A Xunta Directiva
Saúdo da Presidenta
Un saúdo a todos, dende a Presidencia quero aproveitar a posta en marcha deste servizo para dar a coñecer a situación actual do clube e o seu funcionamento.
O Clube Náutico Castrelo de Miño é unha asociación deportiva privada sen ánimo de lucro cuxo fin ou obxecto social é a práctica de actividades náutico-deportivas dos seus asociados. Actualmente o número de socios é de 200, número que creceu significativamente os últimos anos e continua facéndoo. O número de modalidades deportivas prácticadas tamén aumentou, comezouse pola vela, logo creouse a sección de remo e recentemente naceu a de piragüismo, sumando un total de 30 deportistas que adestran e compiten co noso club, dende categoria infantil a veteranos. Isto convértenos no primeiro club de deportes náuticos da provincia.
Ao mesmo tempo ofértanse actividades con fins máis recreativos como cursos de iniciación e perfeccionamento, establécense convenios con diferentes entidades como colexios e concellos para a promoción dos deportes náuticos e ofrécese a posibilidade de alugar diferentes tipos de embarcacións.
Todo isto desenvólvese nun marco seguro xa que o clube dispón de adestradores e monitores titulados, un seguro de responsabilidade civil e material de prevención como chalecos salvavidas, traxes de neopreno e embarcacións de vixilancia. Ademais todos os seus deportistas e cursillistas contan con licenza federativa e o conseguinte seguro de accidentes.
Dende esta páxina quero animar a toda a poboación próxima a facerse socio e usuario do club, así como atraer visitantes ao Parque Náutico de Galicia para consolidalo como a instalación turístico-deportiva máis potente da bisbarra. Se todavia non o coñeces ven e goza.
Beatriz Alberte Castiñeiras
Presidenta do Clube Náutico Castrelo de Miño.
COMPOSICIÓN XUNTA DIRECTIVA
PRESIDENTA: Dña. Beatriz Alberte
SECRETARIA: Dña. Concepción Peña
TESOUREIRO: D. Santiago Peña
VOGAL ÁREA DEPORTIVA E VICEPRESIDENTE: D. Xosé Quiroga
VOGAL ÁREA ECONÓMICA: D. Francisco Javier Soto
VOGAL ÁREAL SOCIAL: D. Cecilio Santalices de la Escosura
VOGAL ÁREA XURÍDICA: D. Héctor Pereiras
VOGAL ÁREA PROMOCIÓN INTERNACIONAL: D. Francisco Quiroga
VOGAL ÁREA R.R.H.H. E DELEGADO DE REMO: D. Gabriel Fernández
VOGAL ÁREA EVENTOS E DELEGADO DE VELA: D. Demetrio Espinosa
VOGAL ÁREA VOLUNTARIADO: D. Cesáreo M. Conde
VOGAL ÁREA COMUNICACIÓN: D. José Antonio Álvarez