO EQUIPO INFANTIL DE VELA DO CN CASTRELO NA 1º REGATA DO CLUB NÁUTICO DE RAXÓ

- Os 5 regatistas do CN Castrelo coparon os primeiros postos na clase Optimist por diante dos representantes de Raxó, Combarro, Portonovo e Moaña.
- En Optimist Nuria Vázquez foi a mellor por diante dos seus compañeiros, Alejandro Fernández e Lucas Hermida.
- Na clase Omega Rafael González, María González e Adriana Tabares-Costa tamén conseguiron un magnífico 3º posto.


Fai un mes o equipo de remo conseguía as últimas medallas para o club ribeirao e o equipo de vela tomaba boa nota diso xa que na primeira regata acaban de demostrar o seu nivel dominando con autoridade a I Regata do Club Náutico de Raxó. Os 5 regatistas infantís de Castrelo conseguiron ocupar os 5 primeiros postos en Optimist e a cousa non quedaba aí xa que ademais na categoría de escola o Náutico de Castrelo presentou unha tripulación formada por 3 regatistas na clase Omega que logrou o 3º posto na súa estrea en competición.

O CN Castrelo acudiu á primeira regata organizada polo recentemente creado Club Náutico de Raxó coa intención de preparar aos seus regatistas para Cópaa Deputación de Vela que se disputará en Castrelo o primeiro fin de semana de Setembro e os mozos e mozas de Optimist demostraron o seu estado de forma imponiendose con claridade aos regatistas locais de Raxó asi como aos veciños de Combarro, Portonovo, Aguete e Moaña.

A clasificación en Optimist quedaba do seguinte xeito:

1ª: Nuría Vázquez Morais
2º Alejandro Fernández Méndez
3º Lucas Hermida Pena
4ª Lucia Vázquez Morais
5ª Andrea Marquina Rodríguez

Ademais o CN de Raxó organizaba paralelamente unha regata para a clase de escola Omega na que o CN Castrelo participaba coas xuvenís María González e Adriana Tabares-Costa acompañadas polo senior Rafael González nun formato de regata de Math-Race onde conseguiron pasar todas as eliminatorias ata semifinais onde caeron por un erro nunha trasluchada tendo que disputar a Final B na que venceron sen problemas, quedando composto o podium como segue:

1º CN Raxó
2º CS Moaña Mar
3º CN Castrelo de Miño


2 6 / 0 7 / 1 1 

FRAN ROBLEDA E SIMÓN FERNÁNDEZ CAMPIÓNS DA COPA GALICIA E COPA DEPUTACIÓN DE WINDSURF EN CASTRELO DE MIÑO

- O veterano Fran Robleda impúxose ao recente campión de España Xuvenil Juan Vieito na Copa Galicia de Raceboard.
- Simón Fernández do Náutico de Castrelo levaba a vitoria na categoría Open da Copa Deputación de Ourense por diante do seu compañeiro Mateo Rodríguez.
- Un total de 25 dos mellores windsurfistas de Galicia déronse cita este fin de semana en Castrelo de Miño para disputar estes dous trofeos.

O sábado e o domingo déronse cita en Castrelo de Miño os regatistas galegos da clase windsurf para disputar un dobre trofeo, a Copa Galicia da modalidade Raceboard e Copa Deputación de Ourense da modalidade Open.

En Raceboard púidose ver un disputado duelo entre o veterano Fran Robleda un dos regatistas galegos máis laureado e o mozo Juan Vieito que viña de proclamarse a semana pasada nada menos que Campión de España xuvenil en Valencia. Na xornada do sábado disputouse unha nova travesía dunhas 5 millas náuticas polo encoro de Castrelo na que se impuxo Juan, pero nas tres mangas de triangulo olímpico do domingo Fran fixo valer a súa experiencia conseguindo a vitoria nas tres e deixando así sentenciada a clasificación. O terceiro lugar foi para o Cangués Alex Doncel.

En Open os locais do Náutico de Castrelo dominaron as probas e case copan o podio. Simón Fernández volvía demostrar que é o mellor windsurfista ourensán impoñendose sobre o seu compañeiro Mateo Rodríguez e en terceiro lugar coouse finalmente Iñaki Fernández do CN Rodeira de Cangas por diante do irmán de Simón, Serxio Fernández.

Na categoría infantil o triunfo foi para Nacho Elúa do CN Cangas por diante de Antón Portela e de Jorge Robleda que comeza a seguir os pasos do seu pai Fran.

Gran espectáculo o que se puido ver en Castrelo de Miño grazas ás boas condicións que se deron con ventos do Norte e Nordés de ata 15 nós que permitiron aos regatistas percorrer as 5 millas do sábado en pouco máis de 1 hora e alcanzar grandes velocidades o domingo diante das instalacións do Club Náutico de Castrelo.


1 1 / 0 7 / 1 1 

O CLUB DE REMO GUADALQUIVIR 86 LEVASE O CTO. DE ESPAÑA DE REMO EN CASTRELO

- O club sevillano conseguiu un total de 7 medallas, 5 de ouro, 1 de prata e 1 unha de bronce.
- O dobre scull infantil masculino do CN Castrelo de Miño consegue o mellor resultado da historia do club cun 4º posto.
- Os clubs das comunidades mediterráneas dominaron o medalleiro.
- Os clubs galegos só puideron alcanzar catro medallas cunha única vitoria en skiff cadete para Diego dás Doures do CR Miño de Tui.


Castrelo de Miño acolleu a case 1.000 remeiros das categorías de base do remo español durante tres días nos que se foron disputando regatas eliminatorias, repescas, cuartos de final, semifinais e hoxe por fin as finais nas que os grandes dominadores foron os clubs de Cataluña, Valencia e Andalucia demostrando un gran nivel. O club de remo Guadalquivir 86 levou o título de mellor club grazas sobre todo aos 5 ouros conseguidos incluído o da proba reina o 8 con temoneiro cadete masculino.

Hai que destacar a participación de 5 remeiros discapacitados en embarcacións de remo adaptado resultando gañador o representante do club Olímpico Orio sobre o gran favorito Juan Pablo Barcia de Remeiros do Eo que viña dominando as últimas regatas.

Os clubs galegos conseguiron 4 medallas, 4 cuartos postos, 2 quintos e 3 sextos. A única medalla de ouro foi para o cadete Diego dás Doures do CR Miño de Tui, o skiffista infantil do Nautico de Vigo Álvaro Branco levou a medalla de prata e as outras dúas foron de bronce para Elsa Costa no skiff cadete feminino representando a Vilaxoán e un dobre scull alevín masculino da Cabana de Ferrol. As medallas de chocolate foron para un skiff alevín feminino de Perillo, un skiff cadete feminino de Ares, o catro scull cadete masculino do Miño de Tui e o dobre de Castrelo composto por Adrián Hermida e Lucas Tabares-Costa. Estes últimos fixeron historia para o remo ourensán xa que é o mellor resultado conseguido polo Club Naútico Castrelo desde que puxo en marcha a súa sección de remo, sendo o único club da provincia. Os dous mozos quedaron a 3 segundos da medalla nunha disputada final que fixo vibrar a todos os membros do equipo que ansiaban conseguir a súa primeira medalla nun nacional de pista e máis competindo en casa aínda que ao final non puido ser pese ao gran esforzo realizado. Ademais o dobre scull alevín masculino de Castrelo quedou nunha meritoria 9ª posición tras ser terceiros na final B, polo que os resultados do club foron moi positivos.

A pista de Castrelo estivo unha vez máis a gran altura a pesar das inclemencias metereológicas do venres e o sábado pola mañá grazas ao gran labor realizado polo persoal do Club Náutico e do Concello de Castrelo que xunto coas Federacións Galega e Española encargáronse da organización do evento disputándose as finais nunhas condicións magníficas.

A entrega de medallas fíxose ao finalizar as probas sobre as 13:30 h. contando coa presenza de varias autoridades como o delegado da Xunta en Ourense Rogelio Martínez, o Alcalde de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez, a presidenta do CN Castrelo Beatriz Alberte, os presidentes das federacións española e galega de remo Fernando Climent e José Prada e representantes da subdelegación de goberno, do FROM (patrocinador principal do evento) e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.


0 5 / 0 7 / 1 1 

HORARIO PROVISIONAL [104 KB]

CADRO DE PARTICIPACIÓN [105 KB]

PLANO DE CIRCULACIÓN EN PISTA PARA ADESTRAMENTO E REGATA DE 1.000 M. (VÁLIDO PARA 500 E 1500) [38 KB]

MAPA CON ZONAS E USOS DAS INSTALACIÓNS

INSTRUCCIÓNS APARCAMENTO REMOLQUES [21 KB]

PROTOCOLO DE DESINFECCIÓN DO MEJILLÓN CEBRA [31 KB]



0 4 / 0 7 / 1 1 

ÉXITO DO CLUB NÁUTICO CASTRELO DE MIÑO NO GALEGO DE REMO

- O Club Náutico Castrelo de Miño consegue dúas medallas de tres tripulacións participantes.
- Adrián Hermida e Lucas Tabarés confirmaron os pronosticos vencendo con autoridade en 2x no campionato galego e postúlanse para o Cto. de España.
- Lucas Hermida e Joel Fernández subcampións en categoría alevín.
- Por primeira vez unha tripulación ourensá consegue un título galego en remo.

Esta mañá disputouse en Castrelo de Miño o Cto. Galego de remo olímpico para as categorías alevín, infantil e cadete e o club anfitrón demostrou o gran momento das súas categorias inferiores conseguindo unha medalla de ouro e unha de prata. A de ouro conseguida por Adrián Hermida e Lucas Tabarés supón o primeiro título autonómico para o único club ourensán de remo olímpico. Este dobre skull infantil esta facendo unha magnífica tempada e aínda lle queda o Cto. De España que terá lugar no mesmo escenario a próxima semana. A súa marca de 3:45.49 en 1.000 m. fai pensar en que deben estar na final A de devandito evento pero haberá que esperar ata o vindeiro venres que será cando dén comezo as eliminatorias.

Gran actuación tamén do dobre Skull alevín de Lucas Hermida e Joel Fernández que revalidaban o subcampeonato que xa conseguiran a tempada pasada aínda que mellorando a súa marca en 10 segundos conseguindo un tempo de 2:12.09 sobre 500 m. polo que tratarán de estar tamén nas finais do Cto. De España.

A outra tripulación que presentou o CN Castrelo terminou nunha meritoria 5ª posición en dobre Skull cadete masculino cun tempo de 6:06.78, demostrando así a súa gran progresión xa que apenas levan un par de meses adestrando xuntos no barco dobre.

Participaron representantes de 28 clubs galegos sumando case 300 remeiros superando así a participación das categorías superiores que competiron fai 15 días. A próxima celebración do Cto. de España en Castrelo de Miño conseguiu mover a moitos clubs da costa galega que practican banco fixo cara ao banco móbil alcanzando así unha gran participación que fai anos que non se daba. De todos os xeitos os mellores resultados foron para os clubs que apostan todo o ano polo banco móbil como o RC Nautico de Vigo, CR Miño de Tui, CR Ares, CR Perillo, CR A Cabana de Ferrol, San Felipe de Ferrol, Mar de Noia e o propio CN Castrelo.

O Club Náutico Castrelo de Miño alcanzou hoxe un importante éxito co primeiro ouro autonómico para o seu xoven equipo de remo. Fai 7 anos que o club apostou por pór en marcha unha sección de remo que tivo que crear da nada comprando custosas embarcacións e material de adestramento tempada tras tempada ata poder contar a día de hoxe cun grupo de 12 novos remeiros competindo a nivel nacional.